Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

TALLER DE POESÍA

Obradoiro de poesía con Chus Otero entorno a poesía de Díaz Castro para alumnado de 1º e 2º ESO. Realizáronse diversas actividades e xogos para achegarse dun xeito máis lúdico e divertido á poesía de Díaz Castro Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro.

A lus do Mundo no Vilariño.

ACABAMOS CON POESÍA E MÚSICA E COMEZAMOS CON MUSICA E POESÍA Ninguén nos vai parar!!, no IES Poeta Díaz Castro, a cultura e a expresión...non son covardes. Así comezábamos a nosa intervención, nos actos culturais celebrados o pasado 14 de outubro (2014), na palleira da casa natal do noso poeta, onde presentaron as súas obras, algúns dos escritores e escultores da actualidade cultural galega homenaxeando a Díaz Castro:Tosar, Ramón Villar, Xabier R. Barrio... Os rapaces de música do centro , contentos de ser convidados como músicos para amenizar este acto organizado pola Deputación de Lugo e no que aseguro traballamos coma verdadeiros profesionais. Sen esperalo, emocionounos que nos presentaran como o grupo de música:“ A lus do mundo”. Antes de cantar os poemas “Vísperas”, “Penélope” e “A noite é necesaria” , musicados pola nosa profesora Sandra Tenreiro, Margarita e Paula leron os seguintes versos: “ Podemos caer, desfacernos, ...equivocarnos, mais sabemos coller