Estes son os libros que as vosas compañeiras e algún compañeiro (poucos, parece que xa pronto comezan a ler menos) compraron para a nosa biblioteca pensando en vos.
Ven a biblioteca, poderás atopar aventuras, amor, risas, dramas, piratas, alieníxenas, ciencia, indios, bagoas, novos mundos por explorar...
viernes, 26 de noviembre de 2010
miércoles, 24 de noviembre de 2010
A mercar libros!!
A mercar libros para a nosa biblioteca! Biblio andaba algo aburrido pois di que xa leu todos os libros da biblioteca e quere máis. Nos sei si será certo, a min paréceme moito ler, pero, claro, el está todo o día alí metido. Se cadra hai algúns libros que no lle interesan, que lle parecen aburridos, moi gordos…como a case todos, vaia. Como case sempre son os profes os que mercan os libros esta vez decidimos facer algo distinto, a ver si así Biblio atopa algo diferente e máis ó seu gusto. Esta vez foron so alumnos os que mercaron os libros. É ala fomos cun selecto grupo dos nosos mellores e máis asiduos lectores. No FNAC vimos moitas cousas e moi interesantes. Despois de dar volta e voltas, de coller un libro, cambialo por outro, coller outra vez o primeiro, consultar cunha compañeira, votar a deixalo, etc. fixemos a nosa selección. Logo xuntámonos un rato na cafetería do librería e cada un ensinou ó resto os libros escollidos e explicou o por que da súa elección. Tras pasar pola caixa (iso sempre é o peor) saímos coas nosas bolsas ben cargadas de aventuras, paixóns, dramas, celos, batallas, viaxes, peixes, amor, etc. cheíños e satifeitos. Esperamos que Biblio quede contento, pois entre tanta variedade seguro que atopa algo do seu gusto. Antes de volver a Guitiriz visitamos a biblioteca González Garcés. A visita foi interesante xa que a biblioteca e impresionante, pero resultou un pouco aburrida, pois a persoa encargada de guiarnos por ela non resultou moi amena. Esperábamos algo máis activo. En fin. Chegamos ó insti e deixamos os libros na biblioteca. Seguro que Biblio pasou unha noite entretida. Os demais teredes que esperar uns días para gozar deles.
Gracias á biblioteca do IES de Vios pola idea
Gracias á biblioteca do IES de Vios pola idea
lunes, 22 de noviembre de 2010
premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente

O pasado 9 de novembro tivo lugar no IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, a entrega de premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente. Alí estivemos. Seis alumnos do IES Poeta Díaz Castro, que participaran como xurado para a concesión dos premios, acompañados por dous profesores, leron a acta de resolución e fixeron entrega dos galardóns, xunto con outros compañeiros doutros institutos participantes, aos escritores premiados. Foi un acto conmemorativo entrañable no que tamén houbo lugar para o recordo de figuras tan sinaladas como José Saramago ou Mario Vargas Llosa, ambos premio Nobel, que en edicións anteriores tamén foran recoñecidos co galardón San Clemente, ou, de escritoras do noso país de recoñecido prestixio como Rosa Aneiros.
viernes, 19 de noviembre de 2010
Coidarse na rede
Neste enlace tes uns bos consellos para manexarte na rede con seguridade. Fai clic no enlace
miércoles, 17 de noviembre de 2010
CIENCIA PARA TODOS
Parece que a Biblio doulle esta temporada pola ciencia. Será que foi á semana da ciencia? Algo terá que ver. Aquí van algúns libros que podedes atopar na nosa biblioteca (gracias Ana polas recomendacións). É hai moito máis. Pouco a pouco volos iremos presentando
Cuestiones curiosas de química.
Francisco Vinagre Arias; Mª Remedios Mulero; Juan Francisco Guerra.
Alianza editorial
O libro está formado por historias e cuestións cunha explicación baseada nos principios da química, sendo fáciles de entender ao asocialos a diferentes exemplos. As cuestións están divididas en tres niveis de dificultade: fáciles, medio e difíciles.
La paradoja de Einstein y otros misterios de la ciencia resueltos por Sherlock Holmes.
Ed. Granica
O autor é un físico que escribe novas aventuras sobre o detective Sherlock Holmes nas que ten que descifrar os paradoxas e principios da Física Clásica; da Física Relativista e da Física Cuántica para poder resolver crimes e misterios e evitar asasinatos. Unha forma entretida de aprender Física e reflexionar sobre fenómenos non sempre fáciles de entender.
Claudi Mans
Ed COLLEGI OFICIAL DE QUIMICS DE CATALUNYA
Non hai que ser químico para ler o libro. Neste libro atoparás as respostas a moitas preguntas e posiblemente aclares conceptos que coñecías pero que non acababas de entender.
L. Fisher
Ed MONDADORI
Cunha linguaxe sinxela, o autor explica os fundamentos científicos, con anécdotas e boas doses de humor, de fenómenos cotiáns que, ás veces, son difíciles de comprender de xeito máis
Michael A. Dispezio ED. ONIRO
A cociña da túa casa é un laboratorio de química. Os vasos e as olas poden ser as túas probetas, alambiques... Os materiais de uso cotián (sal, vinagre, azucre...) as substancias que te permitirán levar a cabo fascinantes experiencias e sentir a emoción dos antigos alquimistas.
Michael A. Dispezio ED. ONIRO
Experimentos sinxelos con materiais tan comúns como papel, cartulina, lápises de cores, plastilina...
¿Por qué el cielo es azul? La ciencia para todos.
J. Fernández Panadero Ed. Páginas de Espuma
Colección de 202 preguntas sobre distintos temas relacionados coa Ciencia contestadas de xeito moi sinxelo. Por que flotan os barcos? Que é a SIDA? Que fai a levadura?.....
lunes, 15 de noviembre de 2010
PROPOSTAS DOS NOSOS LECTORES
Lucía Roca recomenda La suma de los días de Isabel Allende
Una vez más Isabel Allende nos sumerge en la magia de sus historias como si fuéramos un personaje más dentro de ellas. EL libro La suma de los días narra, al detalle, todas las experiencias que vive Isabel desde el momento que su hija Paula muere, dejándola sola con sus sentimientos. Este libro debería ser leído por todo el mundo ya que la autora hace un análisis profundo de sus sentimientos , algo muy interesante desde el punto de vista humano y, también, literario. Además, como ya dije, narra las experiencias vividas tras la muerte de un ser querido, algo a lo que todos nos podemos enfrentar a lo largo de nuestro camino por la vida.
Lucía Roca 2º ESO A
Lucía Roca 2º ESO A
miércoles, 10 de noviembre de 2010
Ciencia para todos
No te perdas a esta entrevista con konstantín Novoleslov na que afirma que “La ciencia me divirte, es lo esencial”. Nada menos que un premio nóbel, so con 36 anos, e inda por riba parece que o pasa bomba. Pero, pódese alguén divertir coa ciencia e ademais facer investigacións tan serias e importantes como para gañar un premio nóbel. Parece que o arranque da investigación que levou a Kostya (Konstantin Novoselov) e a Andre Geim cara ó premio arrancou no que eles chama os experimentos dos venres onde se meten no laboratorio “para probar cosas locas e divertirnos un poco en el laboratorio entes de ir a toma unas cervezas” según o propio Kostya. Se ve que a Gleim vaille isto de se divertir coa ciencia pois xa foi merecedor do premio Ignobel por facer levitar unha ra nun campo magnético. Kostya cometa que si écerto que o factor sorte xogou un certo papel nos experimentos dos venres o máis importante na ciencia saber un onde está, saber o que se busca entender o que se descubre traballar moito e … divertirse!!. Se queres saber máis sigue os enlaces
lunes, 8 de noviembre de 2010
PROPOSTAS DOS NOSOS LECTORES
Amanda e Laura, dúas das vosas compañeiras de 3º de ESO, son moi aficionadas á lectura e queren compartir as súas impresións sobre os libros que acaban de ler . Se vos gustan as novelas policíacas e as de intriga, aquí tedes dúas posibilidades…

Recomiendo este libro porque creo que el argumento de la obra no es común por lo que puede resultar muy interesante. Es un libro que ofrece un relato de misterio, pero muy diferente a la mayoría de obras de este género; mezcla misterio y drama de una forma muy heterogénea.
Otras obras de la autora Mary Higgins Clark: “Por siempre mía”, “Perseguida por toda la ciudad”, “Toma mi corazón”, “En defensa propia”.
Amanda
Papel mojado Juan José Millás
La historia parte de un asesinato y conforme vas leyendo la vas encasillando como la típica novela policíaca: un muerto, un personaje pretende desenmascarar a un asesino y muchas piedras en el camino. Pero lo que hace especial a esta obra de Juan José Millás es el final: completamente chocante. Se sale del clásico final que se les suele atribuir a estas historias y que el lector prevee a medida que se enfrasca en la lectura.
Si te gustan las sorpresas, este libro no te defraudará.
Laura
viernes, 5 de noviembre de 2010
LA CATEDRAL César Mallorquí

miércoles, 3 de noviembre de 2010
Matemáticos hoxe
O mércores 27 estivo con nos o profesor Juan Manuel Viaño Rey, catedrático de matemática aplicada na Facultade de Matemáticas da USC. Desenvolveu a conferencia “Matemáticos hoxe”, dirixida aos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato,
Mostrounos como as matemáticas, en particular as desenvolvidas en Galicia, están inmersas en todo o que nos rodea desde os móbiles, as claves “paswords” que se utilizan para restrinxir o uso de acceso ás nosas contas de internet ou das tarxetas de crédito, ata a predición do tempo que se fai ut lizando o super ordenador “Finisterrae” instalado no campus universitario da USC en Santiago, ata estudos matemáticos para proxectos industriais como a fabricación de volantes de automóbiles ou estudos para mellorar a saúde bucodental das persoas, mediante a colocación das “estreliñas” que reposicionan a situación dos dentes nas mandíbulas.
Por outra banda desmentiu a crenza de que os matemáticos teñen como única saída ser profesores, nestes momentos máis do 50% dos novos matemáticos teñen a súa saída profesional no mundo das empresas, como por exemplo a banca.
A opinión xeral foi que a conferencia resultou amena polos guiños que a longo dela foi facendo para que os alumnos participasen de xeito espontáneo.
Mostrounos como as matemáticas, en particular as desenvolvidas en Galicia, están inmersas en todo o que nos rodea desde os móbiles, as claves “paswords” que se utilizan para restrinxir o uso de acceso ás nosas contas de internet ou das tarxetas de crédito, ata a predición do tempo que se fai ut lizando o super ordenador “Finisterrae” instalado no campus universitario da USC en Santiago, ata estudos matemáticos para proxectos industriais como a fabricación de volantes de automóbiles ou estudos para mellorar a saúde bucodental das persoas, mediante a colocación das “estreliñas” que reposicionan a situación dos dentes nas mandíbulas.
Por outra banda desmentiu a crenza de que os matemáticos teñen como única saída ser profesores, nestes momentos máis do 50% dos novos matemáticos teñen a súa saída profesional no mundo das empresas, como por exemplo a banca.
A opinión xeral foi que a conferencia resultou amena polos guiños que a longo dela foi facendo para que os alumnos participasen de xeito espontáneo.
martes, 2 de noviembre de 2010
AS PELIS DE BIBLIO
Seguimos con clásicos. Solo se vive una vez é a segunda película americana de Fritz Lang que conta a historia dun pequeno delincuente acosado pola policía despois de fuxir da cadea, onde estaba acusado inxustamente dun asasinato que non cometera. A fatalidade impedirá, pese a súa vontade e sobre todo a da súa moza, demostrar a súa inocencia e o levarán por un camiño sen saída. Henry Fonda e Sylvia Siney protagonizan este estupendo drama.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)