Todos os anos por estas datas, arrastrados pola ansia consumista, enchemos e a nosa biblioteca de libros. Para iso organizamos unha nova expedición; para ver, curiosear, comentar e mercar. Foron as nosas alumnas, e tamén algún que outro alumno, boas lectoras e usuarias da nosa biblioteca, as encargadas, unha vez máis, de seleccionar os fondos e de explicarnos a todos a súa elección. Aquí tedes un resumo do que fixemos Escollemos unha librería grande, con bastante fondo e con espazo para podernos reunir a comentar as compras realizadas. Cada alumna dispón do mesmo presuposto para adquirir libros. Con el podem mercar un libro ou varios, poden se xuntar cun compañeiro se non lles chega. Unha vez seleccionados os libros as rapazas terán que explicar diante de todos o motivo da súa elección, a utilidade que pode ter para os demais, etc. Trátase así de que reflexionen sobre o material que é mais axeitado para unha biblioteca escolar e para os seus compañeiros. Despois, xa de v...