Érase un club de lectura dirimindo

Así andamos, super atarefad@s nos recreos para ver de elixir as mellores historias de terror e identidade de Vilalba. Tivemos que establecer orde e concerto porque non collía tanta rapazada que quixo participar como xurado. 

Alumnado xuri correspondente á categoría B (de 15 a 18 anos)

Alumnado xuri correspondente á categoría A (ata 15 anos)

Xa queda pouco para saber quen gañou, e para celebralo tod@s xunt@s na saída á Casa Museo Manuel María. Vaia planazo!

A sección de persoas adultas reuniuse o xoves 11 pola tarde. Comentáronse as obras de lectura que pasaron de man en man dende decembro  (Cartas a Lucilio, de Séneca; A desaparición de Esme Lennox, de Maggie O'Farrell; Emigrantes, de Shaun Tan; Aromas, de Philippe Claudel). Agora andan rodando Irene a porteira, de Xulia Pisón e Óscar Losada,  e, por suposto, os  Microrrelatos de terror e identidade 😍).  

Quedamos de xuntarnos en xuño, e para daquela as propostas son: As alumnas, de Paula Carballeira; Las hijas de la criada, de Sonsoles Ónega; Contármonos, das Comadres das Letras, e La comunidad, de Helene Flood. A discreción, segundo vontade e dispoñibilidade 😆

A maioría de lectores/as desta sección, na última sesión de comentario


Comentarios