Entradas

Mostrando entradas de enero, 2017

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO: Sin noticias de Gurb AUTOR: Eduardo Mendoza Eduardo Mendoza, el autor de esta novela, es el ganador del Premio Cervantes 2016, el máximo galardón de las letras españolas. El Cervantes reconoce la trayectoria de un escritor que con el conjunto de su obra haya contribuido a enriquecer el legado literario hispano. Mendoza (Barcelona, 1943) inició su carrera literaria en 1975, con la publicación de La verdad sobre el caso Savolta , que recibió el Premio de la Crítica. Sin noticias de Gurb trata de la experiencia vivida por dos extraterrestres en el planeta Tierra. Estos seres tienen la capacidad de transformarse en la persona que deseen. Gurb, se convierte en Marta Sánchez y su amigo sale en su búsqueda al ver que este no da señales. Pasan los días y el protagonista se instala en un piso en Barcelona y hace vida normal como cualquier ser humano pero lleva una vida un tanto desastrosa ya que Gurb se encarga de ello. Un buen día al protagonista le llega un sobre con una di

NIMBOS DE MÚSICA

Imagen
Aquí tedes un adianto dos nosos “Nimbos de Música” Desfrutade deste poema, “Canto ao idioma galego” de Manuel María gravado polo alumnado de música coa súa profesora Sandra.  Se queres máis información sobre a gravación preme aquí

SEMANA DA CIENCIA

Imagen
SEMANA DA CIENCIA: Ano Internacional dos Legumes Os nosos alumnos de 2º de Bacharelato, 3º da ESO e os de CAAP de 4º,  este ano, durante a semana da ciencia, propóñennos sensibilizar aos seus compañeiros sobre as vantaxes nutricionais dos legumes. Estas actividades permitirannos coñecer como se investiga con estes alimentos e cales son algunhas das súas propiedades.   Neste vídeo contannos o que pretendían e algunhas cousiñas máis O fixeron moi ben. Algúns profes teranse que por as pilas Actualmente os legumes enténdense como  parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria. Algúns dos obxectivos deste Ano son: fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen non comercio de legumes. Para saber máis sobre os leg

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
Título: Los girasoles ciegos. Autor: Alberto Méndez. “Los girasoles ciegos” é unha obra que reúne un total de catro historias enmarcadas entre o ano 1939 e o 1942. Todas elas narran de xeito moi realista catro situacións aparentemente inconexas de personaxes que sufriron en primeira persoa a forte represión da posguerra, aínda que co avance da lectura o lector comeza a relacionar datos que permiten coñecer a estreita relación entre os catro casos. Este libro paréceme unha obra de gran calidade e maestría en canto á redación e capacidade de expresión de sentimentos e sensacións do autor. É capaz de narrar con luxo de detalles emocións e pensamentos que claramente invadiron a todos os que viviron a guerra, e que dende a actualidade podemos supoñer e intentar comprender (aínda que nunca conseguiremos saber con certeza o que foi vivir aquilo) pero que son moi difíciles de expresar sobre o papel. Considero que se trata dun libro moi recomendable non só a nivel cultural polo tema

"A chave de Bascuas"

Imagen
Este venres estivo connosco Bruno Pena para presentarnos o seu curtametraxe “A chave de Bascuas” Bruno foi alumnos deste centro e agora acaba de rematar os seus estudios de comunicación audiovisual realizando como proxecto de fin de grao esta curtametraxe. Ademais de ver a curta Bruno explicounos  como se fixo, todo o traballo o que está detrás dun proxecto como este, e contarnos o camiño que o levou ao mundo da produción audiovisual. Se queres saber máis da “Chave de Bascuas” pincha aquí