PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

jueves, 30 de octubre de 2014

TALLER DE POESÍA

Obradoiro de poesía con Chus Otero entorno a poesía de Díaz Castro para alumnado de 1º e 2º ESO. Realizáronse diversas actividades e xogos para achegarse dun xeito máis lúdico e divertido á poesía de Díaz Castro
Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro.

sábado, 18 de octubre de 2014

A lus do Mundo no Vilariño.

ACABAMOS CON POESÍA E MÚSICA E COMEZAMOS CON MUSICA E POESÍA



Ninguén nos vai parar!!, no IES Poeta Díaz Castro, a cultura e a expresión...non son covardes. Así comezábamos a nosa intervención, nos actos culturais celebrados o pasado 14 de outubro (2014), na palleira da casa natal do noso poeta, onde presentaron as súas obras, algúns dos escritores e escultores da actualidade cultural galega homenaxeando a Díaz Castro:Tosar, Ramón Villar, Xabier R. Barrio...
Os rapaces de música do centro, contentos de ser convidados como músicos para amenizar este acto organizado pola Deputación de Lugo e no que aseguro traballamos coma verdadeiros profesionais. Sen esperalo, emocionounos que nos presentaran como o grupo de música:“ A lus do mundo”.
Antes de cantar os poemas “Vísperas”, “Penélope” e “A noite é necesaria”, musicados pola nosa profesora Sandra Tenreiro, Margarita e Paula leron os seguintes versos:

Podemos caer, desfacernos, ...equivocarnos, mais sabemos coller da poesía, a forza e a lus da vida. A poesía ensina...pero ten que ser vivida nas aulas. A súa fusión coa música, convídanos a soñar, a expresarnos, a quebrarnos e perder o medo. Mais nós, seguiremos traballando nesta dirección, porque somos...A lus do mundo!!”.