PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 23 de junio de 2015

FIN DE TEMPORADA

Todos os anos rematamos o curso cun pequeno festival organizado pola biblioteca onde se reparten o diferentes (este ano moitos) premios de concurso organizados pola biblio e outros departamento, onde hai un tempo para recordar algunhas das actividades que fixemos durante o curso con imaxes (pincha aquí se queres velas) e onde tamén hai tempo para algunha actuación. Este ano os profes deron a nota e... non os resistimos a poñer o vídeo. En todo caso ben vale como mostra dun ambiente de traballo do que estamos satisfeitos. Ata o ano que ven.


miércoles, 3 de junio de 2015

CONCURSO NOVOS TALENTOS






 O venres 22 entregáronse en Baiona os premios do “VII Concurso Coca-Cola Novos Talentos. Premio de Relato Curto”, convocado conxuntamente por Coca-Cola, Iberian Partners e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Alí estivo Antía Sánchez de 2º de ESO B acompañada polos seus pais e a profesora María Miragaya. Concéderonse tres premios por cada un dos sete sectores recollidos nas bases  (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra) e PRIMEIRO premio de Lugo foi para  Antía de 2. A alegría foi grande, pois maila que xa era seguro que adara un premio non sabíamos cal.  PARABÉNS!!  e continua escribindo. Parece que na primeira fase tiveron que facer un relato curto que tiña como palabra inspiradora “luz” e claro, Antía de “esa lus” algo sabe, ou non?