Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

Anticipándonos a un verán de libros

Imagen
  Chega xuño, e toca ir rematando, para recibir o verán libres de ocupación. A rapazada xuntouse o 28 de maio e o 19 de xuño para poñer en común a travesía do club de lectura deste ano e facer propostas para o vindeiro ano, tanto de lecturas como de actividades. Recordatorio das lecturas debulladas neste curso A sección de persoas adultas tamén fixo unha última reunión, o 17 de xuño, para comentar -en xeral- o percorrido lector deste ano e escoller as obras para o verán: As torres abolidas , de Xosé Miranda e Beleza vermella , de Arantza Portabales foron os elixidos, aos que se engadiron xa outros oito libros para adentar a partir de setembro.

KPACES e Punto. A tipografía solar.

Imagen
KPACES e  punto .  A tipografía solar. Lembrades que aló polo mes de novembro, deixabamos o noso punto de partida, en diferentes lugares de Guitiriz e arredores. Eran as nosas cámaras estenopeicas. Onte pechabamos este proxecto que nos lembraba que non todas as fotos son instantáneas e de consumo rápido. Este estenopo recolleu o movemento solar; unha solarigrafía que nos deixa claro como escribe o sol no ceo en diferentes lugares de Guitiriz e Galicia.  O proxecto foi levado a cabo polo alumnado de 3º ESO do biblio equipo kPACES, coordinado pola profesora Sandra Tenreiro.

Constelacións. Puntos de lectura para a veciñanza

Imagen
Abril e maio viaxando polas Contelacións lectoras. O biblio equipo KPACES,  tivo moito traballo nesta tramo final de curso. Xa tocaba revisar as Constelacións; puntos de lectura para á veciñanza da Biblio do Poeta Díaz Castro. Novos pedidos, novos lectores... Na ferretería de Amador; sempre atopamos a Ana cun sorriso; comentounos que temos por alí un par de lectoras que teñen peticións feitas. Pasarémonos nestas semanas para renovar os recursos do punto lector da Ferretería de Amador. Biblio Equipo 1º ESO no Café  Bar " O Recreo". Parga. Punto lector. Ferretería de Amador. Tivemos a oportunidade de irnos a Parga para visitar tamén o punto lector " Bar o Recreo". Alí con Fernando ademais de tomar un delicioso café, pode escoller unha lectura e disfrutar na súa terraza lendo e se che presta, anotarte nos cadernos e levar o préstamo para casa. Tamén temos alí peticións dalgúns veciños.  En nada enviámolos!. Biblio Equipo 1º ESO no Café  Bar ...