Entradas

Mostrando entradas de abril, 2007

UN POEMA PARA O AMOR - Concurso de Poesía Amorosa

Imagen
Con motivo do día de San Valentín, celebramos un concurso de poesía amorosa que contou cunha participación aceptable e que se repetirá en vindeiros anos. Os concursantes tiñan que crear un poema de amor a partir dos versos recollidos nunhas cartulinas que se situaron nunha mesa no vestíbulo do centro. Ó mesmo tempo, expuxemos un panel no que se podían ler os poemas orixinais dos que foran sacados eses versos suxerentes. Se mirades os poemas que resultaron premiados , veredes que algún o algúns dos versos van resaltados. Eses son os versos que os participantes recolleron e tomaron como referencia (incluilos nos seus poemas era obrigatorio) A ver se vos gustan...

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO, POETA DE GUITIRIZ

Imagen
Nado no lugar de Vilariño, parroquia de Os Vilares, en 1914. Fillo do escribínte do entón Concello de Trasparga, a familia adicábase á labranza e o neno asistía á escola de As Conchadas onde pronto é consciente do seu gosto pola poesía. Comeza recitando na popular Festa da árbore. Pronto marcha para o Seminario a continuar estudos. Alí coñecerá entro outros escritores a Aquilino Iglesia Alvariño, “o primeiro aguillón que me estimulou a apreciar o galego e a escribir nesta língoa”, amigo que o anima na súa adicación á poesía. Pronto publicará os primeiros versos adicados á natureza e á temática relixiosa, en galego e castelán, no Progreso Villalbés. Tamén nesta época iníciase na súa outra gran capacidade, o dominio de diferentes línguas, chegaron a ser 14, e a base do seu futuro laboral como traductor. Exerce como mestre de línguas clásicas en Vilagarcía e logo pasa a ser traductor no Instituto de Investigacións Científicas. Nunca abandoará a súa adicación á literatura e a súa con

CINE, DO SUPER 8 AO DVD

Imagen
Durante os meses de febreiro e marzo desenvolvimos un ciclo de cine no que combinamos aspectos didácticos do cine (ver reseña máis abaixo) có visionado de cine documental no que abordamos tres temas: conflictos armados, hábitos saudabeis e cambio climático. Previamente á proxección dos correspondentes documentais, levamos a cabo unhas charlas có alumnado que resultaron ser de grande interese para todos. Aquí tedes o programa e algunha imaxe máis...

¿QUE ANDIVEMOS FACENDO?

Imagen
Ben. Supoñemos que iso é o que vos estades a preguntar: ¿que andivo facendo esta xente neste tempo do que non tivemos noticias? Pois mirade. Varias cousiñas. Estivemos desenvolvendo un ciclo moi interesante ó que lle puxemos o título de "Historias para contar, xeitos de contar", do que xa algo vos falamos e do que tedes algunhas referencias dalgunha das actividades neste blog. Se queredes ver cales foron estas actividades, botade unha ollada ó programa...

SEGUIMOS VIVOS (aínda que non o pareza...)

Imagen
Non pensedes que andamos perdidos pola rede... Simplemente é tanto o choio e tan pouco o persoal, que non damos feito. Nestes dous últimos meses incormporamos novidades á nosa biblioteca. En breve vos proporcionaremos noticias sobre a exposición-homenaxe que estamos a montar en torno á figura do poeta de Guitiriz que presta o seu nome ó noso instituto e á nosa Biblioteca, Xosé Mª Díaz Castro.