PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 22 de abril de 2014

COMPARTINDO CONTOS 2014


Un ano máis celebramos cos pequenos dos colexios de Guitiriz, Parga e A Castellana unha xornada de contos compartidos. Desta volta nos adiantamos un pouco ó día do libro, pero que maís alá do día o importante e ler e compartir o pracer de ler. Aínda que tiñamos certo medo de repetirnos un pouco, xa é o cuarto ano, o entusiasmo con que participaron o nosos alumnos e alumnas (participou todo 1º e 2º ESO, 78 alumnos e alumnas) e a ilusión e alegría coa que nos recibiron os pequenos dos coles anímanos a continuar con esta actividade. Para ver máis fotos pincha aquí


 A semana anterior preparamos as nosas lecturas: xuntámonos na biblioteca para distribuír os contos entre os lectores, recordamos algúns consellos para ler en voz alta, e preparamos as lecturas coa axuda dos profes da biblioteca e practicamos cos compañeiros. Antes o equipo de biblioteca, coa axuda dos profesores dos colexios seleccionara unha boa chea de contos axeitados para os pequenos (infantil e 1º ciclo de primario). Nos colexios organizamos os pequenos en grupos de tres de xeito que cada un dos lectores foi pasando por diferentes grupos e lendo o seu conto. Xa é o cuarto ano que o facemos e imos repetir.

sábado, 5 de abril de 2014

ESA LUS



Esa lus" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital. Dende o neno Pepe ata o poeta que hoxe coñecemos, nesta canción destácase a vixencia da súa lírica e así o transmitiron os máis de douscentos rapaces que participaron dos actos do centenario o pasado 19 de febreiro. Eses actos remataron cun ensaio xeral da canción que esperamos ter perfeccionada para o próximo 17 de maio.


Invitámosvos a cantala connosco descargándovos a base musical e a propia canción na nosa conta de soundcloud. E vos, xa sabedes cunquear?

Se queres baixar a letra pincha aquí