Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rosalía

Aviso 4: chega Rosalía

Imagen
  E despois de Paula Carballeira (ver embaixo), achégase a data de poñer voz aos poemas de Rosalía de Castro . En breve vai ser o recital para conmemorar o seu nacemento: o alumnado do Club de Lectura está fiando o guión para presentar os poemas elixidos este ano.   Tamén andamos xa coas seguintes lecturas de cómic: Enrugas de Paco Roca , e Adelina de Sandra Lodi . En relación coa banda deseñada hai outra proposta ao caer... polo de agora non se pode dicir máis. E logo retomaremos o club de escrita, aproveitando os textos que xurdiron no obradoiro de escrita de Paula Carballeira .  Materiais do obradoiro de (re)creación de María Gómez, e imaxes da actividade de Paula Carballeira Aquí podedes ver un resumo da súa visita, que deu ademais para un encontro coas persoas lectoras, e permitiu xuntar ao alumnado máis creativo de Guitiriz e de Vilalba.   Este vídeo de Ana Gómez amosa a versión musical do relato "A porta pechada" de Paula Carballeira, con melodía orix...
Imagen
 Rosalía e a Lingua Materna. Conmemoración no IES Poeta Díaz Castro Unhas semanas cheas de reflexións a través da obra e a persoa. Días conmemorando e recollendo as aportacións e inspiracións de alumnado e profesorado para facer grande esta Festa da Lingua. Alumnado de 4º ESO FP Básica e 4º ESO O pasado 24 de febreiro cumpríronse 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Esta  data ten un estreito vínculo co 21 de febreiro, en que se celebra o Día da Lingua Materna  establecido pola UNESCO desde o 2000.  Alumnado de 3º da ESO Para pór en valor as linguas, a súa riqueza e respecto pola diversidade cultural, para alén de resaltar a figura desta escritora, que foi precursora no uso da súa lingua materna na súa escrita, o alumnado e profesorado do centro decidimos ler e recitar textos, poemas e versos dalgunhas obras de Rosalía de Castro en varias linguas: galego, castelán, inglés, francés, hindi, alemán e portugués.   O profesorado recitando activamente en ...

Whatsapeando con Rosalia

Imagen
Hoxe celebramos o día de Rosalía. Con tal motivo a biblioteca propuso un intercambio de versos a través do móbil. Pedímoslle aos rapaces que copiasen uns versos  e que os levasen á clase. A idea era parar as 12.00 uns minutos as clases para enviar os nosos versos e ler os recibidos. Esperamos que a esa hora os vosos whatsapp quedaran cheos, por unha vez , de poesía