PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 30 de marzo de 2012

PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: Memorias dun neno labrego
Autor: Xosé Neira Vilas
Editorial: Galaxia

Este libro trata sobre a vida dun rapaz de aldea. Balbino vive nunha aldea e os pais traballan para “o señor” que se el quere pódeos deixar sen casa e traballo.
         Balbino conta todo o que lle pasa nun caderno a modo de diario. Nel conta os seus amores, o súas preocupacións e todas as cousas que lle pasan. Balbino non quere que ninguén leo o seu caderno xa que lle da moita vergoña que outras persoas saiban o que pensa e o que lle pasa.
         A min gustoume moito este libro xa que o que conta é desde o punto dun rapaz que vive na época de meus avós e é bastante realista. Recoméndovos ler este libro porque é moi fermoso. Espero que vos guste.

Tania Forja Pena 2º ESO A

lunes, 26 de marzo de 2012

Propstas dos lectores


Título: Os dous de sempre
Autor: Castelao

   Este é un libro que conta a historia de dous rapaces, Pedriño e Rañolas, que dende nenos se separan para seguir camiños moi distintos. Aínda así, o destino fai que se atopen de novo; pero mentres Rañolas, de familia humilde, se preocupa polo mundo que o rodea e morre polas inxustizas sociais, Pedriño só pensa en sí mesmo. Este libro é moi interesante, xa que nos amosa dous tipos ben distintos da sociedade galega da época: Rañolas, un home que se fai a sí mesmo a pesar das dificultades e Pedriño, un home pasivo e sen ambición.

Un saúdo
Eva Fernández Paderne, 1º ESO A

miércoles, 21 de marzo de 2012

Propostas dos lectores


Titulo: Los diez negritos
Autora:  Agatha Christie
Una novela apasionante que sin duda encandilará a aquellos  a los que les gusten las historias policiacas, de intriga y misterio. La autora  cuenta una serie de asesinatos  que se van produciendo en la Isla del Negro y cuyo culpable no se desvela hasta el final del libro. Recomiendo este libro a todo aquel que disfrute con las novelas de intriga y misterio.
Amanda Isabel García Lorenzo, 4º ESO

jueves, 15 de marzo de 2012

RAP EN GUITIRIZ


O ENL e a biblioteca organizaron o pasado martes 13 (nos pasamos de sortes malas ou boas) un taller de RAP guiado por Marmelada de RE. Non días anteriores as participantes, de 2º, 3º e 4º de ESO estiveron traballando as letras coas profesoras de lingua, lingua e música (gracias María, Mónica e Sandra). Por grupos ou de un en un presentaron as súas rimas e case todos (algúns deulles vergonza e outros non tiveron tempo) puideron gravar a súas propostas. Non sei si sairá algunha estrela disto, pero escoitamos cousas que non estaban nada mal. A experiencia resultou moi interesante, rimamos, aprendimos algo sobre como se fai unha gravación, descubrimos capacidades ocultas dalgúns e o pasamos moi ben. Aquí pódese ver un pouquiño do que fixemos. Nuns día poderemos escoitar o resultado final de todo isto.

martes, 13 de marzo de 2012

Divulgación Científica


Dende a biblioteca colaboramos co departamento de matemáticas na divulgación científica

Dentro do ciclo de divulgación da astronomía, coordinado desde o “Observatorio Ramón María Aller da USC” e co patrocinio da FECYT “Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología” conmemorando os seus 10 anos de existencia e tendo por título “O sol, a nosa estrela” os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do IES Poeta Díaz Castro  asistiron a unha actividade impartida polo matemático, e astrónomo do Observatorio “Ramón María Aller” Pedro Pablo Campo.

A primeira parte da actividade consistiu nunha conferencia na que amosou como é a nosa estrela, desde o núcleo ata a coroa, mostrando as diferencias que hai no seu interior e a relación que estas gardan cos distintos niveis de temperatura, como e por que se produce a enerxía que se desprende, seguindo coa análise dos seus ciclos a súa relación coas labaradas, as auroras, os lazos e a influencia que estes ciclos teñen no noso día a día polas consecuencias a nivel de funcionamento dos aparellos tecnolóxicos: desde os teléfonos móbiles aos satélites artificiais A última parte da conferencia tratou da vida do Sol e como pode ser a súa morte.

A continuación a segunda parte da actividade foi a observación do Sol a través dun telescopio, en pequenos grupos, desde o patio do instituto, visualizando as manchas solares moi visibles ao estar nun período de máxima actividade solar e destacando a demostración do porque non se poden facer observacións directas do disco solar, senón que se teñen que facer mirando o seu reflexo nun papel o cartolina, polo risco de queimar a retina dos nosos ollos.
Os alumnos puideron facer preguntas ao longo de toda a conferencia o que a fixo moito máis dinámica e participativa.

lunes, 12 de marzo de 2012

PROPOSTAS DOS LECTORES


 Andrea Subiza Balsa  comenta “Algún día cuando pueda llevarte aVarsovia” de Lorenzo Silva


El titulo es: "Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia" trata de una niña de Getafe que te cuenta su vida y te cuenta también que un día una familia de polacos se muda a su edificio y todo el mundo los desprecia menos ella que piensa que es fascinante tener gente de otras culturas y aprender cosas sobre ellas. Laura, que asi se llama la niña, se hace amiga del hijo polaco, Andrés, el cual le cuenta sus aventuras y le hace la promesa de que algún día le llevara a Varsovia. Andrés le enseña valiosas lecciones y sobre todo, Laura consigue una gran amistad. A mi me gusto mucho porque el autor, Lorenzo Silva, te transmite los pensamientos de Laura de una forma muy cercana y creo que es un libro de aventuras polacas, amistad y un poco de cultura o historia. Es precioso.

Andrea

jueves, 8 de marzo de 2012

Palabras de Muller


         Aproveitamos o 8 de marzo para facer o noso, a promoción dos libros, de lectura. Na mostra Palabras de muller sacamos fora da biblioteca libros de escritoras. Non foi doado, pois case non temos sitio onde  poñelos. O departamento de orientación aportou a mostra “Mulleres na Historia” do colectivo 8 de Marzo do IES A Pontepedriña, facilitado pola Asemblea de Mulleres do STEG. A conmemoración deste día completarase  cunha charla Yolanda Castaño o xoves 15. Que non sabes a que ven todo isto, pois pincha aquí.



miércoles, 7 de marzo de 2012

PROPOSTAS DOS LECTORES


Título: As flores radiocativas
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais

Tania Campello Saa de 1º ESO comenta unha obra de Agustín Fernández Paz

Este libro cóntanos a historia dunha nena chamada Alba que foi pescar co seu mellor amigo Xabier a una lagoa. Como Alba e Xabier non pescaban nada foron a darse un chapuzón a Praia que se atopaba moi preto da lagoa. Cando chegaron a Praia descubriron que non se podían bañar porque as autoridades advertíronlles que a auga da praia estaba contaminada por vertidos tóxicos. Pasados uns días Xabier e Alba volveron a praia de novo. Ao lonxe da praia atoparon una gran mancha brillante.
Alba contoulle esta historia ao seu irmán Lois que era un aficionado sobre as cousas relacionadas coa auga. Lois comunicoulle esta noticia aos seus amigos, a cal saíu na prensa. Como Lois , que era un aficionado do mar, e os seus amigos tamén se querían bañar na Praia non deixaron a cousa así. Decidiron realizar una viaxe en barco ata aquela mancha brillante, debido a que  ir en lanchas era una cousa imposible. Lois e os seus amigos non lle dixeron nada Alba pero esta escoitounos falar no local.
Chegou o día de ir visitar en barco aquela mancha brillante. Lois quedara cos seus amigos as 5 para merendar debido a que a viaxe en barco non comezaba ata as 7. Pero Alba foise  xa as 5 para poderse esconder no barco sen que a viran. Alba escondeuse nun dos camarotes do barco que estaba ao lado do frigorífico. Cando un dos mariñeiros ía coller os alimentos e as bebidas para merendar, decatouse que había ruídos no camarote do lado. Foi alí, veu a Alba e levouna ata a cuberta.  Na cuberta estaban o seu irmán e os seus amigos, e cando Lois viu a Alba regañoulle moito. Os amigos dixéronlle a Lois que Alba lles ía arranxar a viaxe, pero Lois dixo que xa non había marcha atrás. Pouco tempo despois, chegaron ata mancha brillante e descubriron que dita mancha era unhas flores parecidas a margaridas que brillaban sen parar. Eles  non puideron facer nada ante iso e volveron o pobo.
Xa no pobo avisaron aos traballadores de helicópteros e avións para que se desprazaran a enriba da mancha e lanzasen foguetes para que toda a contaminación se eliminara e só quedasen as flores. Cando Alba e Lois chegaron a súa casa abriron a fiestra e por ela entrou aire que levaba as flores que eles viran naquela mancha brillante.
Finalmente chamarónlles a estas flores, flores radioactivas e todos os cidadáns do pobo puideron disfrutar da auga do mar e da praia.

lunes, 5 de marzo de 2012

PROPOSTAS DOS LECTORES


TÍTULO: El gato negro
Autor:  E.A. Poe
Editorial: Anaya

         El Gato Negro es un libro de historias de terror que te pondrán los pelos de punta y sentirás el terror, si no te gusta pasar miedo no leas este libro. En este libro hay asesinatos y asesinos, presos en celdas, presos del miedo, locos que están cuerdos, muertos que están vivos, obsesos de los dientes, si habéis leído bien obsesos de los dientes, si lees la historia de Berenice que incluye este libro lo entenderás y muchas más cosas... Personalmente me encantó este libro (unas historias más que otras) me gustó más de lo que me esperaba ya no me gustan especialmente las historias de terror pero este libro me encantó.
         La historia Corazón delatador trata de un hombre que cuenta que cada noche se asoma a la puerta de la habitación del que él le llama “el viejo” y planeaba matarlo por el simple hecho de que no le gustaba su ojo de cristal.


Tania Forja Pena 2º ESO A

jueves, 1 de marzo de 2012

As pelis de Biblo


"O duque de York converteuse en rei de Gran Bretaña co nome de Jorge VI (1936-1952), tras a abdicación do seu irmán maior Eduardo VIII. A sua tartamudez, que constituía un grande inconveniente para o exercicio das súas funcións, levouno a buscar a axuda de Lionel Logue, un experto logopeda que conseguiu, empregando unha serie de técnicas pouco ortodoxas, eliminar este defecto do rei. "(FILMAFFINITY)