PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 17 de junio de 2014

A FUSIÓN DA POESÍA, A FOTOGRAFÍA E A MÚSICA

As fotografías feitas polo alumnado de 4º da ESO no obradoiro de “Fotografía en Curso” dentro do PLAN PROXECTA, dirixidos polo prestixioso Vari Caramés e coordinados pola nosa profesora Nuria Pena, deixáronse fundir coa poesía de X.M Díaz Castro e a música composta e interpretada por Sandra Tenreiro, sobre o poema “Coma unha espada”...sen mais...”A Beleza fireume para sempre”.

Seguimos traballando nas aulas con novos poemas, fotografías e música, esta vez interpretada polos propios alumnos de música. En nada teredes novidades coas que deleitar os sentidos.

martes, 3 de junio de 2014

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS EN LUGO

O luns 26 repetimos en Lugo, no IES Lucus Augusti. De novo ante uns 300 rapaces e razas do IES Xoán Montes, Muralla Romana, Virxe dos Ollos Grandes, Ánxel Fole, Lucus Augusti e Leiras Pulpeiro explicamos os nosos proxectos e proxectamos a peli. O acto resultou moi animado. Ó final Antía de 1º ESO animouse a cantar ESA LUS, o inesperado éxito musical deste curso. Antes e despois, no hall do centro, alumnos e alumnas dos centros asistentes puideron facerse fotos cos protagonistas da peli. Nos tamén aproveitamos para facernos algunha que outra foto.



Se queres baixar fotos preme aquí