PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 31 de marzo de 2010

AS PELIS DE BIBLIO

La reina de África
Aventura, acción, drama, comedia, amor, estupendos paisaxes e sobre todo unha maravillosa Katharine Hepburn  e un simpático e tierno Humphrey Bogart baixo a direción do xenial  John Huston. Imprescindible.


martes, 30 de marzo de 2010

CLUB DE POESÍA

            O club de poesía reúnese todos os martes no segundo recreo. Aquí tedes algunhas das poesías que están a ler e comentar.  






                        Desayuno

                        Echó café
                        en la taza.
                        Echó leche
                        en la taza de café.
                        Echó azúcar
                        en el café con leche.
                        Con la cucharilla
                        lo revolvió.
                        Bebió el café con leche.
                        Dejó la taza
                        sin hablarme.
                        Encendió un cigarrillo.
                        Hizo anillos
                        de humo.
                        Volcó la ceniza
                        en el cenicero
                        sin hablarme.
                        Sin mirarme
                        se puso de pie.
                        Se puso
                        el sombrero.
                        Se puso
                        el impermeable
                        porque llovía.
                        se marchó
                        bajo la lluvia.
                        Sin decir palabra.
                        Sin mirarme.
                        Y me cubrí
                        la cara con las manos.
                        Y lloré.
                              


                              Jacques Prévert



viernes, 26 de marzo de 2010

Para que les?

Alfredo Torres Bouza


Para ser máis libre e tolerante, poder valorar o noso, intentar comprender o mundo actual e coñecer outras xentes e culturas.

Proposta de lectura
As poesía de Álvaro Cunqueiro, en especial o seu libro“Herba aquí e acolá” (Ed.Galaxia, está na Biblioteca)no que o autor canta paisaxes perdidas, alude a miúdo a personaxes literarios ou históricos e recrea mitos clásicos e do mundo céltico ou artúrico, cun ton melancólico e cheo de lirismo.

Cambiando de xénero, e situándonos na actualidade, propoño a novela “A choiva do mundo”, de Xosé Manuel Pacho Blanco (Editorial Galaxia), Premio Torrente Ballester de narrativa. É unha obra diferente, pretende reflectir o que é o mundo no que vivimos. O autor fai unha mestura de diario, guión cinematográfico, texto xornalistico, etc… cunha linguaxe viva e coloquial. É unha das obra máis vangardistas da literatura galega actual.

martes, 16 de marzo de 2010

PARA QUE LES?

Montse


Leo para coñecer o que non sei, que non por facerme máis vella teño menos que aprender.

Leo para vivir outras vidas, para ser outras mulleres ou mesmo homes, para estar noutros lugares e noutros tempos.

Leo para que a miña vida sexa mellor, máis divertida, máis interesante, e nova cada día.


Recomendación:

Biografía de María Antonieta, de Stefan Zweig.

Polo interesante da personaxe, unha muller tan aparentemente “simple” vivindo e sendo peza capital, a pesar dela mesma, nun momento histórico de grande complexidade: a Revolución francesa. Polos contidos históricos e políticos contados dun xeito tan literario, suxerente e seductor, como ben documentado

lunes, 15 de marzo de 2010

Para que les?


Susana Vázquez

Leo porque é unha xanela ao mundo, un estímulo para os meus sentidos... porque formo parte de historias que nada teñen que ver comigo e, porén, quedan a formar parte de min.PROPOSTA DE LECTURA“Los pilares de la tierra” de Ken Follet. Gustoume porque, aínda que con estereotipos, reflicte o mellor e o peor do ser humano, nunha época que está ben coñecer, para valorala e valorar a actual na súa xusta medida.

viernes, 12 de marzo de 2010

¿Porqué me gusta leer?


Antonio Veira - Diseñador Gráfico

Leer es algo mágico. Cada libro que descubres te va abriendo nuevos mundos reales o de fantasía, al tiempo que te va llevando a buscar otros libros que se encadenan a lo largo de tu vida como perlas en un collar que nunca acaba. Un libro nuevo significa poder ser alguien diferente cada vez.

Libro que recomiendo CAOS - La Creación de una Ciencia del Periodista y divulgador James Gleick

Es un libro que removió todas mis creencias sobre las leyes de la física y que me hizo darme cuenta de que la ciencia puede ser realmente apasionante y estar llena de sorpresas que cambian la forma en que ves tu entorno.

miércoles, 10 de marzo de 2010


Antela

Leio por prazer, por obrigação, por eleição, por aprender, por saber, por comer, por ensinar, por cantar, por perceber, por fazer, por conhecer, por distração, por mim, pelo mundo, por avançar, por recuar, por perdurar, por mandato, por lembrar, por projetar, por divertimento, por trabalhar, por receber, por dar, por sonhar, por ensaiar, por imaginar, por imperativo, por gosto, por raiva, por recapitular, por inventar, por alinhar, por rejeitar, por melhorar, por desabafar, por recriar, por renascer, por viver...

Livro: A Morte e a Morte de Quincas Berro d'Água (Jorge Amado) por rir; O Principezinho (Saint-Exupéry) por sonhar e O senhor das moscas (William Golding) por aterrar e melhorar.

Ler dende o mar


Emilio carral


Para que leio?
Para encetar as palavras
Para mergulhar-me em sons desconhecidos
Para ficar sob a sua fragrância
Para galgar cara outra dimensão
Para afagar o infinito
Para percebermos

Leitura recomendada:
Cem anos de soledade.
Porque acho que encontramos a dignidade das pessoas, em muitos universos, com esperança case infinita. Porque as letras, as palavras percorrem o tempo sem demora, ficando no nosso interior, dendê o encabeçamento até sempre.

Ler dende dende o mar

Rosa Medeiros

Socia eTwinning do IES Poeta Díaz Castro. Ilhas Açores.
Os livros para mim são a latitude e a longitude dos
meus sonhos, leio para me aproximar deles.


PROPOSTA DE LEITURA:"Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar?" António Lobo AntunesAprecio nele o ritmo ardente das palavras e das desventuras que tal intimam.Gosto do território geográfico, ético e afectivo de cada personagem.Gosto de ler e nem sempre entender…

Victor e Robisón Crusoe


Leo para viaxar, non a un lugar concreto da Terra, ou do espazo exterior, senón aos mundos, reais ou imaxinarios, que propón cada autor.

Proposta de lectura.
Robisón Crusoe, porque entre outras moitas foi un libro da pre-adolescencia que me enganchou á lectura posto que contén unha viaxe, que é unha aventura extrema, e ademais mostra a capacidade de superación do home frente as adversidades.

Maria Carricoba


Leo para pasar un rato agradable desarrollando mi imaginación y viviendo otras historias.
Recomendación:
El bosque de los zorros, de Arto Paasilinna.

Tono ten moitos motivos para ler



1.- Leo para que me vexan lendo. Leo para que me deixen ler. Leo para que me imiten

2.- Leo para que non me fagan poñe-la mesa. Téñoo comprobado. Que estou vendo a tele, mirando para a ventá, tomando o sol na terraza… Entón chámanme o grito de: ¡Ninguén vai corta-lo pan! Pero como esté cun libro, miran o que fago e marchan como entre arrepentidos da fechoría que iban cometer e satisfeitos da súa xenerosidade. Ate diría que seguen a traballar na cociña máis contentos. Non me digades que arte superior debe ser o de ler que fai que safes sen moito problema. E inda por riba, a xente se alegra. Probade. É un chollazo!

3.- Leo no meu tempo de ocio para mostrar que non é unha obriga senón un placer, unha opción para disfrutar do tempo libre. E mentras ensino esto, disfruto.

4.- Leo para dirixir ao meu fillo a unha maneira barata de pasalo bomba. Podería orientalo para que disfrute coa ala delta. Pero por un lado, ¡vaia pasta!; e por outro habería que ver quen aturaba a nai despois.

5.- Leo porque dixo o profe que os pais debiamos ler cos nosos fillos. E como eu son o profe que o dixo, non fago máis que practicar un exercicio de coherencia.

Sen embargo, sei que non estou libre de que me tiren o libro a cabeza e facer que todas as miñas lecturas e puntualizacións sobre este conto se vaian ó garete. Por eso, para empezar nesto, recomendo libros de trapo como o da foto; porque o final, como decía o meu pai, o principal, se faga o que se faga, é non mancarse.

Club de lectura


O club de lectura reúnese todos os mércores na biblioteca durante o recreo. Se queres participar xa sabes. Tamén podes facer o teu comentario no Blog. Como vedes na foto non se pasa mal. Poden ir rapaces o club de lectura?

Dia da Muller Traballadora




Este ano,con motivo do Día da Muller Traballadora estivo con nós Claudio Rodríguez Fer nun acto organizado polo ENL. Contounos o que lle motiva a escribir (entre outra cousas as mulleres) e leunos algúns poemas sobre mulleres: mulleres traballadoras, mestras, mulleres represaliadas na guerra civil... e ata algún dos seus primeiros versos escritos na súa infancia. Comentounos tamén a súa interpretación do Poema “Penélope” do poeta Diaz Castro.A charla estivo moi interesante e o final tivemos un pequeno e animado coloquio.