PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 28 de octubre de 2010

AS PELIS DE BIBLIO

Forajidos de Robert Siodmak é, segundo a opinión de moitos críticos unha obra maestra do cine negro. Un fantástico Burt Lancaster e espectacular Ava Gadner protagonizan esta adaptación dun relato curto de Ernest Hemingway. En 1964 Don Siegel filmaría outra versión con Lee Marvin y Angie Dickinson. Para saber máis sigue os enlaces.



martes, 26 de octubre de 2010

AS PELIS DE BIBLIO

Ensrst Lubitsch realizou unha das mellores sátiras do nazismo. As veces o humor resulta a forma máis dura e corrosiva de crítica, incluso para os asuntos máis serios e terribles, como o nazismo. To be or not to be é ademais unha película desternillante e unha das melloras mostras de comedia clásica americana. Disfrutarás con ela, a risa está asegurada. Para ver máis datos da peli e ler crítacas sigue os enlaces



lunes, 25 de octubre de 2010

PREMIO PLANETA

Eduardo Mendoza con “Riña de gatos Madrid 1936” foi gañador do Premio Planeta 2010. A novela está ambientada en Madrid poucas semanas antes do inicio da Guerra Civil. Segundo o escritor trátase dunha obra de misterio e aventuras na que como é habitual neste autor, non falta o humor.






Carmen Amoraga resultou finalista con “El tiempo mientras tanto”, unha novela coral que aborda as relacións entre unha nai é a súa filla

viernes, 22 de octubre de 2010

Triloxía de Tinta
Corazón de Tinta
Sangre de Tinta
Muerte de tinta
Cornelia Funke
Ed. Siruela



Meggie é unha moza de 12 anos, filla de Mo, un restaurador ou máis ben un médico de libros que ten ademais o poder de dar vida ós protagonistas cando le en voz alta. A chegada dun peculiar individuo, Dedo Polvoriento, obrigara a Meggie e ó seu pai a fuxir e refuxiarse en casa da súa tía Elinor, propietaria dunha magnífica biblioteca Dos libros chegarán o malvado Capricornio, Dedo Polvoriento, Lengua de Brujo e os demais persoaxes que habitan esta fantástica novela e que arrastraran a Meggie a fantásticas e perigosas aventuras. Non che deixes asustar polo volume da obra. Máis tempo para gozar. Cornelia Funke é unha das autoras máis recoñecidas de literatura xuvenil e infantil con multitude de seguidores de todas a idades. O primeiro dos libros da triloxía foi levado ó cine no 2008

jueves, 21 de octubre de 2010

Premios literarios

Fernándo Lalana  é o gañador do Premio Cervantes Chico 2010. Tátase dun importante premio en literatura infantil e xuvenil que valora non so unha obra senón toda unha traxectoria literaria.Se queres saber máis sobre este autor e a súa obra sigue os enlaces ou fai clic nas imaxes dos libros.





miércoles, 20 de octubre de 2010

El Viaje de Darwin
Ed. Planeta DeAgostini
Hai pouco máis de 200 anos arrancaba unha das mais grandes aventuras científicas de todos os tempos. Durante a viaxe no Beagle Charles Darwin comezou o camiño que o levaría a elaborar a súa teoría da evolución e que o convertería nun dos científicos, se cadra o primeiro, máis influentes na historia. Agora podemos gozar do relato desa viaxe en formato de cómic con guión e unhas magníficas ilustracións de José Fonollosa. Tres estupendos volumes ós que parece que pronto seguirán outros dous. Non é unha mala forma de se achegar a Darwin.

martes, 19 de octubre de 2010

Ciencia para todos

¿Por qué la araña no se queda pegada a la tela?
Robert Matthews
Ed. Ariel

Libro de divulgación científica. O libro presenta unha serie de preguntas moi diferentes sobre misterios colidíanos, sobre os misterios da vida e a morte, meteoroloxía, o universo, etc.e as respostas que con maior ou menos criterio científico (ver críticas) o autor aporta.  Para mentes curiosas

viernes, 15 de octubre de 2010

Ediciones Salamandra

 
Martine é unha nena de 11 anos que tras perder ós seus pais abandona Inglaterra para vivir coa súa estraña e enigmática avoa na reserva natural de Sawubona en África. Alí vivirá apaixonantes aventuras nunha natureza salvaxe e misteriosa, coñecera novos e peculiares amigos e descubrira nela cualidades insospeitadas.
Laurent St John nos ofrece un relato cheo de emoción, aventuras e sobre todo cheo de curiosidade e amor pola natureza.

jueves, 14 de octubre de 2010

Disfrutar coa historia

PEQUEÑA HISTORIA DE ESPAÑA 
texto
de Manuel Fernández á Alvarez ilustraciones de Jvlivs
Ed. ESPASA-CALPE

Unha forma entretida de coñecer á historia de España, pensada para os máis novos pero tamén atractiva para os maiores. Dende a prehistoria ata a actualidade narrada como un relato de aventuras e con numerosas anécdotas pero sin perder o rigor. As ilustracións de Julius aportan un punto de vista divertido e sorprendente

miércoles, 13 de octubre de 2010

Outro curso máis





Dende a biblioteca vos queremos invitar e animar a visitarnos. Como xa sabedes tedes á vosa disposición cantidade de aventuras, historias de medo, historias que che farán rir e tamén chorar, historias de intirga, misterios por resolver, dramas e comedias, acción...,  e case todo todo o que poidas imaxinar. Só tes que achegarte e buscalo. Libros, cómics, películas, revistas, música, etc.  E por suposto toda a información que precises para os teus traballos e estudos. Recorda que podes acceder ó noso catálogo a través deste blog para buscar o que necesitas. Se nón o atopas pregunta e se non o temos tentaremos conseguilo.  Este ano fixemos unhas pequenas reformas para facer a nosa biblioteca máis agradable e sobre todo para que poidas achegarte mellor ó que buscas. Ampliamos os postos de lectura e puxemos máis expositores para que coñezas antes as últimas novidadese sexas a primeira en disfrutar delas. Podes ver máis fotos no album. Neste mesmo blog procuraremos manterte informada das novas adquisicións e de todo o que fagamos na biblioteca.