PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 20 de mayo de 2014

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

O martes 20 de maio presentamos “Os camiños esquencidos” na Coruña, no centro Ágora. O acto foi organizado pola Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro en colaboración coa Biblioteca do Ágora. O acto foi un homenaxe ao poeta do Vilariño no que particioaron uns 500 alumnos e alumnas de varios IES da Coruña, invitados a través das bibliotecas do seus centros: IES Urbano Lugrís, IES monte das moas, IES maximino Romero de lema de baio, IES Elviña, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, Colexio Liceo la Paz




Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e representacións de danza, coa intención de explorar novas perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos xóvenes estudantes de Guitiriz. Foi un traballo de construcción creativa e sobre todo, un esforzo de produción no que se implicou toda a comunidade educativa e para o que o Instituto, recibiu tamén unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Para saber máis detes e outros proxectos relacionados pincha aquí


Ademais da proxección da curtametraxe, durante o acto alumnos dos diferentes centros participantes leron versos do poeta.
Tamén presentaronse tres novas cancións: Esmeralda, Visperas e Remuíños compostas por Sandra Tenreiro e interpretada polos seus alumnos de música do insti.

Por último presentouse o roteiro “Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa “ seleccionado na Convovocatoria de proxectos escolares EducaBarrie 2013-2014 no que está traballando o alumnado e profesorado do IES e que pronto estará a vosa disposición na rede.



sábado, 17 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Como en anos anteriores, a Biblioteca e o EDLG do IES Poeta Díaz Castro celebraron o mércores anterior ó 17 de maio o a Festa das Letras Galegas na praza da vila. Participaron nos actos ademais do alumnado do IES, o alumnado dos colexios de Parga e Lagostelle e alumnado da Escola Municipal de Música.
Tivemos un día ben fermoso e case cegados de tanta lus os pequenos dos coles e do instituto recitaron e cantaron. A escola de música puxo as gaitas, pandeiros e bombos e o alumnado de musica do insti, da man da súa profesora Sandra Tenreiro, presentou tres novos e fermosos temas, con letra de Díaz Castro e música de Sandra: Esmeralda, Remuíños e Vísperas. Feridos quedamos de tanta beleza. Unha homenaxe sentida é alegre por parte dos rapaces e rapazas a un poeta que sente como algo seu.
A celebración continuou o venres coa presentación no instituto da curtametraxe “Os camiños esquencidos realizada polo alumnado é profesorado do insti baixo a dirección de Cristina de la Torre. Pronto vos contaremos algo máis desta peli.



lunes, 12 de mayo de 2014

ESMERALDA

Para os máis pequenos. Unha canción de berce.
A nosa compañeira Sandra segue a poñerlle música ós poemas de Diaz Castro e nos a disfrutar con ela. Este mércores as 11.30 na praza de Guitiriz imos celebrar de novo, xunto cos alumnos dos colexios de Lagostelle e Parga , o Día das letras galegas e alí poderemos escoitar temas novos.

viernes, 9 de mayo de 2014

COMO DE FIXO: OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS (3)




    O XOVES 15 PRESÉNTASE O CORTO NO IES E O MARTES 20 NO AUDITORIO DO ÁGORA NA CORUÑA, COA COLABORACIÓN DA BIBLIOTECA DO ÁGORA

lunes, 5 de mayo de 2014

COMO SE FIXO "OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS" (1)

Durante o curso 2012-2013 no IES Díaz Castro realizouse un obradoiro que deu como resultado a realización dun documental sobre a obra do poeta Xosé María Díaz Castro: “A lus do mudo”, baixo a dirección de Cristina de la Torre xornalista e realizadora de Pasen y Vean Comunicación. Este curso repetimos unha experiencia similar, neste caso deu lugar a realización dunha película de ficción inspirada de novo na vida e na obra do noso poeta ó que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A biblioteca ofrece agora, antes da estrea, unha serie de pequenos reportaxes nos que os protagonistas, alumnos e profesores do instituto, cóntannos a súa experiencia.