PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 25 de febrero de 2010

Libros e algo máis

Na biblioteca podes atopar libros, revistas, pelis e ... algo máis. Non o cres? Mira isto


AGRUPAMENTO ESCOLAR

O noso desexo de innovar nas clases supón o esforzo de buscar novas ferramentas educativas, unha delas é o traballo colaborativo, e, no uso das TIC, o agrupamento escolar permite traballar á vez con outros alumnos e profesores doutros centros educativos, nesta ocasión de Tarifa e Madrid, cos que aprenderemos conxuntamente cousas relacionadas coa auga nos nosos contornos, durante este curso e o próximo.
Mira toda a información aquí:


http://www.iesguitiriz.org/proxectos/index.php?option=com_content&task=section&id=6&Itemid=32

A21eg:

Eche un programa que quere desenvolver unha axenda para o planeta, na que cada ano do século 21 sirva para melloralo no que a medio ambiente, sociedade e economía se refire... está en relación con outro concepto moi falado nestes tempos: o desenvolvemento sostible... é dicir, iso de consumir só o que é preciso, procurando que o noso paso como consumidores non remate cos recursos para quen veña detrás.

Mira máis información aquí:


http://www.iesguitiriz.org/proxectos/index.php?option=com_content&task=section&id=4&Itemid=28

lunes, 22 de febrero de 2010

Novidades


Berlin noir: violetas de marzo
PHLIP KERR,
RBA libros 2007
1936, os xogos olimpicos de Berlín están a comezar.
Bernie Gunther, ex policia metido a detective privado
recibe o encargo de investigar duas mortes que afectan
a altos cargos do partido nazi. Mentres, algúns amigos
xudeus de Gunther decátanse de que mellor sería ter fuxido de
Berlin a tempo. Novela negra de estilo clásico que nos achega con
moita ironía á situación da Alemaña en pleno auxe do nacismo.

Novidades


O derradeiro irmán
NATHACHA APPANAH

Xerais
Premio de novela FNAC 2007, Premio dos lectores de L’Express 2008 e Premio Cultura e Bibliotecas para Todos 2008.
Raj vivía en illa Mauricio e aos dez anos fíxose amigo de David, rapaz xudeo que chegara a illa xunto coa súa familia deportada desde Palestina. Xa pasaron os anos e cando David se lle aparece en soños Raj revive a súas lembrazas de pequeno. Para todas as idades.

Novidades


Reencontro
FRED UHLMAN

Hans e Konradin teñen dezaseis anos e son amigos. Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata Cando Hitler chega ó poder as suas vidas cambian radicalmente: Konradin entra no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña. Un libro emotivo, sinxelo e fondo. Por certo, e tan curto que che vai saber a pouco. Para todas as idade

Novidades


Si ahora no, ¿cuándo?
PRIMO LEVI

Editorial: El Aleph
Durante a Segunda Guerra Mundial un grupo de xudeus sobrevive loitando contra os alemáns. O seu desexo de fuxir do exterminio faraosatravesar unha Europa arrasada pola guerra nun camiño cheo de dificultades que irán superando grazas á súa firme determinación de manterse unidos. Unha novela épica, de lectura fácil e amena, pero que fainos reflexionar sobre o antisemitismo, a guerra, o valor da solidaridade, etc.

Antroido no IES









O venres 12 de febreiro estiveron con nos para celebrar o Antroido As Irmandades do Falo ofrecendo un concerto. O acto foi organizado polo ENL do instituto e polo que podedes ver nas fotos foi todo un acerto. Si queredes saber máis deste grupo de Vilalba podedes entrar nos eu blog. Aquí tedes o enlace.

viernes, 19 de febrero de 2010

Ollo coa auga

Como xa sabedes no Poeta Díaz Castro andamos outra vez a voltas co tema da auga. Non é porque non chova non. Dende a biblioteca tamén queremos aportar o noso gran de area (máis ben pinga de auga) ó traballo que están a desenvolver os alumnos e profesores implicados na Agrupación Escolar e na A21EG. O video chegou a través da sempre activa rede de información de Bibliotecas Escolares.





PARA QUE LES?

A raiz dunha iniciativa da ONG Implicadas No Desenvolvemento, titulada: Para que les? moitas Bibliotecas Escolares de Galicia, están a participar con vistas ao Día do Libro nunha exposición conxunta, coa intención é facer reflexionar sobre os miles de motivos que nos levan a ler. Desde a ONG propóñenlle a xente coñecida, e non tanto, que contesten en non máis de 140 caracteres, á pregunta Para que les?. As respostas publícanas no seu blog: http://implicadas.blogaliza.org/

A maiores desde o CEIP Milladoiro-Malpica propoñen a actividade Foto lendo dun persoeiro (preferentemente non vinculado ao mundo dos libros) máis a súa Proposta de lectura


A nos pareceunos unha bonita iniciativa. Pero nos non somos persoeiros coñecidos aínda que tamén nos gusta ler, así que, como participar nesta iniciariva? Desde a Biblioteca copiamos estas propostas e as adaptamos un pouco ó noso centro. Como o imos facer?
Propoñémosche que, en non máis de 140 caracteres, contestes á pregunta para que les?. Mándanos tamén unha foto lendo (se non tes facémola nos na biblioteca, que libros non faltan) e unha Proposta de Lectura cun pequeno comentario (se queres)
Podedes mandalo todo ao correo do instituto coa indicación no asunto: para que les?

Tamén podes escribir a túa resposta como comentario a esta entrada (sin foto, claro)
Con todas elas tentaremos facer unha exposición con vistas ao Día do Libro.

Como podes comprobar hai moitas e moi variadas razóns para ler

viernes, 12 de febrero de 2010

Cub de lectura


KAFKA E A BONECA VIAXEIRA de Jordi Sierra i Fabra.


“salvar unha nena non era como salvar o mundo?”...Jordi Fabra pon estas palabras en boca de Kafka, o magnífico escritor nado en Praga, quen, co seu bo oficio de escribir, logrará devolverlle a ilusión a unha rapaciña desconsolada e tristeira por perder a mellor boneca do mundo.Trátase dunha estratexia de enxeño máxico e literario a un tempo na que se mostra a faceta máis humana do escritor xudeu. O valor absoluto da amistade preside todo o relato, que está pensado para os lectores máis novos.

viernes, 5 de febrero de 2010

Non podía faltar.


Xoel aprendeu a voar
Marica Campo
Edicións Obradoiro

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza brasileira pola que suspira o protagonista. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos que secundarán as andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que constrúe un motoveleiro e vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén o interese e a intriga ata o final.

Para os máis pequenos


Viaxes dun can de palleiro
PERE TOBARUELA
Ed.Sotelo Blanco

Un can de palleiro narra as aventuras que compartiu con Ulises. ¿Trátase do famoso heroe grego? Si, pero segundo este can de palleiro, Ulises non era grego, era galego, de Xobre, unha antiga vila de pescadores da Pobra do Caramiñal. Moita diversión en poucas páxinas.

Para todas as idades


O home do traxe branco. O accidente
Herikberto Muela Quesada
Xerais
Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Na noite, uns rapaces descobren unha gran nave. Dela xorden varios buzos escoltando unha estraña criatura anfibia que dá a luz a súa cría. Cando parece que todo finalizou, da nave descende un misterioso home con traxe branco, acompañado dun estraño animal. ¿Quen é ese home? Só este grupo de rapaces descubrirá de onde vén e cales son as súas intencións.

Un clásico


La balada del mar salado
Hugo Pratt

Norma editorial

Primeira e magnífica aventura de Corto Maltés, todo un tipo creado polo xenial Hugo Pratt. O océano, os piratas, os naufraxios a busqueda do tesouro (o mais preciado, a liberdade) son os ingrdientes desta grande aventura. Pero ¡coidado! pode creas adición e hai máis aventuras de Corto Maltés por ler, mellor non a leas, non.

No o podes deixar pasar


As serpes cegas
Felipe Hernandez Cava
Premio nacional de Comic 2009

A Ben Koch búscao un home estraño que viste de vermello, mais el aínda non o sabe porque ten a cabeza noutro lado. O propio Ben anda á súa vez na procura de alguén. Estamos en Nova York en 1939, a Guerra Civil está rematando e antes da tormenta mundial que se aproxima, algunhas contas deben ser saldadas

Imprescindible


MAUS
ART SPIEGELMAN
Mondadori 2007
Vladek Spielgman vaille contando ó seu fillo Art, o autor do libro, as súas vivencias na Polonia ocupada polos nazis, o seu paso polo campo de exterminio de Auschwitz, a súa loita pola supervivencia. Un libro duro que nos presenta en forma cómic o tema do holocausto con toda a súa crueza sen recorrer a un debuxo realista. Lectura necesaria. Recomendado para os maís mayores