PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 27 de abril de 2007

UN POEMA PARA O AMOR - Concurso de Poesía Amorosa

Con motivo do día de San Valentín, celebramos un concurso de poesía amorosa que contou cunha participación aceptable e que se repetirá en vindeiros anos.
Os concursantes tiñan que crear un poema de amor a partir dos versos recollidos nunhas cartulinas que se situaron nunha mesa no vestíbulo do centro. Ó mesmo tempo, expuxemos un panel no que se podían ler os poemas orixinais dos que foran sacados eses versos suxerentes.
Se mirades os poemas que resultaron premiados, veredes que algún o algúns dos versos van resaltados. Eses son os versos que os participantes recolleron e tomaron como referencia (incluilos nos seus poemas era obrigatorio)
A ver se vos gustan...

jueves, 26 de abril de 2007

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO, POETA DE GUITIRIZ


Nado no lugar de Vilariño, parroquia de Os Vilares, en 1914. Fillo do escribínte do entón Concello de Trasparga, a familia adicábase á labranza e o neno asistía á escola de As Conchadas onde pronto é consciente do seu gosto pola poesía. Comeza recitando na popular Festa da árbore.

Pronto marcha para o Seminario a continuar estudos. Alí coñecerá entro outros escritores a Aquilino Iglesia Alvariño, “o primeiro aguillón que me estimulou a apreciar o galego e a escribir nesta língoa”, amigo que o anima na súa adicación á poesía. Pronto publicará os primeiros versos adicados á natureza e á temática relixiosa, en galego e castelán, no Progreso Villalbés. Tamén nesta época iníciase na súa outra gran capacidade, o dominio de diferentes línguas, chegaron a ser 14, e a base do seu futuro laboral como traductor. Exerce como mestre de línguas clásicas en Vilagarcía e logo pasa a ser traductor no Instituto de Investigacións Científicas. Nunca abandoará a súa adicación á literatura e a súa contribución á traducción ao castelán de autores premiados co Nobel ou poetas alemáns achegados ao galego, como Rilke.

Empeza a manifestar unha timidez que impide publicar o que escribe, Follas verdes e Follas ao aire son obras que seguen inéditas. Só breves aportacións na revista literaria, Alba, rompen este silenzo. Pero en 1946, aguilloado polos amigos, preséntase ao Premio Xogos Frorais en Betanzos, que gaña. En 1954 Francisco Fernández del Riego publica unha Escolma de poemas galegos que recolle algún dos poemas do noso autor e entusiasma aos lectores. E en 1961 publica o seu primeiro e único poemario NIMBOS, que leva a considerar a Díaz Castro como representante fundamental da literatura galega de posguerra e a este libro como un dos clásicos das nosas letras contemporáneas. Penélope é o poema máis coñecido, musicado e traducido a moitas línguas, aporta a súa definición de Galicia. Como unha espada, recolle o verso que utilizamos con máis ánimo e interese na nosa biblioteca “a beleza feriume para sempre”.

En 1990, Díaz Castro morre en Guitiriz, a onde retorna nos seus últimos anos e recibe o apoio e recoñecemento de escritores como Darío Xoán Cabana, quen o anima a publicar a súa obra Sombras radiantes, obxectivo trucado pola súa desaparición, e onde mantén a amizade de Manuel María.


Hoxe homenaxeamos ao noso escritor co motivo da terceira edición de NIMBOS realizada por Galaxia. E invitámosvos a visitar a exposición que a Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro acolle, grazas ao noso compañeiro Alfonso Blanco, amigo persoal do poeta, divulgador da súa obra e depositario de valiosos documentos e material inédito que pón á nosa disposición. Agradecer tamén ao Equipo de Normalización Lingüística a súa participación.

CINE, DO SUPER 8 AO DVD

Durante os meses de febreiro e marzo desenvolvimos un ciclo de cine no que combinamos aspectos didácticos do cine (ver reseña máis abaixo) có visionado de cine documental no que abordamos tres temas: conflictos armados, hábitos saudabeis e cambio climático. Previamente á proxección dos correspondentes documentais, levamos a cabo unhas charlas có alumnado que resultaron ser de grande interese para todos.
Aquí tedes o programa e algunha imaxe máis...


¿QUE ANDIVEMOS FACENDO?

Ben. Supoñemos que iso é o que vos estades a preguntar: ¿que andivo facendo esta xente neste tempo do que non tivemos noticias? Pois mirade. Varias cousiñas.

Estivemos desenvolvendo un ciclo moi interesante ó que lle puxemos o título de "Historias para contar, xeitos de contar", do que xa algo vos falamos e do que tedes algunhas referencias dalgunha das actividades neste blog.

Se queredes ver cales foron estas actividades, botade unha ollada ó programa...



miércoles, 25 de abril de 2007

SEGUIMOS VIVOS (aínda que non o pareza...)


Non pensedes que andamos perdidos pola rede... Simplemente é tanto o choio e tan pouco o persoal, que non damos feito.
Nestes dous últimos meses incormporamos novidades á nosa biblioteca.
En breve vos proporcionaremos noticias sobre a exposición-homenaxe que estamos a montar en torno á figura do poeta de Guitiriz que presta o seu nome ó noso instituto e á nosa Biblioteca, Xosé Mª Díaz Castro.