PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 31 de enero de 2017

PROPOSTAS DAS LECTORAS

TÍTULO: Sin noticias de Gurb
AUTOR: Eduardo Mendoza
Eduardo Mendoza, el autor de esta novela, es el ganador del Premio Cervantes 2016, el máximo galardón de las letras españolas. El Cervantes reconoce la trayectoria de un escritor que con el conjunto de su obra haya contribuido a enriquecer el legado literario hispano. Mendoza (Barcelona, 1943) inició su carrera literaria en 1975, con la publicación de La verdad sobre el caso Savolta, que recibió el Premio de la Crítica.
Sin noticias de Gurb trata de la experiencia vivida por dos extraterrestres en el planeta Tierra. Estos seres tienen la capacidad de transformarse en la persona que deseen.
Gurb, se convierte en Marta Sánchez y su amigo sale en su búsqueda al ver que este no da señales. Pasan los días y el protagonista se instala en un piso en Barcelona y hace vida normal como cualquier ser humano pero lleva una vida un tanto desastrosa ya que Gurb se encarga de ello. Un buen día al protagonista le llega un sobre con una dirección y decide acudir al lugar.
¿A quién vería? ¿Se encontraría con Gurb?
Esta novela tiene la capacidad de engancharte a medida que vas leyendo. Es fácil de leer y contiene un léxico sencillo. Recomiendo su lectura tanto para alumnos de la ESO como para bachillerato.


TANIA CAMPELLO SAA 2º BAC

viernes, 27 de enero de 2017

NIMBOS DE MÚSICA

Aquí tedes un adianto dos nosos “Nimbos de Música” Desfrutade deste poema, “Canto ao idioma galego” de Manuel María gravado polo alumnado de música coa súa profesora Sandra. 
Se queres máis información sobre a gravación preme aquí



lunes, 23 de enero de 2017

SEMANA DA CIENCIA

SEMANA DA CIENCIA: Ano Internacional dos Legumes

Os nosos alumnos de 2º de Bacharelato, 3º da ESO e os de CAAP de 4º,  este ano, durante a semana da ciencia, propóñennos sensibilizar aos seus compañeiros sobre as vantaxes nutricionais dos legumes. Estas actividades permitirannos coñecer como se investiga con estes alimentos e cales son algunhas das súas propiedades. 

Neste vídeo contannos o que pretendían e algunhas cousiñas máis

O fixeron moi ben. Algúns profes teranse que por as pilas

Actualmente os legumes enténdense como  parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria. Algúns dos obxectivos deste Ano son: fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen non comercio de legumes.

Para saber máis sobre os legumes
Vídeo leguminosas: Un viaje alrededor del planeta a través de las legumbres

Portal de ciencia galega: GCIENCIA

Paxina CSIC semana da ciencia

Libro oficial do ano internacional dos legumes: Legumbres, semillas nutritivas para un futuro sostenible. Publicado por la FAO. Treinta recetas de 10 chefs internacionales. Información de todas las variedades de leguminosa. Beneficios para la salud. Importancia cultural en el mundo.    



viernes, 20 de enero de 2017

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Título: Los girasoles ciegos.
Autor: Alberto Méndez.

“Los girasoles ciegos” é unha obra que reúne un total de catro historias enmarcadas entre o ano 1939 e o 1942. Todas elas narran de xeito moi realista catro situacións aparentemente inconexas de personaxes que sufriron en primeira persoa a forte represión da posguerra, aínda que co avance da lectura o lector comeza a relacionar datos que permiten coñecer a estreita relación entre os catro casos.
Este libro paréceme unha obra de gran calidade e maestría en canto á redación e capacidade de expresión de sentimentos e sensacións do autor. É capaz de narrar con luxo de detalles emocións e pensamentos que claramente invadiron a todos os que viviron a guerra, e que dende a actualidade podemos supoñer e intentar comprender (aínda que nunca conseguiremos saber con certeza o que foi vivir aquilo) pero que son moi difíciles de expresar sobre o papel.
Considero que se trata dun libro moi recomendable non só a nivel cultural polo tema que trata da nosa historia como país senón a nivel persoal e interior, polas realidades que pon de manifesto e que, por desgraza, hoxe moitas persoas viven aínda que non o sintamos como unha dor propia porque non nos afecta directamente.
É un libro non moi extenso pero si denso, que recomendo a todo aquel interesado por coñecer un pouco máis sobre a Guerra Civil e sobre a historia do noso país.



                                                          Eva Fernández Paderne – 2º Bacharelato          

sábado, 14 de enero de 2017

"A chave de Bascuas"

Este venres estivo connosco Bruno Pena para presentarnos o seu curtametraxe “A chave de Bascuas” Bruno foi alumnos deste centro e agora acaba de rematar os seus estudios de comunicación audiovisual realizando como proxecto de fin de grao esta curtametraxe. Ademais de ver a curta Bruno explicounos  como se fixo, todo o traballo o que está detrás dun proxecto como este, e contarnos o camiño que o levou ao mundo da produción audiovisual.

Se queres saber máis da “Chave de Bascuas” pincha aquí