Pola Paz
Empeñados como estamos, proclamamos cada día
NON ÁS GUERRAS
Diario íntimo dunha biblioteca activa que se quere dar a coñecer ó mundo
Empeñados como estamos, proclamamos cada día
NON ÁS GUERRAS
Publicado por BIBLO ás 21:07 0 comentarios
Publicado por BIBLO ás 16:12 0 comentarios
O pasado 14 de novembro tivemos a honra de recibir no noso centro a unha das científicas máis importantes da historia do noso país, a matemática María Josefa Wonenburger. Nos días previos, o alumnado do bacharelato e de cuarto da ESO prepararon a visita informándose da vida e da actividade profesional desta gran muller. Durante dúas horas disfrutamos dun agradable coloquio con María que demostrou que, ademais das súas capacidades matemáticas, ten un trato moi cercano e un gran sentido do humor.
Publicado por BIBLO ás 0:07 0 comentarios

A nosa mestra, compañeira e amiga Marica Campo foi nomeada o pasado sábado 10 de novembro Chairega de Honra pola Fundación Manuel María e a Asociación Xermolos. Durante toda a xornada desenvolvéronse actos de recoñecemento no noso instituto. Foi un día cheo de emotividade. Autoridades, escritores, músicos, compañeiros, familia e tod@s amig@s de Marica compartimos un día que non esqueceremos.
A honra é nosa, Marica, por estares cada día tan preto de nós.
Publicado por BIBLO ás 19:25 0 comentarios
![]() ![]() | ![]() ![]() |
Publicado por BIBLO ás 19:23 0 comentarios
Velaí tedes ao Biblo, guiándonos neste video polas distintas seccións e actividades da nosa Biblioteca.
Publicado por BIBLO ás 16:44 1 comentarios
Con motivo do día de San Valentín, celebramos un concurso de poesía amorosa que contou cunha participación aceptable e que se repetirá en vindeiros anos.
Publicado por BIBLO ás 10:15 0 comentarios
Nado no lugar de Vilariño, parroquia de Os Vilares, en 1914. Fillo do escribínte do entón Concello de Trasparga, a familia adicábase á labranza e o neno asistía á escola de As Conchadas onde pronto é consciente do seu gosto pola poesía. Comeza recitando na popular Festa da árbore.
Pronto marcha para o Seminario a continuar estudos. Alí coñecerá entro outros escritores a Aquilino Iglesia Alvariño, “o primeiro aguillón que me estimulou a apreciar o galego e a escribir nesta língoa”, amigo que o anima na súa adicación á poesía. Pronto publicará os primeiros versos adicados á natureza e á temática relixiosa, en galego e castelán, no Progreso Villalbés. Tamén nesta época iníciase na súa outra gran capacidade, o dominio de diferentes línguas, chegaron a ser 14, e a base do seu futuro laboral como traductor. Exerce como mestre de línguas clásicas en Vilagarcía e logo pasa a ser traductor no Instituto de Investigacións Científicas. Nunca abandoará a súa adicación á literatura e a súa contribución á traducción ao castelán de autores premiados co Nobel ou poetas alemáns achegados ao galego, como Rilke.
Empeza a manifestar unha timidez que impide publicar o que escribe, Follas verdes e Follas ao aire son obras que seguen inéditas. Só breves aportacións na revista literaria, Alba, rompen este silenzo. Pero en 1946, aguilloado polos amigos, preséntase ao Premio Xogos Frorais en Betanzos, que gaña. En 1954 Francisco Fernández del Riego publica unha Escolma de poemas galegos que recolle algún dos poemas do noso autor e entusiasma aos lectores. E en 1961 publica o seu primeiro e único poemario NIMBOS, que leva a considerar a Díaz Castro como representante fundamental da literatura galega de posguerra e a este libro como un dos clásicos das nosas letras contemporáneas. Penélope é o poema máis coñecido, musicado e traducido a moitas línguas, aporta a súa definición de Galicia. Como unha espada, recolle o verso que utilizamos con máis ánimo e interese na nosa biblioteca “a beleza feriume para sempre”.
En 1990, Díaz Castro morre en Guitiriz, a onde retorna nos seus últimos anos e recibe o apoio e recoñecemento de escritores como Darío Xoán Cabana, quen o anima a publicar a súa obra Sombras radiantes, obxectivo trucado pola súa desaparición, e onde mantén a amizade de Manuel María.
Hoxe homenaxeamos ao noso escritor co motivo da terceira edición de NIMBOS realizada por Galaxia. E invitámosvos a visitar a exposición que a Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro acolle, grazas ao noso compañeiro Alfonso Blanco, amigo persoal do poeta, divulgador da súa obra e depositario de valiosos documentos e material inédito que pón á nosa disposición. Agradecer tamén ao Equipo de Normalización Lingüística a súa participación.
Publicado por BIBLO ás 22:04 0 comentarios
Publicado por BIBLO ás 20:36 0 comentarios
Ben. Supoñemos que iso é o que vos estades a preguntar: ¿que andivo facendo esta xente neste tempo do que non tivemos noticias? Pois mirade. Varias cousiñas.
Estivemos desenvolvendo un ciclo moi interesante ó que lle puxemos o título de "Historias para contar, xeitos de contar", do que xa algo vos falamos e do que tedes algunhas referencias dalgunha das actividades neste blog.
Se queredes ver cales foron estas actividades, botade unha ollada ó programa...
Publicado por BIBLO ás 19:54 0 comentarios
Publicado por BIBLO ás 10:37 0 comentarios
¿Como se fai unha película? ¿Como evoluciona o cine dende o Super8 ata o DVD?
Dun xeito divertido, espectacular e sumamente didáctico, os mozos de LILIFILMS responderon a estas cuestións o pasado xoves día 1 de febreiro.
¿Queredes velo?
Publicado por BIBLO ás 11:13 0 comentarios
O pasado xoves, día 1 de febreiro tivemos a honra de recibir a visita do debullante Xaquín Marín falándonos sobre o mundo da ilustración. Mesmo nos ensinou algunhas técnicas para ilustrar. E, aínda máis, donounos algúns exemplares dos seus libros e cinco debuxos orixinais que, convenientemente aderezados, ocuparán un lugar de honra na nosa biblioteca.
Aquí tedes tres deses debuxos...
Publicado por BIBLO ás 11:01 0 comentarios
Pois si. Estamos de obras. E por iso tivemos que suspender os servicios que habitualmente prestamos: préstamo, devolucións, visitas guiadas, formación de usuarios, exposicións, música no "hall" do centro...
En fin. Que como tódalas obras, sabemos cando comenzamos, pero non cando rematamos... aínda que esperamos que sexa o máis pronto posible.
E todo isto, diredes vos, ¿para que?
Non "¿para que?", dicimos nós, senón ¿PARA QUEN? Para vós.
Votade unha ollada ó que estamos facendo, a ver que vos parece... Poderedes comparar o estado actual da nosa biblioteca co seu estado anterior. E poderedes comprobar tamén que sacamos os libros do espazo habitual da biblioteca e os repartimos polos corredores, achegándoos deste xeito ós usuarios habituais.
Saúdos
Publicado por BIBLO ás 23:53 1 comentarios
Estas son algunhas das novidades que podes atopar na nosa biblioteca
Temos o último Premio PLANETA do autor Álvaro Pombo, La fortuna de Matilda Turpin
Tamén temos o Premio Merlin 2006 do autor Austín Agra, O tesouro da lagoa de Reid'ls
Tamén as novidades de nova galicia "Saber para vivir"
Ademáis temos o libro Os libros arden mal do autor Manuel Rivas
Publicado por BIBLO ás 9:55 0 comentarios
Publicado por BIBLO ás 10:39 0 comentarios
Publicado por BIBLO ás 8:44 0 comentarios
Estivemos nos I Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. Proximamente teredes oportunidade de ver as fotos do "evento" no noso Álbume de Fotos da Biblioteca.
Publicado por BIBLO ás 23:32 0 comentarios
Publicado por BIBLO ás 23:05 0 comentarios