PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

viernes, 22 de junio de 2012

DESPEDIDA


Isto foi (casi) todo. Ata o curso que ven. 

miércoles, 20 de junio de 2012

PROPOSTAS LECTORAS


Título: Mil cousas poden pasar.
Neda e Mercurín son dous irmás fillos do rei do mar, Pinto IV. Caen na conta de que se achega o aniversario de seu pai, e non teñen ningún agasalo. Non saben que poden regalarlle a un rei. Por outra parte, Lina e Pouco son dous rapaces. Lina é sorrinte e boa, e Pouco tímido, e mudo. Pouco forma parte da nova banda do pobo, pero un día, sen máis, desaparece. Lina desesperada, vive aventuras insólitas e emocionantes para atopalo, e finalmete atópao onde menos o espera... para saber o final desta aventura tedes que ler o libro.
EVA FERNÁNDEZ PADERNE- 1º ESO 

domingo, 17 de junio de 2012

PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: O Rei Oso Branco.
Autor: Tim Bowley.
"O Rei Oso Branco" é un libro que consta de dez contos diferentes, cheos de amor e desamor, ledicia e sufrimento, saúde e dor... Cada un dos relatos trata de mostrar a través dos personaxes os sentimentos do autor. Un dos contos que máis me gustou foi "A Semente". Trata dunha doce e pobre rapaza á que un día lle chega unha invitación para ser candidata á nova muller do rei. Súa nai insístelle en que alguén rico e poderoso non se ía fixar en alguén pobre e sinxelo, mais ela non se deu por vencida. Chegou ao castelo e alí, dito rei deulles un tarro e unha semente a cada unha das mozas que alí se presentaran. A que voltara en tres meses coa flor máis fermosa, sería a nova raíña. Pasaron os tres meses, e á pobre mociña non lle medrara nin unha herbiña, mentres que o resto das mozas voltaran coas flores máis fermosas que se podía imaxinar. Mais, o que a rapaza pobre non esperaba, é que fora ela a nova raíña, xa que todas as sementes que o rei repartira eran estériles, e a única que culivara a honradez, fora ela.

EVA FERNÁNDEZ PADERNE- 1º ESO 

viernes, 15 de junio de 2012

PROPOSTAS DE BIBLO


No verán hai tempo para todo. Se non sabes que ler aquí tes alguhas propostas

jueves, 14 de junio de 2012

PROPOSTAS DAS LECTORAS

 

Título: El misterio Velázquez
Autor: Elicer Cansino
   Supongo que muchos de vosotros ya habéis leído este libro porque es el libro obligatorio de Sociales de 2º de Eso.
         En este libro se cuenta la historia de uno de los cuadros más famosos de Velázquez “Las Meninas”. La historia es contada por Nicolás Pertusato, o como le llamaban todos Nicolasillo. Nicolasillo, nacido en Italia, es llevado a España para servir  a Su Majestad. En palacio conocerá a su amiga Maribárbola (que también aparece en el cuadro) y a muchos otros más personajes. Nicolasillo aparecerá en el cuadro junto a su perro Moisés, Velázquez, Maribárbola y un misterioso hombre llamado Nerval entre otros.
         Si quieres leer una interesante historia y al mismo tiempo conocer todo lo relacionado con el cuadro “Las Meninas” de Velázquez debéis leer este libro.
          

Tania Forja Pena 2º ESO A

lunes, 11 de junio de 2012

PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: O Raio Veloz.
Autor: Agustín Fernández Paz.
Adrián é un mozo que vive só nas aforas da cidade, e quere atopar traballo. Non quere un traballo calquera, senón aquel que lle permita coñecer xente, manter a mente ocupada, relacionarse... non quere sentirse só. Tras pescudar e pescudar, consegue ser o novo mensaxeiro da empresa O Raio Veloz. Está feliz e ledo co seu novo emprego, pero un día comeza a recibir extrañas mensaxes anónimas. Trata de investigar quen é, e, grazas á axuda de tódalas persoas que coñeceu sendo carteiro, descbre que a autora de tódalas mensaxes anónimas é Rosa, a moza da que sempre estivera namorado. Para saber cómo remata esta historia de amor, tedes que ler o libro.

EVA FERNÁNDEZ PADERNE- 1º ESO 

lunes, 4 de junio de 2012

PROPOSTAS DAS LECTORAS


Título: El sobrino del mago
Autor: C.S.Lewis

Este libro relata a historia dun par de amigos, Digory e Polly, que viven a primeiro aventura no mundo onde todo é posible, Narnia. Só cuns aneis e moita coraxe, losdos amigos viven a aventura das súas vidas. Pero ademais de cono cer o belo mundo que é Narnia e ás súas fantásticas criaturas, os rapaces desencadean nesta paraxe, o que chegase a ser unha ameaza para Narnia, pero abrigo para cinco nenos inocentes.
Os contidos deste relato, aínda que fantásticos parecen totalmente reais, pois aínda que relatados con sinxeleza tamén cun esmero que os fai incomparables e únicos. Dende o meu punto de vista esta historia merécese de nota un 8, aínda que para gustos cores.
                                       Andrea Balsa 2º ESO