PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 24 de noviembre de 2014

XADREZ NA BIBLIOTECA

Organizado polo departamento de educación física e coa colaboración da biblioteca principiou o torneo de xadrez. O alumnado de terceiro, cuarto de ESO e bacharelato xogará os recreos dos xoves e o de primeiro e segundo da ESO os venres. A competición terá lugar na biblioteca. Dúas coordinadoras (alumnas de segundo de ESO) encargaranse de velar polo bo funcionamento do torneo (avisar ao xogadores, ter as fichas e taboleiros , apuntar os resultados nos paneis a entrada da biblio...). Tamén haberá dous árbitros para controlar as partidas.

Ao tempo desenvolverase unha pequena escola de xadrez para aqueles que aínda non saiban xogar. A biblioteca pon a súa disposición fichas, taboleiros o espazo axeitado e unha persoa, Victor Pollán, profesor de matemáticas e membro do equipo de biblioteca para guialos na súa iniciación.

lunes, 17 de noviembre de 2014

Biblioteca e matemática

O pasado día 7 de novembro profesora Elena Vázquez Cendón, do departamento de matemática aplicada da Facultade de Matemáticas da USC, impartíu dentro do programa "A Ponte", a conferencia titulada "As matemáticas da auga", dirixida a todo o alumnado de bacharelato. A profesora Vázquez Cendón? incidíu na aplicación práctica que as matemáticas teñen en proxectos da vida cotiá desde os referidos á mellora do sector marisqueiro nas nosas rías, os que estudan os movementos de grandes masas de auga e como inflúen na dispersión das augas residuais, estudo das posibles zonas catastróficas por inundación, solución de problemas de atascos de tráfico, etc.





   Por outra banda no vestidor do IES esta exposta "O Pricipiño e as matemáticas" exposición realizada por alumnos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, dirixidos polo profesor Santiago López Arca, que consta de 10 carteis onde se utiliza a lectura da obra de Antoine de Saint-Exupéry, como base para profundizar en diferentes aspectos relacionados coas matemáticas como: funcións, astronomía, manexo de grandes números, notación científica, o número áureo...


Ao longo destas semanas estamos a realizar actividades relacionadas coa matemaxia nos diferentes cursos da ESO, festexando o centenario do nacemento de Martin Gardner, 21-10-1914, divulgador e defensor da utilidade das matemáticas divertidas como método para a súa aprendizaxe e moi especialmente da matemaxia.

jueves, 13 de noviembre de 2014

lecturas para o outono



 Despois da axitación do verán, é un bo momento para lecturas pausadas, recollidas, intimas, e se van acompañadas de boa música mellor. Aquí tes algunhas propostas, libros que non perden as follas

lunes, 3 de noviembre de 2014

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: O inferno de Marta; A mascarada do amor
AUTORES: Pascal Alapont e Vicente Garrifo
EDITORIAL: Xerais 2008

Este libro trata dunha nena que sin darse conta empezou a sair cun rapaz que parecia moi bon, pero tiña un lado escuro. Ela non se daba conta porque querialle moito, pero as sua samigas Carme e Xulia si, intentaron dicirllo a Marta pero ela non respondia, ela cria que o rapaz tivera unha mala infancia (cando non fou asi) pero...edes que lelo pa sabelo...

Este libro completase coa mascara do amor que non e mais que unha axuda para autocontrolarse, poñendo como exemplos partes do libro.


Marta Miraz