PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

sábado, 21 de mayo de 2016

DESPEDIDA PROMOCIÓN 2016

Onte despedimos unha nova promoción de 2º de BAC. Xa o pasado venres 13 os seus compañeiros encargáronse de brindarlles un pequeno homenaxe cheo de emocións e algunhas lágrimas. Onte xunto, coas súas familias e os seus profesores celebraron a súa graduación. Para a nos marcha unha promoción especial, pois moitos deles colaboraron moito con con esta biblioteca: nas labores de préstamo, en toda canta actividade realizamos e sobre todo leron, leron moito. Así queremos brindarlles tamen noso pequeno homenaxe con estas imaxes.

Se queredes ver máis fotos da graduación e da despedida dos compañeiros premer aquí

jueves, 12 de mayo de 2016

CARREIRA SOLIDARIA

            O día 3 de maio realizouse unha carreira solidaria para as comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro ambos centros educativos de Guitiriz, organizada polos departamentos de Educación Física e Orientación Educativa dos distintos centros, ademáis de contar coa colaboración de profesorado, encargado de actividades extraescolares e complementarias e das bibliotecas escolares dos tres centros que aportaron un lote de libros para sortear entre os participantes
            Os cartos recaudados foron destinados ao “Plan de emerxencia social”, consistente en axudar a familias de recursos limitados do Concello de Guitiriz, no aluguer de vivenda, calefacción, alimentos frescos, …

            A asistencia foi nomerosa e a xornada transcurriu nun ambente festivo e de convivencia entre o pequenos, maiores e profesorado. Houbo medallas para o tres primeiros clasificados en cada categoría, masculina e feminina,  tamén regalouse material deportivo e libros entre os participantes das distintas categorias.


Para ver máis fotos pincha aquí

lunes, 9 de mayo de 2016

PINGAS DE AUGA.

Unha curtametraxe que nace na aula de música.

"Pingas de Auga" é o título da curtametraxe  creada na aula de música de 2º da ESO, dirixida pola súa profesora Sandra Tenreiro. Un proxecto didáctico audiovisual para facer fronte ao acoso escolar. O alumnado de música púxose na pel dun alumno que estivese nesta situación e expuxo as súas ideas, ademais inspiráronse para crear na percusión un tema musical que reflectise o sentimento de medo e inseguridade dun rapaz nesta situación...e conseguírono. O tema musical principal da curtametraxe chamado tamén "PINGAS DE AUGA" composto por Sandra Tenreiro, fala do paralelismo entre a sensibilidade dunha pinga de auga e a fraxilidade dun alumno ante determinadas situacións.
O tema principal da súa banda sonora, describe a similitude entre un rapaz e unha pinga de auga:

"Pingas de auga, reflectindo a luz do sol, esvarando nun cristal. Pingas de auga, diferentes pero iguais, coa súa forma peculiar. Un diamante de cristal, liquido buscando un río onde medrar, e o vapor, cara a nube"

lunes, 2 de mayo de 2016

COMPARTINDO CONTOS 2016


Como todos os ano non faltamos a nosa cita cos contos para celebrar o día do libro. O pasado mércores 27 presentámonos de novo nos colexios de Lagostelle, Parga e Gutitirz para compartir un ratiño de lectura e diversión cos máis pequenos. Na actividade participaron uns 100 alumnos e alumnas do instituto (todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO) e o alumnado  de infantil e primeiros cursos de primaria dos tres colexios. Limos con e para os pequenos na biblioteca, nos corredores, nas aulas, sentados, tirados polo chan... calquera sitio para compartir un conto.

Ademais o noso alumnado de 3º de ESO preparou coa súa profesora de música Sandra Tenreiro oito contos musicados que interpretaron con soltura e gracia diante dos pequenos dos diferentes coles que os seguiron con moita atención e, nalgún momento, entusiasmo. Acabamos a xornada pintando o patio do cole con ideas, imaxes o calquera cousa inspirada, supoñemos, polos conto. Compartindo lecturas, pinturas e xogos cos mais pequenos.  
Se quere ver máis fotos pincha aquí