PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 25 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015




Aquí tedes un pequeño resumo do que foi a nosa celebración do día das Letras Galegas na praza do pobo o pasado día 20.
Aproveitamos para agradecer a Adrián e a Oscar de 2º ESO as imaxes

Se queres escoitar e ver todas as cancións pincha aquí

Se queres escoitar e ver todos os poemas pincha aquí

jueves, 21 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Acudimos un ano máis a nosa cita coa música e a poesía no mercado de Guitiriz.




















O mércores 20 de maio, aproveitando o día de mercado, xuntámonos na praza do pobo 
alumnos e alumnas do instituto e do colexio de primaria, profesores e mestres, pais e nais e canto quixo pasar de gozar dun pouco de música e poesía para celebrar, cun pouco de retraso,  o día das letras galegas. Arrancamos co son das gaitas dun grupo de alumnos da escola de música do concello e baixo un ceo que que apuntaba un chuvieira primaveral
foron pasando polo escenario pequenos e pequenas de 1º de ESO e de quinto e sexto de primaria para recitar poemas de Baldo Ramos, Anxos Romeo, Enma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Marta Dacosta, Modesto Fraga, Luz Campello…A música correu a cargo do alumnado de música do instituto que interpretaron varios poemas de Díaz Castro compostos pola súa profesora Sandra Tenreiro: Vísperas, Noite no mundo, Coma unha espada, demais dun tema , Hei guiarte escrito e composto por Sabela Salgueiro, alumna de cuarto de ESO e L.O.N.X.E escrito e composto po Sandra.  E tan ben o fixeron que o ceo non foi quen de deixar caer a súa carga. Menos mal.



Nuns días podermos ver un vídeo con algúns momentos da celebración




lunes, 11 de mayo de 2015

Propostas das lectoras

TÍTULO: Chamábase Luís
AUTORA: Marina Mayoral
Luís é un home de trinta anos, fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten catro irmáns dos que un morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada de él, e dous fillos, Xoaquín e Mónica, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa drogodependecia. Vive do que arrepaña no alleo, e da súa nai Rosa, xa que non ten ningún de traballo nen ocupación ningunha.
Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación. Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado.
É un libro que pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da sida. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos víctimas dun dos maiores dramas do noso tempo.
Xeralmente recoméndollo a todos porque, aínda que sexades aventureiros ou fantásticos, trata moi ben a vida real de moitas persoas que “perden a vida sen matarse” e que nunn futuro, sobre todo as persoas que xa comezaron agora e que non deberían, pódenos axudar a previrnos do tabaco e por suposto das drogas.


Noemí Miraz Vázquez de 2º ESO

jueves, 7 de mayo de 2015

COMPARTINDO CONTOS 2015

A LECTURA FAINOS FORTES
  

Un ano máis acudimos a nosa cita cos pequenos dos coles no día do Libro. Cen alumnos e alumnas de 1º, 2º, e 3º de ESO aprestáronse a compartir emocións, aventuras, sonos, saberes, en definitiva, lectura, cos máis pequenos dos colexios de Lagostelle, Parga e a Castellana. Este ano introducimos algunhas novidades.
alumnado de terceiro preparou coa súa profesora de música uns contos musicados que fixeron as delicias de grandes e pequenos. (Podedes velos no segundo Vídeo) Pola súa banda no colexio propuxéronos facer unha sólida homenaxe á lectura e aos contos. Se algunhas das formas de escritura máis antigas fixéronse sobre pedra que mellor que a pedra para deixar memoria deste día dedicado a compartir letras e lecturas. Así os pequenos prepararon as súas pedras cheas de cores a debuxos para deixar plasmada unha das moitas cousas que nos aporta a lectura “A lectura fainos fortes” Nos pola nosa banda correspondemos a esta iniciativa deixando gravado en pedra as sensacións que nos deixou esta experiencia sobre un enorme corazón.


A cousa no quedou aí. Levámonos as pedras dos pequenos ao noso centro e as depositamos arredor dunha árbore, que dende hoxe será a nosa árbore da lectura; a nosa árbore de todos os sonos, aventuras, sentimentos, coñecementos que nos dan os libros … Sólidos e fortes como a pedra e pero vivos como unha árbore, medrando con nos sen presa e sen pausa, como unha árbore chea de ramas e follas novas cada ano.