Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Casa Museo Manuel María

Manuel María, chaira e vento do mar

Imagen
Aló foi o gran día! Vilalba e Guitiriz apertáronse coa escrita e coa lectura na Casa Museo de Manuel María , co gallo do II Certame de Microrrelatos organizado dende as bibliotecas do IES Poeta Díaz Castro e do IES Santiago Basanta Silva. Grazas a Antón Laxe, á Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Xurxo Souto e ao profesorado e alumnado implicado, a xornada foi todo un éxito. Todo comezou cun remexido de claves villaltianas , que permitiu misturar alumnado dos dous centros para as distintas actividades propostas (xincana na horta, visita guiada á casa, obradoiro de regueifa e espazo Villalta). A maiores, un pequeno tempo de lecer e unha gala de entrega de premios que tivo como peche a presenza de Xurxo Souto , quen nos lembrou que Manuel María e Luísa Villalta tanto eran poesía como música. Medre a festa chairega que se fai con vento do mar!!! Alumnas de Vilalba desenvolvendo o obradoiro de regueifa, acompañadas por Almudena Introdución á obra de Luísa Villalta cunha dinám...

De amizade e versos. As poetas libertarias

Imagen
Hoxe é o gran día! Imos a Outeiro, á Casa de Hortas, cerne da escrita de Manuel María , onde a rapazada dos clubs de lectura de Vilalba e Guitiriz celebra unha convívio creativa previa á entrega de premios do II Certame de Microrrelatos "Co medo no corpo". Como nos vai prestar! E iso para rematar unha semana estelar da biblioteca, na que tivemos entre nós a Marica Campo . A escritora, que foi docente neste centro, fixo un dobre pase : primeiro para o alumnado de 2º BAC e do club de lectura, e despois para 1º ESO. O salón de actos que leva o seu nome foi festa da palabra e da amizade , pois non só aproveitou para falar da súa obra (os maiores leran Memoria para Xohana , @s máis nov@s, nós outras ), trouxo con ela versos e recordos de Luísa Villalta .  Dous flashes do primeiro pase, o primeiro é a presentación de Lara e Nara (2º BAC)  Sandra Tenreiro interpreta "A estación" de Luísa Villalta como inicio da segunda quenda Grazas a Marica Campo e a Sandra Tenreiro, a n...

Lugo de letras

Imagen
O alumnado da sección de poesía do  Club de Lectura   realizou unha saída a Lugo, para facer un percorrido literario. Comezou cunha visita guiada ao Vello Cárcere , onde se fixo un recitado colectivo. Logo, de camiño ao hotel Méndez Núñez , detivémonos ante as esculturas de Ánxel Fole e de Alfonso Rodríguez Castelao. Unha vez cafetería deste establecemento, recreamos a tertulia literaria que tiña lugar alí. Tamén se fixo referencia á presenza de Lorca nas súas instalacións, nas viaxes que fixo á cidade. Continuamos rescatando a obra e a figura de autores e autoras que tiveron relación con Lugo, como Luís Pimentel, Luz Pozo Garza, Ricardo Carvalho Calero, Marica Campo ou Darío Xohán Cabana. E xa despois de xantar, encamiñámonos a Outeiro de Rei onde visitamos a Casa de Hortas , para lembrar ao poeta Manuel María. Por esta vez, isto foi todo... en breve, retomamos as xuntanzas!