PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 29 de noviembre de 2016

ILUSTRÍSIMA
Carlos Casares
 
A comezos do século XX, durante o mandato de Canalejas en plena restauración borbónica, nunha cidade pequena, chega por primeira vez o cinematógrafo. A parte máis conservadora da vila e máis o clero están totalmente en contra do cine porque pensan que é un invento do diaño cuxo único fin é alterar a decencia da cidade, e polo tanto, ten que ser prohibido. Pero no medio de todo o clero atópase un home, Fernando Fanego que é bispo e ao que todos se refiren como Ilustrísima, que é máis comprensivo e bondadoso que os que o rodean, a pesar de cumprir co estereotipo de cura ao que lle gustaba a bebida e a comida.

Esta confrontación interna dábase tamén en certa medida no resto da sociedade, acusando o seu actual goberno como anticlerical ou liberal polos xornais “La Verdad” e “El liberal” respectivamente, estes eran leídos polo bispo a diario xa que a el gustáballe ter opinión propia, por iso, para valorar se o cinematógrafo era bo ou malo tivo que ir ver de que se trataba, alí, despois dunha anécdota curiosa sobre unha proxección dunha locomotora que alterou ao público, Ilustrísima decatouse de que non era malo, senón que podía servir incluso como forma didáctica.

Pese a iso, o xornal máis conservador publica un comunicado escrito teoricamente polo bispo, onde se condena o cinematógrafo, el, ao enterarse, intenta comunicar no mesmo xornal a súa inocencia, pero ten que recorrer a “La Verdad”, aínda que ningún dos seus intentos de remendo funcionan pois o cine acaba por ser queimado.

Recomendo bastante esta lectura sobre todo aos alumnos de 2ºBAC xa que o contexto histórico axuda moito a situarse nunha sociedade amplamente divida en dous bandos, tamén axuda a reflexionar e creas unha relación de empatía co protagonista que está angustiado por toda a presión que implica levar a contraria á maior parte da Igrexa.


Sabela Salgueiro García
Os vellos non deben de namorarse
Castelao

Esta obra de Castelao cóntanos tres historias de tres vellos que están namorados de cadansúa rapaza, pero dáse a coincidencia de que estas rapazas son moito máis novas que eles.
Estes vellos son bastante ricos, polo que as rapazas intentan aproveitarse da situación.
No primeiro caso, o namorado é o boticario que esta tolo por Lela, no segundo lance é Don Ramón o namorado, e rapaza, Michaela, acaba facéndose coa súa herdanza. Por último, na derradeira historia é Pimpinela, influenciada polos seus pais, quen se aproveita de Fuco.
Todas as historias acaban coa morte dos vellos, dando Castelao a entender que os vellos non deben de namorase pois esas historias sempre acaban mal.
Considero que nesta obra, o autor fixo unha crítica social e ao mesmo tempo unha advertencia ou consello, pois na súa época estes  casos repetíanse con frecuencia.
Recomendo moito este libro porque non é para nada difícil de entender e pódese ver perfectamente o estilo e a característica retranca de Castelao.


Sabela Salgueiro García 2ºBAC

viernes, 25 de noviembre de 2016

ASTRONOMÍA

Ao longo deste curso, comezando o 20 de novembro, todos estaremos pendentes do ceo, nunha liña de traballo multidisciplinaria e colaborativa. Moitas serán as sorpresas que nos agardan: para comezar unha observación das Constelacións desde a ventá da nosa propia casa, trasladada á entrada do Instituto e a este taboleiro web. Pero, como anunciamos: música, arte, matemática, historia, filosofía, física, xeoloxía... encontrarán o fío polo que engancharnos ao estudo das estrelas, os ceos, e as súas propiedades físicas.
Terás novas no espazo físico e virtual do IES, non perdas nada!

Dende a biblioteca poñemos a vosa disposición unha selección de libros e de páxinas WEB

Se queres saber que libros temos na biblioteca sobre astronomía preme aquí

PÁXINAS WEB

ASTRONOMÍA: PARA COÑECER AS ESTRELAS


HISTORIA DA ASTRONOMÍA


martes, 22 de noviembre de 2016

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Título: As rulas de Bakunin
Autor: Antón Riveiro Coello
Editorial: Galaxia (6ª edición-2010)


“As rulas de Bakunin” é unha obra que recolle a esencia do momento sociopolítico vivido pola sociedade galega durante o século XX a través da traxectoria vital do seu protagonista, Camilo Sabio. Dende neno, Camilo foi un rapaz interesado polo mundo político e concienciado na loita polos dereitos do pobo; o seu principal modelo a seguir, o seu avó, é a referencia do que foi marchar ao exilio para tantos galegos e dun home comprometido coa causa de mellorar os dereitos e libedades dos seus semellantes. El, e máis tarde o seu neto, formarán parte desa poboación galega que buscou en Sudamérica a alternativa a unha vida chea de miserias e inxustizas sociais. Estevo Doldán, que así se chamaba seu avó, foi expulsado de Arxentina pola Lei de Residencia que lle impedía permanecer alí. Pese a isto, tivo o privilexio de gozar dunha educación libre en Bos Aires, o que lle permitiría ao seu neto poder ter unha formación cultural privilexiada con respecto ao que se ensinaba nas escolas da época.
Coa súa volta, o avó Estevo e a súa muller Cristal (personaxe que representa o rol de muller avanzada para o seu tempo: fumaba públicamente, non pisaba a Igrexa...) decidiron levar unha vida independente dos tradicionalismos sociais que desvelou aos seus veciños o seu pensamento anarquista e ateo, inaceptable para a maioría; por esta conduta, tras a ditadura de Primo de Rivera serían acusados de revolucionarios polo sacerdote do pobo.
Para Camilo, a continua loita interior dos seus avós (para el a actitude da súa avoa é unha protesta cara os prexuízos sociais tradicionais e parécelle un acto de valentía digno de admirar) suponlle unha infancia aberta a ese mundo revolucionario e antisistema que eles lle amosan; herda o mesmo compromiso co ideal libertario e o progreso do seu avó e as súas ansias de formar parte da resistencia dos montes galegos durante a Guerra Civil custaranlle o ingreso no cárcere e posterior exilio en Uruguay.
Trátase dunha obra chea de reflexións acerca da ideoloxía anarquista do protagonista e de alusións ao momento histórico no que se desenvolve a acción. Considéroa apropiada e moi recomendable para todos os públicos; mostra unha realidade que os nosos pais, avós e bisavós viviron e unhas vivencias que os rapaces de hoxe vemos moi afastadas e sen ningunha repercusión nas nosas vidas, sen saber que o ocorrido hai cincuenta anos explica o por que do funcionamento actual da sociedade e as razóns polas que hoxe podemos considerarnos un país democrático.

Gracias a obras como esta temos a oportunidade de coñecer dende un punto de vista máis próximo e ameno os feitos políticos aos que alude constantemente e que tanto condicionaron a vida da sociedade española durante o século XX. Tendo un certo coñecemento de causa e referencias tanto da propia familia como doutros medios a comprensión da obra é moito máis sinxela; o autor preséntanos a situación que nos levou á actualidade dende unha perspectiva cercana e íntima, de xeito que os lectores podemos aproximarnos á idiosincrasia dos personaxes e empatizar con eles.

Eva Fernández Paderne 2º BAC

viernes, 18 de noviembre de 2016

MAGOSTO

Parece que vai chegando o frío pero no IES Poeta Díaz Castro sabemos como combatilo: castañas e chocolate quente. Así pasamos o magosto

martes, 15 de noviembre de 2016

PROPOSTAS DAS LECTORAS

O sol do verán
Autor: Carlos Casares

Neste libro Helena, a protagonista, ten que ir a cidade, a casa de seus pais, dicirlles que Carlos, o seu amigo da infancia, se suicidou na casa de Beiro.Así que o seu home Arturo acompañaa, mentras el conduce, ela pensa en todos os veráns que vivira con Carlos.Cando eran pequenos e xogaban no “wigwan”, unha caseta construída por eles mesmos, ou cando Carlos matara unha serpe e lla levara ao cura coma se fose un trofeo.Tamén recorda que unha vez se foran na moto do seu amigo e non volveran ata que era noite e Carmela, a nai de Helena, estaba tan preocupada porque pensara que lles pasara algo que lles prohibira montar naquel vehículo no que quedaba de verán.
Cando seus pais reciben a noticia póñense moi tristes e van a Beiro para facerlle o enterro.
Despois desta traxedia Helena non quere volver ver a a luz do sol porque lle recorda a todos os veráns felices.


A min esta novela gústoume, aínda que me parece un pouco triste porque Carlos se suicida e non lle importa o que van sufrir os seus amigos e familiares.

Mónica Filgueiras 4º ESO

jueves, 10 de noviembre de 2016

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Título: No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas
Autor: Laura Norton

En verdad lo que me llamó la atención de este libro fue el título (como a la mayoría de personas), por eso decidí leerlo y me encantó.
Es un libro muy entretenido y fácil de leer, hace que te metas en la historia y quieras saber más de lo ocurrido. Se lee rápido y te ríes mucho, es perfecto para desconectar. Si queréis pasar un buen rato, leedlo, os divertiréis mucho, sin duda os lo recomiendo.



Uxía López García, 3º ESO

miércoles, 9 de noviembre de 2016

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: "LOVE YOU"
AUTORA: Estelle Maskame


Love You es una novela cuya portada no me llamó mucho la atención pero, si después de leerla, la tuviera que describir en una palabra sería adictiva, muy adictiva. Diré que me ha sorprendido gratamente, mucho. Es intrigante, y si algo ha hecho bien la escritora es mantenerme en vilo la intriga hasta el final.

Eden tiene dieciséis años y no soporta a su padre aunque decide irse a vivir unas semanas con él a Los Ángeles. Allí estará acompaña por su madrastra y sus 3 hermanastros entre los que destacaremos a Tyler. Eden es una chica muy real y Tyler vive enfadado con el mundo; su vida ha sido difícil e injusta y por ello parece el más gilipollas y el capullo. Aunque finalmente se quita esa coraza y el romance con su hermanastra no acaba aquí.

En definitiva, Love You es una historia  que te atrapa de principio a fin, se lee de golpe y tiene unos personajes muy buenos. Aunque la trama puede no ser la típica en algunos momentos, no importa. Adictiva, intensa y sorprendente.


Ányela Roca Paz 3º ESO-A

lunes, 7 de noviembre de 2016

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: Memorias dun neno labrego
AUTOR: Xosé Neira Vilas
  
Memorias dun neno labrego é un diario no que Balbino relata todo o que lle acontece na súa aldea. A súa familia é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor.  Balbino acostuma a pensar o porque das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, máis é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Só tiña un amigo pero tivo que emigrar a Ámerica ao igual que a súa xente, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só  a vida.

Cando les este libro daste conta do humilde que era a vida deses rapaces e de que non precisamos tantas cousas como temos para estar felices. Tamén te identificas de contado con Balbino xa que é moi próximo a nós e Balbino puideron ser os nosos avós, bisavós xa que esas vivenzas non quedan tan lonxe de nos.


Sabela Salgueiro García 2ºBAC

viernes, 4 de noviembre de 2016

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO:Ilustrísima
AUTOR: Carlos Casares

A historia está ambientada a principios do século XX, seino pola influencia da igrexa no poboación, é sobre todo pola aparición das ideas da Ilustración. O autor neste libro fai unha critica moi sutil a igrexa, e faina simplemente ca aparición dun cinematógrafo nunha vila.

O protagonista do libro é Fernado, un bispo cunhas ideas conservadoras. Este ten varios opositores na igrexa que son   Don Telesforo, que é un cura cunhas ideas máis cerradas que o bispo, e Don Xenaro, que é outro cura que nun principio apoia ao bispo pero que despois se cambia de bando e apoia a Don Telesforo.

A trama transcorre arredor dun cinematógrafo que van instalar na vila, é unha cousa novidosa para o pobo, pero que ao bispo non lle transmite confianza, xa que leu na prensa que noutras vilas houbera problemas con estes. Por iso aproveita a súa influencia para dicirllo aos fieís que o cinematógrafo é un invento que vai en conta da relixión. Non conforme o bispo, decide agocharse tras un abrigo, é facer un recorrido máis longo do común para acudir a estrea do cinematógrafo, sen ser descuberto. Séntase na sala de proxeción e agarda alí ate o seu remate. Sae da sala sorprendido polo que veu, pero a pesar diso decide seguir dicindo que é un invento do demo. A raíz disto entre Don Telesforo e Don Xenaro envían a un xornal, que o bispo lía sempre, unha carta no seu nome dicindo que o cinematógrafo era un gran invento. Isto cabreou moito ao bispo, ata tal punto que, chamou ao redactor do xornal para que lle deixase escribir unha carta conforme el nunca asinara a carta a favor do invento. O redactor non quixo publicarlle a súa carta, polo que o bispo chamou a outro xornal, no cal se publicou a súa carta. A publicación desta carta xerou un grande alboroto na vila.

Tamén no libro vemos outra historia que xira arredor dunha monxa chamada Sor Sabina. Esta era unha seguidora fiel de Don Telesforo. Todo o mundo pensaba que facía milagres por iso a trataban coma se fose unha santa. Pero o bispo non estaba de acordo con isto xa que, o que en realidade lle pasaba a monxa é que tiña alucinacións por non comer. Isto debíase a que seguía os consellos de Don Telesforo o cal lle mandaba gardar xaxún.

O libro gustoume moito a pesar de que ao principio tiven dificultades para comprendelo. Paréceme que o autor fai unha critica a igrexa dunha forma moi sutil e ao mesmo tempo acertada. Penso que che fai ver o cerrada que era a igrexa, aínda que hoxe sega a ser bastante cerrada, e a maneira que tiñan para comerlle o coco a xente.
É un libro que recomendo aos meus compañeiros, e que necesita unha lectura calmada para poder comprender ben o que o autor nos quere transmitir.

                                                                                                                                                   Margarita Vidal Rodríguez 2ºBAC

martes, 1 de noviembre de 2016

SAMAIN

Celebramos o Samaín co tradicional concurso de cabazas e portas. E como non aproveitamos para airear un pouco os fondos da biblioteca cunha chea de libros que mete medo.  Bo momento para se achegar  ao misterio, ao terror da man do cine e dos  libros…
aínda que hai outras cousas que de verdade meten medo e  non  son contos