PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 19 de diciembre de 2011

BO NADAL, BOAS LECTURAS


Dende a Biblioteca do IES “Poeta Díaz Castro” queremos animarvos a que nos agasallos deste Nadal, lembredes a posibilidade de incluir algúns que propicien a comunicación, o pensamento crítico, a imaxinación…, ao mesmo  tempo que nos permiten disfrutar de momentos de  ocio. Se queremos que os nosos fillos lea temos que darlle valor a lectura e regalar libros é una forma de facelo.

No folleto adxunto poderedes atopar algunas ideas. Vos propoñemos libros variados, algúns deles eles cun formato que engade valor, pola coidada edición, polas ilustración ó propio texto e os fan especialmente axeitados para un agasallo. Todos eles cheos de imaxinación, poesía, drama, emoción…

Recordade que o servizo de  préstamo  non é tan so para as alumnas e alumnos, é un servizo para toda a familia dende as revistas  ata as películas pasando pola música e todos os libros. 
Pódese consultar o catálogo  neste mesmo blog
         Agradecemos suxestións sobre novas de literatura, cine,  música, ou páxinas web. É  unha colaboración que desexamos e agradecemos. Pódense dirixir o correo de Biblo: Biblioguiti@gmail.com

Os nosos mellores desexos para que o próximo ano sexa un ano cheo de bens e de lecturas, de cine de música…



viernes, 16 de diciembre de 2011

As pelis de Biblio

PORCO ROSSO DE HAYAO MIYAZAKI


Período de entreguerras. Porco é un porco aviador que frustra todos os actos de pirataría perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a rematar co valente e hábil aviador, póñense de acordo para contratar un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo. (FILMAFFINITY)

Unha aventura de aviadores que ten todos os ingredientes das películas clásicas do xénero, pero cun peculiar protagonista adriático, entre o real e o imaxinario. Hayao Miyazaki, (alucina) o autor da famosa serie de Heidi, amosa un grande coñecemento dos clásico do cine de aventuras e sabe manexalos co seu propio estilo para realizar  unha fermosa e orixinal peli. Tes que vela. Imprescindible


miércoles, 14 de diciembre de 2011

Propostas dos lectores

Nerea Sijas Roca de 4º ESO propón Rescatando a Sara de Javier Ángel Preciado

Este libro trata sobre un hecho real ocurrido entre 2003 y 2008.  Leticia, una española viuda con dos hijos, vivió 5 años con un chico iraquí, Abbas. De esta relación salió el fruto de esta historia, Sara.  Ésta fue secuestrada y llevada por su padre a Basora, donde vivía el resto de su familia. La niña fue engañada, pero Leticia y el señor Preciado no se rindieron hasta que la niña volvió a ser propiedad de la madre.
         Estos años fueron los momentos más duros y oscuros, tanto para la madre como para Preciado, ya que sufrieron engaños y proposiciones falsas por parte de los colaboradores. A pesar de ello, todo salió bien.
         Pero, ¿cómo han conseguido rescatar a Sara a pesar de las diferencias políticas entre España e Iraq…? Solución : leer el libro

Valoración : 10

lunes, 12 de diciembre de 2011

Propostas dos lectores

María Elena Combo Vilas  de 3º ESO recomenda El hombre invisible de H.G.Wells
Este libro gustoume moito porque ten moito misterio. Cada páxina que les faiche ter ganas de ler a seguinte. Persoalmente, o principio pareceume un pouco aburrido e a parte mais interesante é o final, cando se descobre toda a verdade.
Recoméndolle este libro á xente que lle guste  o misterio e aos que se queiran facer invisibles, como o protagonista desta historia.

Valoración : 8

viernes, 9 de diciembre de 2011

Nicanor Parra recibe o premio Cervantes 2011, o máis importante premio da literatura castelá

Poeta, contista e ensaísta chileno nacido en San Xulián de Alico (Chile), en 1914.  Traballou como profesor de matemáticas no Liceo de Chillán e na Universidade de Chile, sen embargo a súa verdadeira vocación foi a poesía. Parra é o supervivinte do grupo máis importante dos poetas chilenos contemporáneos, xunto a Pablo Neruda, Gabriela Mistral e Vicente Huidobro. Logo de publicar en 1937 Cancionero sin nombre, moi influído pola poesía popular de Federico García Lorca, publicou en 1954 o libro que marca a súa obra e parte da poesía latinoamericana da segunda metade do século XX, Poemas y antipoemas.


Durante medio siglo / la poesía fue / el paraíso del tonto solemne. / Hasta que vine yo / y me instalé con mi montaña rusa. / Suban, si les parece. / Claro que yo no respondo si bajan / echando sangre por boca y narices.

www.nicanorparra.uchile.cl/
www.los-poetas.com/k/parra.htm

Historia real de Valerie Plame, unha axente da CIA cuxa identidade foi desvelada por membros da Casa Branca para desacreditar o seu marido, que no ano 2003 escribira un polémico artigo no New York Times. No devandito artigo, o marido de Plame acusaba a administración Bush de ter manipulado a Axencia Central de Intelixencia con respecto á existencia de armas de destrución masiva por parte do réxime de Sadam Hussein, para poder así xustificar a invasión de Iraq. (FILMAFFINITY)

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Propostas dos lectores

Isabel Buján Aparicio de 4º ESO comenta La mecánica del corazón  de Mathias Malzieu

Es un libro bastante original, sobre todo en su asombroso aunque macabro comienzo. Después, simplemente es una triste historia de amor en la que se reflejan problemas de discriminación a las personas discapacitadas o diferentes.
Yo recomiendo esta historia de amor por ser más original que por ejemplo las de Federico Moccia, que se repite libro tras libro.

Valoración : 7

viernes, 2 de diciembre de 2011

AS PELIS DE BIBLIO


El Pianista, de Roman Polansky
Wladyslaw Szpilman, un brillante pianista polaco de orixe xudía, vive coa súa familia no gueto de Varsovia. Cando, en 1939, os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación grazas á axuda dalgúns amigos. Pero terá que vivir escondido e completamente illado durante moito tempo, e para sobrevivir terá que afrontar constantes perigos. (FILMAFFINITY)

jueves, 1 de diciembre de 2011

COMIC

O detective Jack Palmer descobre o que xa todos sabemos: que hai moitas clases de paraísos. 

Faltan moi poucos días para que Bürgenzell celebre o gran enlace entre o seu príncipe herdeiro e unha moza do pobo, sen sangue real. Mentres tanto, o inefable detective Palmer descobre un armazón de evasións fiscais naquel paraíso onde non todo é principesco. Cómic de estilo clásico, ben contado e aderezado con humor para relatar unha historia hilarante e satírica que provoca o sorriso sen deixar de facerche pensar. (SOL)

Primeria historieta dispoñible na biblio protagonizado por Jack Palmer, personaxe creado por René Petillón, inspirándose no famoso Inspector Colombo da serie de TV