PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

sábado, 22 de junio de 2013




Rematamos o curso cunha boa.

LETRAS GALEGAS DO 2014:  XOSÉ MARÍA DÍA CASTRO.


Hai xa seis anos no 2007, co motivo da terceira edición de NIMBOS realizada por Galaxia fixemos, dende a biblioteca que leva o seu nome, o noso pequeno homenaxe ó poeta dos Vilares.  O noso compañeiro Alfonso Blanco, amigo persoal do poeta e divulgador da súa obra e puxo á nosa disposición documentos e material inédito que expuxemos na nosa biblioteca Bo momento para recordalo.






jueves, 20 de junio de 2013

lunes, 10 de junio de 2013

O SONO DA GRAVACIÓN

Relatos e testemuños falan de palabras conxeladas no xeo, que ao quentarse coas mans se convertían en sons,...de libros que dándolles corda e colocando unha agulla no capítulo desexado, o lían en voz alta...
Estamos ante a viaxe sonora, ata o mundo do Vinilo.

O sono de gravar música, ven de lonxe. Nos o descubrimos da man do alumnado de 4º ESO de música, que fixeron unha boa investigación sobre a evolución dos diferentes métodos de gravación sonora. O seu traballo quedou plasmado nunha exposición de carteis. Na biblioteca completamos o seu traballo cunha mostra de vinilos. Durante dúas semanas convertemos a biblioteca nunha fonoteca. Nos recreos os alumnos puideron escoitar os discos. Non imos dicir cal foi o máis solicitado



domingo, 9 de junio de 2013

A LUS DO MUNDO

Un poeta nace ou faise? Esta é unha das preguntas que os alumnos do instituto de Guitiriz tratan de responder neste documental sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, quen creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou nos versos cando aínda era un rapaz, tamén coma eles. Mesturando entrevistas e poemas musicados, esta curta destaca a vixencia da obra de Díaz Castro e aporta unha mirada fresca sobre a poesía, como unha maneira de aferrarse ó mundo e sentirse vivo.
Para saber máis pincha aquí



            O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia..


            Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. A directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado superou con moito as expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea repercusión ó traballo educativo que se realiza cos alumnos do rural galego, ademais de axudar a difundir a figura de Díaz Castro: “Un autor aínda moi descoñecido e que precisa recuperar o seu lugar no imaxinario cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de música e que compuxo as cancións, destacou a creatividade e implicación dos rapaces, ata o punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos poemas. Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles en Internet.

lunes, 3 de junio de 2013

COMPARTINDO CONTOS 2013 II

O ano pasado estivemos nos coles compartindo lecturas cos pequenos. Polo visto gustoulles a experiencia, polo menos así nolo contaron.


Así que este ano non podíamos faltar. Xa o contamos noutra entrada, pero agora podedes ver algunhas imaxes. Volveremos.