Identidade gañadora

As ganas de ler multiplícanse... hai un andazo... empezaron os da FP básica para valorar o mellor microrrelato ambientado no seu taller, fóronlles detrás as da sección de adultas do club de lectura, e en breve comeza o resto de profesorado e alumnado que se candidatou como xuri para esta segunda convocatoria do certame. Non sei que lles dán estes/as de Vilalba...

Sesión de lectura e valoración dos "Microrrelatos de taller"

Pero non só houbo un "Taller de historias"; tamén se promoveu a subsección "Historias de rocho", e outro grupo visitou o faio do centro, onde case quedou pechado na cúpula do telescopio... que por certo non estaba alí... todo un misterio... 😜

Exploración (taller e rocho) para a escrita


Comentarios