PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

lunes, 26 de octubre de 2015

Concerto de A lus do mundo

Concerto de A lus do mundo
O pasado 20 de outubro os alumnos mais veteranos da aula de música; “A Lus do Mundo”, interpretaban varias pezas no centro cultural “Casa Habanera” en Guitiriz apertura dos actos de inauguración da programación cultural da UNED para o curso 2015/16.

Os alumnos de música de 1º de Bacharelato, traballaron duro neste primeiro mes de curso, para presentar o seu programa para estes actos, no que mesturamos a poesía de X.M Díaz Castro coa música da súa profesora Sandra Tenreiro e o máis relevante o tema “HEI GUIARTE” un tema composto pola alumna de música Sabela Salgueiro que foi arranxado instrumentalmente e interpretado xunto cos seus compañeiros de aula.


Pronto saberemos máis destes rapaces que intentarán levar fora do centro o seu proxecto de aula “MUSIKÉ” no que traballaron o pasado curso e do que foi froito a posta en escena da obra “ A noite é necesaria” dirixida por Sandra Tenreiro , unha nova maneira de achegar a poesía a xente nova que esperamos dar a coñecer pronto. Para non perder. Deixamos unha foto para ir abrindo boca.


viernes, 23 de octubre de 2015

Artesanía da madeira

O pasado mércores, 21 de outubro, estivo no centro o artesán Vicente Ledo, representante da asociación de Obradoiros artesáns da Terra Cha. Trátase dun colectivo implicado na pervivencia do noso patrimonio cultural e artístico, que pretende, através de visitas aos centros educativos, fomentar o interese dos rapaces no traballo e na producción dunh artesanía propria e sostible para a comarca chairega

Ao longo da mañá todos os grupos do instituto poideron asistir a unha demostración do seu traballo co torno de madeira. Vicente ademáis explicou moitas cousas sobre o traballo da madeira e respostou a todas as dúvidas dos rapaces