Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

DIARIO DE ALERTA VI

Imagen
Facemos esta nova entrega mentres todo son contas ... dos días que levamos ao lombo na casa, do que falta para volver saír á rúa, dos eventos que non tiveron lugar, do que queremos e non podemos facer... E despois de tanto número, toca  mergullarse nas letras outra vez, porque nelas sempre muda o conto . Aquí queda este novo feixe de historias, tan ao xeito para estes tempos. Joyeux Noël , Cristian Carion O nome da rosa , Umberto Eco La voz dormida ,  Dulce Chacón When the wind blows , Raymond Briggs E ben, este cabalo-trampa remítenos a unha guerra mítica, con asedio incluído, por suposto. De que cidade ?
Imagen
DÍA do LIBRO Para conmemorar este 23 de abril, día do libro, tan peculiar, nada mellor que escoitar o relato, case un poema, que nos agasalla a nosa compañeira de 1ºde Bacharelato, Alba Folgueira. O relato está construído a partir dos títulos de libros que seguramente moitos de vós xa coñecedes!! Grazas, Alba, pola túa aportación!!

DIARIO DE ALERTA V

Imagen
Estes días veu visitarnos a choiva , petando nas fiestras unha e outra vez, algo inqueda por non atoparnos nas rúas, coma tantas outras veces... E foi un pracer escoitala, coa súa mensaxe de   liberdade mentres esperamos algún permiso de saída. Xa queda menos. Por agora, o incerto camiño echéganos novas propostas de lecer: O  Alarmazo , de Ana Moreiras           (podédela seguir no facebook)                                              Libro (2006) e película (2009) Entre les murs , de François Bégaudeau (2006) tamén en dobre versión, libro e filme .  Igual vos soa de algo a ambientación deste  relato tan irreverente coma a súa linguaxe. La cabina , Antonio Mercero (1972). Moito antes de que Hollywood descubrise a claustrofobia deses espazos, xa estaba feito aquí . Medo do medo , Capicúa.  Revisitamos este tema: quen nos ía dicir en outono que ía estar tan ao día o seu texto. 

DIARIO DE ALERTA IV

Imagen
E ben, non mudou moito a cousa estes días... seguimos esperando unha raioliña de liberdade para saír á rúa. Mentres, os mundos de ficción son o mellor xeito de viaxar no tempo e no espazo, sen correr riscos innecesarios, da man d@s seus protagonistas.  Desta volta, a nosa colleita de historias diversas é a que segue: El eternauta, Héctor Oesterheld e Francisco Solano                   Contos da quarentena Le petit prince , A. de Saint-Exupéry Livre-audio         Extrait Film BD Silent running (1972) , Douglas Trumbull

DIARIO DE ALERTA III

Imagen
Resistimos , si, no encerro, como os protagonistas das historias que achegamos hoxe. De novo referencias variadas en ambientación e formato. Nesta ocasión, atrevémonos coa poesía , esa linguaxe que tan ben recolle a intimidade das experiencias.  Ah, unha singradura ! Esa aventura entre o mar e o ceo, que enche o peito de soidade e ausencias. Al sur de la alameda. Diario de una toma ,    Lola Larra (il. Vicente Reinamontes) ( primeras páginas ) ( booktrailer ) Lord of the Flies , William Golding Illas de difícil convivencia... Edifício Master (2016), Eduardo Coutinho ...ese espazo do que se sae ou non. Huis clos , J. Paul Sartre ...infernos particulares