Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO: BOABDIL, O ÚLTIMO REI DE GRANADA AUTOR: JORGA DE BARNOLA EDITORIAL ROMPECABEZA, COLECCIÓN SABELOTODOS Boabdil o anano, non era ningún anano, aínda que tivera ese nome, foi o último rei de Granada, polas malas influencias que recibiu por parte paterna e materna. O seu corazón foi de Moraima e, aínda que esta fora a súa muller e se quixeran, nunca puido vivir en paz con ela. Por outro lado os Reis Católicos ansiosos de conquistar Granada, o último territorio musulmán da península, fixéronlle firmar un pacto de paz pero por culpa de seu pai e das súas impertinencias, xa que abandonou a súa muller por una cristiá, a Boabdil quitáronlle os seus dous fillos. Desde o nacemento do protagonista os astrólogos lle atribuían desgrazas e así foi, deixou Granada en mans cristiás, na súa familia, a guerra era a protagonista e ademais quedouse viúvo e presenciou a morte dun dos seus fillos. Esta é a historia de David contra Goliat pero esta vez con un fatal destino …. Esta histo

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO:DIVERGENTE AUTIRA: VERÓNICA ROTH EDITORIAL: MOLINO Este libro é o primeiro dunha saga formada por Divergente , Insurgente e Leal . Está ambientado nun futuro, despois dunha gran guerra, onde a sociedade funciona dividida en 5 faccións: Abnegación, Verdade, Cordialidade, Erudición e Ousadía. A protagonista é Tris, unha adolescente de 16 anos que provén da facción de Abnegación. Todos os rapaces aos 16 anos teñen que facer unha proba e despois elixir a que facción corresponden ou da que queren formar parte. Cando Tris fai a proba, os seus resultados son inconclusos, ela é diverxente: ten máis dunha cualidade e polo tanto non corresponde a unha facción concreta. Ela elixe Ousadía como facción, xa que era unha das que máis lle chamaban a atención porque sempre estaban rindo e con moita liberdade, algo que en Abnegación non era posible. O libro nárranos como ela se adapta e entrena para a “gran proba” e alí coñece xente, como “Cuatro”, que se convertirá nalgo máis que

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO: OS MAGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA AUTOR: ANXO FARIÑAS EDITORIAL: XERAIS Hola a todos!! Este é un pequeno comentario sobre o libro " Os Megatoxos e a espadaEsmeralda ". Trata sobre un grupo de rapaces que foron deborados por un super toxo que é máxico que lles deu super poderes ós nenos. Cren que para salvarse teñen que viaxar a outro planeta e recuperar a espada para salvarse. Van pasando unha serie de probas ata atopar a espada. Finalmente prodúcese unha loita pola espada entre os megatoxos e un rapaz chamado Ezbel e mais a súa irmá, acabando toda esta liorta coa desaparición da espada, e os rapaces volven ao seu lugar. No colexio atopan unha sorpresa: Os irmáns cos que loitaran antes estaban nese momento na súa clase. Encantoume porque e super aventureiro-fantástico e moi entretido. Espero que finalmente dea lido o seguinte libro porque me ten super intrigada. P.D: Este libro non sei moi ben se está na biblio, pero en todo caso a min prestoumo María

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO: CRUZADA EN JEANS AUTOR: THEA BECKMAN EDITORIAL: SM Este libro trata sobre un neno chamado Rudolf que vivía en Amsterdan. Rudolf cunha máquina do tempo foi a Idade Media. Pero só ía ter unha oportunidade de volver a súa época, e non o deu conseguido así que quedou na Idade Media e rescatou duns ladróns a outro neno que ía de viaxe que se chamaba Leonardo e entón fixéronse amigos. Logo pasaron por alí uns nenos que eran os cruzados e uníronse a eles. Os cruzados ían a Xerusalén para sacar aos sarracenos de alí. Como morrían moitos nenos Rudolf preguntoulle a María, unha nena da cruzada, quen mandaba alí e díxolle que era Nicolás e dous frailes ,Augustus e Anselmus. Rudolf díxolles que se tiñan que organizar e desde aquela morreron menos nenos. Despois foron pasando moitas aventuras pero eu só vou contar as que máis me gustaron. En Rottweil Rudolf conseguiu moedas da época e comprou pan para todos os nenos. Noutra cidade un conde secuestrou a moitos nenos e para salval

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO : ANOTHER ( アナザー ,Anazā) AUTOR : Ayatsuji Yukito No ano 1972 un estudante exemplar,estudoso e bo nos deportes chamado Misaki, da clase 3-3 do instituto Yomiyama do Norte, morreu inesperadamente nun incendio. Ao ser tan querido nesa clase,despois da traxedia os alumnos e o profesor deciden seguir actuando coma se el non estivese morto.Pero,cando tomaron a fotografía de fin de curso notaron algo estraño: MISAKI APARECÍA NA IMAXE... Esta serie de manga de catro volumes (Periods, neste caso este é o 1st Period) trata sobre o que aconteceu uns anos despois, en 1998, na clase 3-3. Kōichi terá que investigar que aconteceu no pasado, por que tratan á súa compañeira Mei coma se non existise e,o máis importante, POR QUE COMEZA A MORRER XENTE CRUELMENTE ENLAZADA COA CLASE 3-3... Este manga é bastante especial para min porque foi o primeiro que lin (por Internet ). Lembro que estiven mentalizándome moito tempo antes de comezar, polo meu carácter asustadizo... Pero, cando o

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO : Ivanhoe AUTOR : Walter Scott EDITORIAL : Anaya COLECCIÓN : Clásicos a medida A novela narra os amores dun cabaleiro da corte de Ricardo Corazón de León, Wilfred de Ivanhoe (fillo de Cedric o Saxón) cunha dama saxona, lady Rowena, descendente do rey Alfredo o Grande, no marco do final da Terceira Cruzada, en 1192. Pero non só relata este amorío, senón que fala da historia de Inglaterra, da difícil convivencia entre saxóns e normandos nun momento moi cercano á Invasión de Inglaterra por este pobo francés. No libro acercámonos á corte do príncipe Juan sin Tierra e os pactos que facía con outros nobres para arrebatarlle o trono ao seu irmán Ricardo Corazón de León. Tamén se adentra nos bosques onde fala de Robin Hood e introdúcese na poderosa Orde dos Templarios. A min as personaxes que máis me gustaron foron Ricardo Corazón de León e Robin Hood, pola súa valentía, bondade e as súas habilidades coa espada e o arco respectivamente. Eu recomendaría este libro xa que