OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

O martes 20 de maio presentamos “Os camiños esquencidos” na Coruña, no centro Ágora. O acto foi organizado pola Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro en colaboración coa Biblioteca do Ágora. O acto foi un homenaxe ao poeta do Vilariño no que particioaron uns 500 alumnos e alumnas de varios IES da Coruña, invitados a través das bibliotecas do seus centros: IES Urbano Lugrís, IES monte das moas, IES maximino Romero de lema de baio, IES Elviña, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, Colexio Liceo la Paz




Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e representacións de danza, coa intención de explorar novas perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos xóvenes estudantes de Guitiriz. Foi un traballo de construcción creativa e sobre todo, un esforzo de produción no que se implicou toda a comunidade educativa e para o que o Instituto, recibiu tamén unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Para saber máis detes e outros proxectos relacionados pincha aquí


Ademais da proxección da curtametraxe, durante o acto alumnos dos diferentes centros participantes leron versos do poeta.
Tamén presentaronse tres novas cancións: Esmeralda, Visperas e Remuíños compostas por Sandra Tenreiro e interpretada polos seus alumnos de música do insti.

Por último presentouse o roteiro “Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa “ seleccionado na Convovocatoria de proxectos escolares EducaBarrie 2013-2014 no que está traballando o alumnado e profesorado do IES e que pronto estará a vosa disposición na rede.



Comentarios