PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

sábado, 30 de mayo de 2020

DIARIO DE ALERTA XI


E que ocorre cando á maxia de certos espazos se lle engade o tempo, invadíndoo todo e reclamando tamén ser protagonista
Pois que xorden relatos tan intensos e cheos de feitizo coma estes:



Atlântico do Norte, Bernardo Nascimento

The Neverending Story, Wolfgang Petersen



El laberindo del fauno, Guillermo del Toro

De profundis, Miguelanxo Prado




sábado, 23 de mayo de 2020

DIARIO DE ALERTA X

Seguimos coas historias onde o protagonismo dos espazos fainos condicionantes absolutos da acción; lonxe de seren un simple escenario onde ocorren os feitos, determinan o que ocorre e a maneira en que o resto das personaxes interactúan entre si:


Los otros, Alejandro Amenábar

Capitães da areia, Jorge Amado


Nestes tempos que andamos co bozo, igual é bo botar unha ollada e lembrar que non hai tanto 
nas costas galegas as caras cubertas tamén 
formaron parte do día a día de moitas persoas...


The towering inferno, John Guillermin

Journal filmé d'un exil, Magali Magne




viernes, 22 de mayo de 2020

MENSAXES RÍTMICAS Motivación e ánimo ao ritmo das nosas mans


MENSAXES RÍTMICAS
MOTIVACIÓN E ÁNIMO AO RITMO DAS NOSAS MANS.


A un mes da celebración do DÍA MUNDIAL DA MÚSICA, o alumnado  do I.E.S Poeta Díaz Castro, lanza unha mensaxe urxente a golpe de compás de catro por catro, cun tema esencialmente rítmico: "As apertas volverán".






Traballando  desde as súas casas, desde a aula de música virtual,  envían o impulso e forza aos seus compañeiros, familiares e amigos, falando da importancia de traballar en equipo, de seguir as mesmas pautas e ritmo para vencer os momentos difíciles que estamos a vivir.O traballo rítmico coas súas mans, realízase sobre a melodía dun coñecido tema
da artista Adele, "Rolling in the deep".


Agardamos que esa forza coa que marcan o ritmo coas súas mans, envíe unha carga de enerxía positiva. 

E como ben contan nesta creación; "CANDO MENOS contes, AS APERTAS VOLVERÁN".





sábado, 16 de mayo de 2020

DIARIO DE ALERTA IX

E ben, as persoas levamos dende a noite dos tempos enfrontándonos a espazos diversos, ás veces adversos, e a momentos históricos de incertidume. Os riscos que conlevan estas situacións supoñen moitas veces o xerme de relatos insólitos, coma as que vos traemos desta volta:

Casa tomada, Julio Cortázar

1984, George Orwell
O velho e o mar, Ernest Hemingway

O lapis do carpinteiro, na versión cinematográfica dirixida Antón Reixa, pero, quen era o autor na novela na que se baseou esta película?


viernes, 15 de mayo de 2020

Cuestións Metafísicas con Carballo Calero



CUESTIÓNS METAFÍSICAS CON CARBALLO CALERO.

ACONTECEU NUNHA AULA DE MÚSICA VIRTUAL DURANTE
 O ESTADO DE ALARMA

A poesía intelectual de Carballo Calero de carácter metafísico, preocupada máis polo pensamento que polo sentimento, fío condutor do traballo audiovisual do alumnado de Música neste período de confinamento. Con este traballo convidámosvos a todos a unha reflexión sobre o tempo que estamos a vivir. 


Algunhas das alumnas de Linguaxe e Práctica Musical participantes.

Na aula de música do IES Poeta Díaz Castro, creabamos nas pasadas semanas de encerro  nas nosas casas, un novo escenario  no que deixar gravados os traballos xa iniciados a finais do segundo trimestre na materia de música. As fotos realizadas polo alumnado de 1º de Bacharelato para este fin, deron lugar, a unha curiosa exposición visual e poética,  reflexións inesperadas nestes tempos de confinamento.
A música que acompaña este traballo é do noso veciño de Cospeito, o músico Germán Díaz, que aporta coa súa obra Nimboestrato (Método Cardiofónico) o carácter que precisabamos para este traballo intelectual, de pensamento e cuestións humanas.Germán Díaz xa estivera hai tres anos no noso centro, para poñer o peche final a exposición do alumnado de música. " El sueño de la grabación sonora" , na que se investigou sobre os instrumentos mecánicos na historia.


sábado, 9 de mayo de 2020

DIARIO DE ALERTA VIII


Benvid@s unha semana máis a este espazo de referencias e investigación.
Agora que percorremos de novo as rúas e os carreiros, imos aproveitar para abrir tamén a nosa ollada ao mundo con estas grandes historias. Algunhas delas demostran que hai encerros que van moito máis aló do aspecto físico, virando xa cara ao psicolóxico e ideolóxico.

  Relatos en potencia, Sabela Núñez Singala
        The great escape
John Sturges

   Le comte de Montecristo,         Aexandre Dumas

Antonio Scurati

Luis Buñuel

Pois ben, a adiviña desta semana é dobre: quen é o autor deste cadro? 
E para que obra das propostas esta semana foi unha referencia esta pintura?




viernes, 1 de mayo de 2020

DIARIO DE ALERTA VII

A piques xa de ir saíndo aos poucos, segundo nos deixen, é un bo momento para abordar unha cuestión importante en situacións de encerro total ou parcial: a convivencia.
Non é o mesmo partillar o tempo e o espazo limitado cunhas persoas que con outras... sexan da familia, da vcciñanza ou descoñecid@s. Aquí quedan algúns exemplos disto que falamos. Esperamos que vos gusten.

La casa de Bernarda Alba, F. García Lorca

Un peu, beaucoup, aveuglément!, Clovis Cornillac

Neighbours, Lídia Momplé

Os nenos da varíola, María Solar.
Coñeces a figura de Isabel Zendal? E a película 22 ángeles?

     Adiviña a película á que se refire esta imaxe

Como vedes, desta volta tedes que pescudar un pouco...  ;-)