PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

martes, 18 de febrero de 2020

Outras Linguaxes; a danza, a música e o circo

Aprendendo outras linguaxes no Teatro Principal de Santiago
INVOLUCIÓN, a obra de Alfredo Muíño


Deixamos a noticia e impresións por dun dos nosos alumnos

Rodri Pumares de 3º da ESO.


INVOLUCIÓNTeatro, danza e CircoO luns  10 de febrero, os alumnos e alumnas de música do IES Poeta Díaz Castro estivemos no Teatro principal de Santiago para ver a obra “INVOLUCIÓN”O bailarín e artista de circo Alfredo Pérez Muiño, interpreta a historia da humanidade mediante  danza, música e xogos malabares.
Unha obra alucinante!


C:\Users\Usuario\Desktop\Rodri_foto.jpg

Por Rodri Pumares; alumno en escolarización combinada co CEE de Lugo.




Agora que os alumnos de Música do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, estamos nas nosas clases con Sandra Tenreiro en pleno proceso creativo , dun proxecto escénico no que cada un de nós vai migrando a unha nova etapa da vida, no que vamos coñecendo as posibilidades expresivas da nosa voz e o noso corpo, dos nosos xestos e o potencial expresivo en sincronización coa música, fomos afortunados de poder asistir hoxe ao Teatro Principal de Santiago para recibir a maxistral clase dun maestro: Alfredo Pérez Muíño co seu espectáculo INVOLUCiÓN; a sensibilidade e a forza, o eterno e o etéreo, o pasado e o futuro, nunha misma persoa no escenario!! Magnífica experiencia!. Gracias por ensinarnos tanto amigo. Recibe novamente a nosa aperta!!. Nos seguiremos tamén en movemento para continuar a nosa evolución.

Alumnado de 1º de Bach ensaiando.