Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010
Imagen
Iago Quijada 2º BAC Leo para entreterme e pasar un bo rato olvidándome do resto das cousas por un tempo. Recomendo: Dune Noemi Vázquez 2º BAC Leo para poder descubrir, imaxinar, aprender...Para poder reflexionar, para poder coñecer máis expresións e comentarios interesantes que despois poida utilizar no día a día. "El Palacio de la media noche" de Carlos Ruíz Zafón. Aconsello este libro porque da pé a imaxinar lugares e situacións que normalmente non se viven e ao mesmo tempo creache unha situacióon de intriga constante. Alba Rodríguez 2º BAC Eu leo porque me gusta coñecer novas historias, pasar un rato entretido e aprender novo vocabulario pero sobre todo por obligación, xa que obligan no instituto. Recomendo ler o libro " El niño con el pijama de rayas " de John Boyne Alicia  Gayoso 2º BAC Leo cando non quero que ninguén me moleste, e cando necesito desconectar da miña vida e deixar de pensar nos problemas, porque lendo céntrome na historia e en imax

PARA QUE LES?

Imagen
Juan Pereira Valiño Eu leo cando non teño nada que facer, e me aburro moito. O libro que mais me gustou foi “La formula preferida del profesor”, gustoume moito porque viña o resumo en internet. Brais Veres Cordeiro Eu leo porque aínda que non me gusta nada paso o tempo, aprendo moitas cousas e despois teño mais facilidade para escribir. O libro que mais me gustou foi "El asesinato del profesor de matemáticas" porque foi moi entretido e divertinme moito léndoo, por iso vos animo a que o leades . Rubén López Sangiao Eu leo porque nos obrigan os profesores e porque tamén me gusta ler un pouco. O que máis me gusta ler son periódicos relacionados cos deportes como Sport, Marca... Dos libros que eu levo lido ata hoxe o que máis me gustou e que recomendaría foi "Colmillo Blanco", que trataba sobre a vida dun cachorro de lobo pequeno que desde pequeno foi maltratado polas persoas durante a maior parte da súa vida. Javier Tome Eu leo para aprovar os exames de lectura

Novidades tecnolóxicas

PARA QUE LES?

Imagen
Rocio 4ºB Leo porque me gusta. Para min ler é unha forma divertida de pasar o tempo. Recomendo ler " El Código da Vinci " porque e moi entretido. Marta Uriz 4ºB Leo porque me gusta. Divírteme coñecer historias novas e pásoo moi ben lendo. Recomendo ler " Anxos en tempo de chuvia ", de Miguel Vazquez Freire, porque me gusta moito a historia que conta, que pode ser real. David 4ºB Eu leo porque nos obrigan os profesores aínda que a min non me gusta moito. Só me gusta ler periódicos, sobre todo deportivos, xa que traen información que me interesa. Eu recomendo o seguinte libro: DRÁCULA, xa que ten unha historia moi entretida, o que pasa e que é bastante longo. Rubén Tomé 4º B Eu leo porque me aburro moito na casa e non teño nada máis interesante que facer, tamén leo porque me obrigan os profesores, sobre todo o de matemáticas. O libro que máis me gustou dos que hai na biblioteca son as revistas marca motor, porque dan información detallada das marc

PARA QUE LES?

Imagen
Eu leo de vez en cando e ainda asi non me gusta moito. O libro que mas me gusta e “O neno co pixama de raias” porque e moi entrañabel e interesante. Daniel Oliveira 4ºA Eu leo de vez en cando ainda que non me gusta moito. Leo periódicos deportivos, revistas de coches e libros. O libro que máis me gustou foi “Marina”, e un libro entretido recomendo que o leades. I . Corral 4ºA A miña actividade preferida non é ler, pero paréceme unha actividade bastante entretida cando te das sumido de verdade no que é a historia que se relata no libro. Non experimento esa sensación cos libros que nos mandan, e se a sinto, é con poucos libros. De todos modos, paréceme unha boa forma de estimular e entrenar a mente e a capacidade de rapidez lectora e experimentar novas sensacións. Mónica García 4º A

PARA QUE LES?

Imagen
Leo porque me obrigan os profesores pero tamén porque me aconsellan algún libro destes que nos gustan ós adolescentes. Recomendo "A tres metros sobre el cielo" sobre todo ás rapazas porque é máis ou menos a mítica historia que nos pasa cos rapaces a estas idades. Aly 4º A Leo para aprender cousas.Ainda que ao principio me costa poñerme, despois gústame moito a historia! Recomendo " El diario rojo de Flanagan " porque a historia é moi interesante e ademais aprendes moitas cousas. La ra 4ºA

PARA QUE LES?

Imagen
Nós leemos porque a lectura é unha forma de evadirse do mundo sen necesidade da tecnoloxía e porque lendo podes imaxinar distintos mundos, distintas persoas ou distintos escenarios nas mismas letras. Lendo pode cambiar a túa percepción sobre algunhas cousas da vida cotiá e tamén as túas ideas, ademais de que lendo aprendemos a escribir mellor e sen faltas de ortografía, e noso vocabulario é máis rico.  Nós recomendamos " Diario de Ana Frank" , porque é un libro co que aprendes moito do pasado e chegas as mesmas sensacións que a rapaza. Tamén recomendamos " A tres metros sobre el cielo " e "Tengo ganas de ti", xa que na nosa opinióm representa moi ben a vida dos rapaces coma nós e os nosos sentimentos e relacións cara os demáis. Claudia e Queila 4º A

Xornais do mundo

Chegou ó noso instituto procedente IES Virxe dos Ollos Grandes   Lugo  a exposición Xornais do Mundo que está recalando en diversas Bibliotecas Escolares Galegas. A colección foi recompilada na súa maior parte por Bibliarousa, a Biblioteca do IES Illa de Arousa. O noso agradecemento á Bibliarousa e ó IES Virxe dos Ollos Grandes que aportou tamén algúns exemplares dos que agora podemos disfrutar en Guitiriz. A exposición estará con nos uns días para viaxar despois ó IES de Becerreá . O grupo de 4º da ESO estivo traballando cos periódicos con eles e descubrindo a lingua na que están escritos, localizando  o lugar de precedencia, etc. Non parece que o pasaran mal.

Para que les?

Imagen
Lendo, voo, cando me peta, por mundos descoñecidos, que me afastan da rutina cotiá, e me mergullan en amplos océanos de vida e frescura. Fago viaxes reais e imaxinarias. Proposta: Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo Porque é un libro dun amigo que conta a sabedoría popular desta comarca dende Cambás a Parga, tal como lla contaron os e as nosas avoas Alfonso Blanco

Para que les?

Imagen
¿ Para qué leo? Porque me gusta, me entretiene y me enseña cosas y mundos diferentes al mío. ¿Un libro? Muchos... Pero si tengo que escoger, La Historia Interminable , de Michael Ende . Además de entretener y poner a "currar" a mil la imaginación, me obligó a reflexionar acerca de la diferencia entre lo real y lo que no lo es, de los límites de la realidad y la irrealidad, de si hay algo o alguien que mueve los hilos de "nuestra" realidad, ... Pero sobre todo, porque es una aventura alucinante. También me parece apasionante la aventura de El Señor de los Anillos, de Tolkien, pero ya no puedo concretar el por qué, más allá del simple (aparentemente) porque sí. Saludos Julio González
Imagen
LA GUERRE DES BOUTONS (Tomes 1, 2 et 3) Cette Bande dessinée est. tirée du roman La Guerre des boutons de Louis Pergaud qui a éte publié en 1913. Les enfants de deux villages voisins se font la guerre. .Les deux bandes rivales s´affrontent et se livrent à de grandes batailles. L´objectif à poursuivre est. celui de s´emparer de butins ,boutons qui retiennent les vêtements, lacets qui nouent les chaussures etc...sans accessoires les enfants sont obligés de s´enfuir tout nus!. Los chicos de dos pueblos vecinos están en guerra.Los dos bandos rivales se enfrentan y libran grandes batallas. El objetivo es hacerse con botines, botones que sujetan la ropa, cordones que atan los zapatos etc...así, sin accesorios, los niños se ven obligados a huir completamente desnudos !

Para que les?

Imagen
Leo para facer máis jaleo na miña cabeciña...así asómanse ideas, ritmos, cores e tonos, frases literarias que se converten en frases musicais, suxeitos, células, motivos e leitmotivs...Leo, si...poemas debuxados con acordes, as palabras como sons de sentimentos fundidos, rexorden como novas expresións en cada lector atemporalmente. Leo, si... inspiración e loucura, o esquecemento e a lembranza. Leo por fora e leo por dentro. Leo, si...gústame a realidade forte, crúa, extensa. Leo, si.... gústame soñar e facer soñar, viaxar, saír e entrar, pasar de puntillas e chapotear en cada narración, historia, argumento. Leo si ...,pero aquí e agora, hoxe e mañá, leo porque a mirada máis bonita do mundo e a dun neno cando lle les con agarimo... ese conto sinxelo Lectura recomendada: “ Caracois ” de Armando Quintero e André Letria. Para descubrir e recitar bonitas e divertidas frases e expresións en galego cos ananos da casa. Sandra, profesora de música

Para que les?

Imagen
Leo fundamentalmente para relaxarme e distraerme. Entrar en mundos diferentes do que vivo e formar parte deles é, ás veces, necesario para evadirme dos problemas cotiáns (polo menos un rato). A miña proposta de lectura é " O principiño " de Antoine de Saint-Exupéry . Lino por primeira vez no colexio e en francés (era de lectura obrigada na clase de idioma). Anos despois lino en castelán e fai uns dous anos en galego. Nunca me cansa. Fala das relacións persoais, do amor, do sufrimento, da amizade... Para min é unha verdadeira xoia Ana, profesora de Física e Química

Para que les?

Imagen
Cando non me gusta a paisaxe que contemplo ou cando esa paisaxe me entusiasma; cando me abruma a realidade con tantas idioteces ou cando me sinto máis feliz que un neno con zapatos novos; cando teño problemas que non sei resolver ou cando teño a suficiente paciencia para tratar de resolvelos; cando quero que me digan cousas que me gustan ou coñecer horrores impensables; cando quero saber e estar a gusto...LEO! Libro recomendado: todos. María Miragaya (profesora de Lingua e Literatura galega)

Para que les?

Imagen
Leo para ter mil vidas diferentes, para viaxar sen moverme do sitio, para ser eu, para ser outros, para coñecerme e coñecerte, leo para durmir, leo para despertar, leo para soñar Vale. Tamén leo para saber cal é a parada na que me teño que baixar do bus, canto tempo ten que cocer a pasta para que no se pase, para entender a receita do médico (isto non sempre o consigo), para saber o prezo da camiseta que vou mercar, para lograr conectar a maldita tele nova, para navegar por internet, para saber se os meus alumnos saben ou entenden o que eu pretendo que saiban ou entendan, (xa sabes, os exames e iso)… Tamén porque un libro ocupa pouco no peto e hai moitos tempos mortos e mellor que papar moscas. Incluso algunha vez lin para ligar (non che vou contar o resultado). En fin que é útil ademais de entretido. Pero coidado!! , ler tamén pode facer chorar, sufrir e incluso (non sei si decilo) PENSAR!!!! Non te fies, ler pode ser perigoso. Se tivera que recomendar un señor libro, de peso,

Novidades novela

Imagen
’A choiva do mundo’ é a primeira novela de Xosé Manuel Pacho Blanco (Ourense, 1974) e a obra gañadora do certame literario ’Torrente Ballester’ do ano 2007 que convoca a Deputación da Coruña. A obra ven avalada polas excelentes críticas por parte do xurado, que a definiu como ’unha aposta literaria de vangarda na construción dun texto extraordinariamente rico na súa forma de mosaico fragmentario que se sitúa na superación dos xéneros literarios’, segundo recolle a acta do premio

A derradeira lección da mestra

En memoria de Mercedes Romero Abella, natural de Cee e criada en Corcubión, logo mestra de Monelos, nai de dous nenos e esposa do sindicalista Francisco Mazariegos, fusilado en 1936, que foi secuestrada na Coruña e asasinada e arrebolada ao río Mandeo na Ponte da Castellana no outono do mesmo ano. Está enterrada en Vilarraso, nas terras de Aranga. Aos seus fillos Marisa e Enrique e ao investigador Luís Lamela . A derradeira lección da mestra foi alongarse da preposición propia indo contra corrente cara á suma. A derradeira lección da mestra foi debuxar con xiz sobre o verbo as ondas orixinais de Corcubión. A derradeira lección da mestra foi a primeira clase obreira na súa escola laica de Monelos. A derradeira lección da mestra foi amar no prisma da Coruña e concibir planetas e cadernos. A derradeira lección da mestra foi enterrada ao raso en Vilarraso como toda a inocencia da lousa. Ocultárona lonxe dos pupitres parapetos para que ninguén aprendese o silabario da

Novidades cine

Radio encubierta 1966,a BBC so emite dúas horas de rock and roll á semana. Dende un barco no Mar do Norte unha famosa radio pirata emite música as 24 horas do día. A bordo chega Carl, que pronto vivirá unha serie de cómicas e desafortunadas aventuras que cambiaran a súa vida. Unha comedia amable para os amantes da boa música .

Novidades comic

Imagen
Caroline Baldwin é unha moza medio india, algo solitaria, cunha vida sentimental caótica que traballa como investigadora privada para a axencia “Wilson Investigation”. O seu traballo a levará a vivir interesantes aventuras en Canada, Cuba, Nova Iorque, et. Unhas historias cheas de emoción e cun estupendo debuxo. Na biblioteca podes atopar: Rojo Piscina Razón de Estado Absurdia El último baile Contrato 48-A Angel Rock

Para que les?

Imagen
Leo para evadirme por un tempo da realidade (que ás veces é moi necesario e relaxante) e mergullarme noutros mundos imaxinarios. Tenme levado a reflexións interesantes sobre distintos aspectos da vida e do mundo. Sempre se aprende algo. Así pois a min, ó tempo que me serve de distracción, axúdame a formarme humanamente e culturalmente e, grazas á lectura, coñecín escritores e obras moi interesantes. Proposta de lectura Os dous de sempre de Castelao : Esta é a única novela que ten Castelao e considero que paga a pena lela porque, como dicía antes, este é un exemplo de libro que nos invita á reflexión debido ó afán de superación e espíritu de loita dun dos protagonistas contra todas as adversidades que, desde o seu nacemento, se lle presentan na vida; frente ó outro protagonista que, tendo todo ó seu favor, fracasa. Penso que é unha desas obras clásicas que están de total actualidade .

Novidades en comic

Imagen
El grito del pueblo Relato ambientado na comuna de Paris. Unha forma diferente de achegarte a historia e de paso coñecer a Jacques Tardi un magnífico autor de comic

El Gran Dictador 2

Imagen
Dende logo que Chaplin é único para facer a máis feroz das críticas mediante o humor. Compara os dous discursos. Por certo hoxe en día o discurso de Hitler nos pode parecer ridículo, patético, incluso darnos risa, pero si recordamos a historia máis ben debe meternos medo . Discurso de Hitler Discurso de Hinkel

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
El Gran Dictador Tomania está baixo unha férrea ditadura. O ditador culpa ós xudeus de todos os males do país e promete arranxalos cunha política de conquistas. Cando inicia a guerra vai ser confundido polos seus propios gardas cun barbeiro xudeu, e mentres o tirano é internado nun campo de concentración o barbeiro xudeu ocupa o seu posto. Chaplin fai unha xenial crítica do nazismo cargada de humor (nun asunto que pouco ten de gracioso) e o tempo de crítca e emoción, como é habitual neste excepcional cineasta. Una auténtica obra mestra, das de verdade. 

El desayuno

             El desayuno             Me gusta cuando dices tonterías,             cuando metes la pata, cuando mientes,             cuando te vas de compras con tu madre             y llego tarde al cine por tu culpa.             Me gusta más cuando es mi cumpleaños             y me cubres de besos y de tartas,             o cuando eres feliz y se te nota,             o cuando eres genial con una frase             que lo resume todo, o cuando ríes             (tu risa es una ducha en el infierno),             o cuando me perdonas un olvido.             Pero aún me gustas más, tanto que casi             no puedo resistir lo que me gustas,             cuando, llena de vida, te despiertas             y lo primero que haces es decirme:             «Tengo un hambre feroz esta mañana.             Voy a empezar contigo el desayuno.» Luis Alberto de Cuenca (Madrid, 1950)  Los mundos y los días. Poesía, 1972-1998

Dia internacional do libro infantil e xuvenil

Imagen
Dende 1965 o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Dia Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen. Neste ano a OEPLI (Organización Española Para el Libro Infantil y juvenil) foi a encargada de organizar o concurso para seleccionar un cartel e unha mensaxe para este día. Os gañadores deste ano foron o escritor Eliacer Cansino e a ilustradora Noemí Villamuza , baixo o lema “ un libro te espera, ¡búscalo! Aqúi tes o cartel. Se queres ler o texto completo preme no lema.