Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

CENTENARIO DÍAZ CASTRO 3

Imagen
O mércores pasado tivemos unha xornada bastante movida. Pola mañá recibimos ós alumnos do CPI López Suarez de Frio l e ós do club de lectura do IES Urbano Lugris de A Coruña. Que a que viñan? pois a celebrar con nos o centenario do nacemento de Díaz Castro. Xuntos e un tanto apretados no salón de actos puídemos ver o documental a Lus do Mundo , facer algúns dos xogos sobre o documental e a poesía de Díaz Castro guiados por alumnos de 1º e 4º de ESO, escoitar algúns dos seus poemas, incluso en francés, recitados por Oscar e Eva, cantar con karaoke e todo... para rematar cun “cup´s song” inspirado nos versos do poeta, que con maior ou menor fortuna fixemos polos corredores e hall do insti. Unha xornada movida e divertida para celebrar ó noso poeta. Se queres ver máis fotos pincha aquí  (gracias a suso polas fotos) Mentres no salón de actos (e nos corredores e no Hall) celebrábanse os actos do centenario na biblioteca tiña lugar a a reunión de presentación dos 5 Proxectos

REUNIÓN BECAS FUNDACIÓN BARRIÉ

Imagen
O mércores 19 de febreiro celebrouse no noso IES a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14. A reunión acudiron o Director da Fundación Barrié, Javier López; a Directora de Investigación e EducaBarrié, María José Mariño; a Asesora educativa de EducaBarrié, Susana Vázquez, e o profesorado que desenvolve os proxectos: Xaime Varela do Instituto Español Cañada Blanch de Londres ( Fala Londres ) ; José Viñas do IES David Buján ( Ciencia cidadán na escola ); M. T. Iglesias Polo do C.P.R. San José de Pontedeume ( Construíndo a cultura do pensamento eficaz hoxe para mañá) ; M. Pérez Hernández do Centro Integrado A Xunqueira de Pontevedra ( Proxecto de colaboración A Xunqueira Amencer) e Olga Aguiar do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz ( Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa) . A reunión amosou o elevado nivel das

CENTENARIO DÍAZ CASTRO

Este mércores 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Con este motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz anima a toda a comunidade educativa galega a celebrar con nós esa data tan especial proxectando nos vosos centros o documental que o curso pasado realizaron os nosos alumnos en colaboración con Paseny Vean comunicación : "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" ( pincha aquí para ver o documental ) Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialista Chus Otero . Como veredes os xogos son sinxelos, para facer de xeito individual cun ordenador ou na clase cun proxector. Podedes baixalos pinchando no título. Recordar despois de facelo de non gardar os cambios, para p

San Valentín

Imagen
Celebramos o día de San Valentín con libros, flores e poesía. Para agasallar a un compañeiro ou compañeiro quen quixo puido escoller un libro da biblioteca e acompañalo cun poema escrito ou copiado a man. A biblioteca comprometeuse a facer chegar o libro e o poema ó destinatario, acompañado ademais dunha flor. Una vez recollidas as cartas e os libros, os carteiros da biblioteca (alumnos colaboradores da biblioteca) as distribuíron polas aulas.

DIARIOS DE MAUTHAUSEN

Imagen
Diarios de Mauthausen Para finalizar a mostra de libros e películas sobre o Holocausto a nosa compañeira Conchi contounos a súa experiencia durante a visita que realizou cuns alumnos de 1º BAC ó campo de concentración de Matahausen. Todo, alumnado e profesorado presente seguimos con atención e nalgúns momentos emoción o relato de Conchi que foi quen de transmitirnos os sentimentos que ela e os seus alumnos viviron durante esa experiencia ó temo de informarnos e explicarnos a sorte de moitos españois que pasaron polos campos de concentracións nazis. Inesquencible

O HOLOCAUSTO NO CINE.

PELÍCULAS FICCIÓN Nestes enlaces podes atopar varios listados de películas de ficción que tratan o tema. http://www.lecturasdelholocausto.com/uploads/1/0/9/6/10969104/el_holocausto_en_el_cine_ficcin.pdf http://www.filmaffinity.com/es/movietopic.php? http://www.taringa.net/posts/info/15156128/15-Peliculas-basadas-en-el-Holocausto.html Algunhas das mellor valoradas polo público son LaLista de Schindler dirixida por Steven Spielberg (1993) ElPianist a, dirixida por Roman Polansky (2002) AdiosMuchachos , dirixida por Louis Malle (1987) Lavida es bella , dirixida por Roberto Begnini ((1997) Amén  dirixida por Costa Grvas 2002 Ellector , dirixida por Stephen Daldry (2008) DOCUMENTAIS Podes atopar unha selección de documentais en http://www.lecturasdelholocausto.com/uploads/1/0/9/6/10969104/el_holocausto_en_el_cine_documentales.pdf Shoah . Claude Lazmman 1985 DeNuremberg a Nuremberg. Frédéric Rossif 1989 Auschwitz,los nazis y la soluc