Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

Propostas dos lectores

Imagen
Eva Fernández Paderne preséntanos dúas lecturas Título: Moncho e Dríar . Autor: María García Yáñez.     Este libro cóntanos como todos pese a ser moi diferentes, podemos ser amigos. Esta mesma ensinanza é a que nos quere transmitir a autora a través de Moncho, un mozo do ano 2000, e Dríar, un mozo do milenio 5000. Dríar ve a Moncho nunha grabación e decide montar nunha nave do tempo para coñecelo;queda con el porque se sinte mellor rodeado de xente que nun mundo no que as máquinas predominan a sociedade e non hai sentimentos. Paréceme unha bonita historia de amizade. Título: Atrapado na torre. Autor: Xoán Babarro e Ana María Fernández.    Chrystyan é un neno que cre na maxia, pero non descobre o seu poder ata que Bosco, un ancián do pobo, o invita a probar se posúe poderes máxicos. Deste xeito, Chrystyan emprende unha viaxe chea de aventuras e perigos, ata que finalmente consegue o seu propósito: ser un mago. Este é un libro que nos amosa como o noso esforzo e

As pelis de Biblo

Imagen
Título: Mas Allá de la vida Director: Clint Eastwood Narra a historia de tres personaxes que tiveron algún tipo de contacto coa morte: unha xornalista francesa (Cécile de France), que estivo a punto de morrer durante o tsunami que asolou o Sueste asiático no Nadal de 2004; un neno inglés (George McLaren) que perde o seu irmán xemelgo nun terrible accidente, e un norteamericano ( Matt Damon ) que ten o don de comunicarse cos mortos.  ( FILMAFFINITY )

DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Imagen
O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado o Mahatma Gandhi. Por iso celébrase o 30 de xaneiro de cada ano celébrase  O Día Mundial da Paz. Tamén o 30 de xaneiro se celebra o Día Escolar da No-violencia e a Paz. Biblo o quere celebrar con libros e cine.

PROPOSTAS DOS LECTORES

Imagen
Amanda Isabel García Lorenzo opina sobre La voz dormida de Dulce Chacón. Esta obra, ambientada en plena guerra civil española, cuenta la historia de unas mujeres encarceladas en la madrileña prisión de Ventas y su lucha y la de sus familiares por defenderlas a ellas y a sus ideales políticos. Este libro me ha gustado  muchísimo y recomiendo su lectura a todo el mundo ya que nos hará acercarnos  y entender más la vida a la que tuvieron que hacer frente nuestros abuelos o bisabuelos.

PROPOSTAS DOS LECTORES

Imagen
Nerea Seijas Roca ha leído Ana Frank, la bibliografía gráfica de Sid Jacobson . Otto Frank se casó con Sara. De esa relación amorosa  nacen Maet y Ana. Todos juntos pasan el  principio de su vida en Alemania, lugar del que tuvieron que escapar debido a la expansión del nazismo, una política que supone una guerra dura contra los judíos. Se fueron a Amsterdam, lugar en el que vivían junto a la familia Van Pels, hasta que un día fueron descubiertos. A posteriori fueron enviados a campos de concetración como el resto de los judíos. Esta historia marca un trágico final para todos menos para una persona. Para averigüar de quién se trata hay que leer el libro.
Imagen
Título : El Gavilan Autor : Pellerin Yann de Kermeur, máis coñecido como o Gavilán. é acusado inxustamente de asasinato do Conde de Kermallec, persoa que o educara cando era neno e á que tiña un cariño Especial. Aínda que inocente, todas as probas lle acusan directamente pois, foi contrado co corpo moribundo do ancián ao seu lado e sostendo na súa man a arma que acabara Coa súa vida. Histoira clásica de aventuras, barcos, traizóns, piratas... Un debuxo preciso á hora de retratar edificios da época, ou as paisaxes selváticas da Güiana e sobre toodo os barcos nos que navegan os nosos protagonistas.

PROPOSTAS DOS LECTORES

Imagen
MARÍA PEREZ FERREIRO DE 2º ESO PROPÓN DÚAS LECTURAS QUE PODES ATOPAR NA TÚA BIBLIOTECA Xosé Miranda , Vestio, Xerais É un libro moi interesante. Nel hai amor, medo, sangue, tradicións, crenzas… É moi sinxelo de ler e sobre todo se te chega a enganchar, cousa que dubido moito que non pase, xa que con só ler a primeira frase do libro xa non te poderás desprender del, pois é tan emocionante que ata parece que ti, o que o está lendo, encóntraste na historia, aínda que non vos recomendaría que vivades nesta espeluznante historia…   Marica Campo , Noutra dimensión, Galaxia Nesta historia atoparás de todo, dende maxia e misterios ata aventuras. Para saber todo o que hai dentro deste libro, pero para que vos enganchedes vouvos a contar a primeira frase do libro que di así: “Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu” Espero tervos enganchado e recoméndovos este libro!

COMIC

Imagen
Título: Matteo (Primera Época 1914-1915)  (Segunda Época 1917-1918) Autor : Gibrat  Editorial :  Norma Pese ás súas ideas contrarias a guerra Matteo, fillo dun anarquista español exiliado en Francia, acaba presentándose voluntario para loitar na I Guerra Mundial. O motivo non podía ser outro que  un desengaño amoroso. Nas tricheiras coñecera o horror da guerra e non poderá esquecer a súa amada Juliette. Matteo detesta a guerra e …. . No segundo libro nos atopamos a Mátteo en 1917 en plena Revolución Rusa. Como chegou alí?, que busca?, que pasou con Juliette?... se queres sabelo pasa pola biblioteca e le o libro Un historia ben contada e sobre todo marabillosamente ilustrada por Gibrat. En serio, o debuxo e alucinante. Aquí tes unha pequena mostra

DE COMPRAS

O pobre Biblo quédase sempre moi so durante as vacacións de Nadal. Como é moi bo lector xa debe ter aburridos os libros da biblioteca.  Así que este ano decidimos facerlle un agasallo. Estivemos de novo no FNAC para voltar cargadiños de novidades. Ó final non sei si Biblo quedou moi contento pois os libros voaron  axiña da biblioteca. Non creo que lle importara moito, xa terá tempo de sobra para lelos despois. Seguro que prefire que os leades vos. Aquí tedes un resumo de como foi a cousa.