Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Recuperando espazo

Imagen
Xa ía tocando que foran elas as que ocupasen os corredores. Aquí queda un pequeno recordatorio dalgunhas actividades que se desenvolveron este ano dentro do proxecta Donas de Si , de visibilización das mulleres. Como a ubicación de maioría delas foi no hall de entrada, e unha delas fíxose a rente de comezar o curso e outra ficou suspendida no tempo de confinamento, pódese dicir que elas abriron e pecharon o centro este curso académico. Exposición Día das Escritoras e proposta 'Dálles nome', en outubro de 2019 Baralla de científicas, material didáctico en inglés Visita guiada dun grupo de 2º ESO ao 'Dálles nome' En relación coa obra de África López Souto, As mulleres que (nos) dan que pensar :  Tendal de mulleres galegas destacadas en distintos ámbitos

Club de Lectura virtual La dama del alba

Imagen
Neste final de curso atópico, fíxose unha dobre sesión de comentario desta obra de teatro de Alejandro Casona, que o alumnado de 3º ESO leu durante o período de confinamento. O 11 e o 17 de xuño, a través do chat de hangouts , debullamos os aspectos máis interesantes desta historia, que gustou moito á rapazada que a leu. As súas personaxes, especialmente a Peregrina, fixéronse un oco nas nosas referencias literarias.  A intriga que se mantén ao longo dos catro actos desta peza, o concepto de honra , a presenza do amor e da morte , e o final aberto foron as cuestións que máis deron que falar.  Montaxe cunha selección das intervencións da primeira sesión de comentario. ETS Por certo, a parte final transcorre na  noite de San Xoán ...

Píldoras azules. Reflexión.

Imagen
Non todo é coronavirus       A historia da humanidade está sementada de epidemias, e son moitos os relatos que se fan delas. Parece doado cando están lonxe no tempo e no espazo, e cando non nos afectan a nós. Non é o caso da obra que reseña Iria Rodríguez, alumna de 2ºBAC:  o autor de  Píldoras azules  vive en primeira persoa as consecuencias da gran pandemia de finais do s.XX, hoxe case esquecida.  

DIARIO DE ALERTA XII

Imagen
Xa na entrega anterior aparecía una referencia ao labirinto , esa mestizaxe máxica de tempo e espazo, onde o universo exterior queda á marxe do que ocorre nel. Pois ben, todas as historias que tedes aquí teñen ese elemento inquietante e outro personaxe emparellado con el dende a antigüedade clásica : Teseo e o minotauro L' historie du Minotaure La casa de Asterión , J. L. Borges A adiviña deste bloque é moi doada: A qué saga literaria representa esta insignia?

MIGRACIONES Creación Teatral e Musical

Imagen
MIGRACIONES Creación Teatral e Musical Hoxe tería lugar a estrea no noso instituto, do traballo escénico, teatral e músical: "MIGRACIONES" , creado co traballo dos diferentes cursos de música.  Neste creación, traballamos en relación ao proxecto xeral multidisciplinar deste ano ; o cambio climático e a xestión de residuos. Nesta obra o alumnado de música de tódolos cursos, realizou un traballo previo de investigación na biblioteca, para buscar aqueles lugares do mundo nos que inspirarse para crear os seus guións. Ao tempo que as súas historias medraban, ensaiabamos tamén as cancións, as coreografías e os textos  de carácter poético. Como esta vez non puidemos facer a estrea rodeada dos compañeiros, compartimos con todos un fragmento feito, cos últimos ensaios desde as nosas casas confinados, pero decidimos tamén incluír algunhas escenas gravadas antes do estado de alarma.  Agardamos que este traballo creado sobre a música de Jorge Drexler, nos lembre unha vez mái