Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2026

Deseño e creatividade con Laura Villar

Imagen
O biblio equipo KPACES, chega a un novo punto, no proxecto deste ano; o punto de encontro cunha deseñadora galega con moita raíz en Guitiriz; Laura Villar.  Laura foi alumna deste instituto, hoxe é o alumnado de 3 ESO de Prox. Competencial que a recibe para falar de deseño e creatividade. O equipo da Radio Fábrica de Poetas de 3 ESO, repasa os puntos e preguntas de interese para facerlle a Laura. Publicaremos momentos desta entrevista, na nosa canle biblioguiti you tube. O alumnado de 3 ESO, asistiu seguidamente a un obradoiro de deseño, no que tiveron tamén a oportunidade de descubrir en primicia algún dos últimos traballos, no que Laura Villar pasa dos versos rosalianos aos de Castelao a través de diferentes técnicas, fíos e tecidos. Non se lle pode pedir mais.  Grazas Laura por volver polo teu instituto, agardamos que sigas medrando como artista e que poidamos disfrutar aprendendo contigo.

Do punto ao verso. A viaxe creativa continúa.

Imagen
 Unha viaxe desde a fotografía aos versos. Chegamos ao mes de febreiro e mentras as cámaras estenopeicas do biblio equipo KPACES, recollen o movemento solar, investigamos sobre Ruth Matilda Anderson a fotógrafa que inmortalizou unha Galicia de hai 100 anos. A súa aventura inspiranos a recoller a través de cámaras fotográficas creadas artesanalmente por nós as pequenas cousas da vida cotiá; pararnos simplemente a observar. No terceiro trimestre continuamos as novas experiencias neste proceso creativo en torno ao punto, ao noso estenopo. Ruth Matilda inspira tamén a colección de deseño de Laura Villar que nos visitará nas próximas semanas. Aproveitamos esta visita para crear un taboleiro con debuxos e tipografías propias e acompañadas dos versos de Rosalía e Castelao . Escollemos estes textos pois axudaránnos a entender mellor a filosofía de raíz que ten a nosa proxima visita na biblioteca. Hoxe deixamosvos o resumen deste traballo creativo: ...

Aviso 3: convite de letras!

Imagen
A piques de recibir  Paula Carballeira, este mércores 4 , tocou poñer en común sobre as lecturas dela ás que lle botamos o dente: 13 avisos , Nunca mascotas e Alicia e a mestra de Oza .  E recoller os convites para os obradoiros desa xornada, na que tamén recibimos ao alumnado do Club de escrita do IES Basanta Silva de Vilalba . Vaia festa!