ELABORACIÓN DUNHA PRESENTACIÓN EN POWER-POINT

ESO
BAC
1. Ten en conta que a redacción será máis parecida a un esquema. Tes que ter a información moi organizada e ben estruturada. A realización dun bo esquema previo é fundamental.

2. Fai unha diapositiva co Índice

3. Fai unha diapositiva cunha introdución.

4. Cada Diapositiva debe corresponderse cun apartado ou subapartado do teu esquema. Si un apartado é moi longo podes ter que fragmentalo. As ideas complexas deben dividirse en unidades simples que faciliten a súa exposición.  En cada diapositiva destaca claramente o título ou apartado que trata. Utiliza sempre o mesmo tamaño de letra e cor para indicar os capítulos  e outro para subapartados

5. Redacta frases curtas, non máis de 10 palabras por frase. No uses textos extensos o recargados

6. Procura non poñer máis de 6  liñas ou puntos por diapositiva (6 puntos de esquema, aínda que algún ocupe dúas liñas)

7. Non repitas a mesma palabra no mesmo diapositiva, a non ser que sexa estritamente       necesario, busca sinónimos, ou cambia a redacción da frase
8. Elabora primeiro o texto de cada diapositiva e despois busca a imaxe ou imaxes que creas necesarias.

9. Escolle imaxes que teñan que ver claramente co texto. Busca imaxes de boa calidade

10. Utilizar unha letra clara e doada de ler como: Arial, Verdana, Comic sans MS, Tahoma ou Bookman Old Style, cun tamaño non menor de 20  puntos (dependendo do tipo de letra pode ser menor). No deben mesturarse as fontes.

11. Non uses fondos complexos ou con cores moi fortes (menos fluorescentes) que dificultan a lectura.  Pensa en combinacións tipo.

12. Procura manter un mesmo formato en toda a presentación.

13. Intercala algunha diapositiva orixinal e sorprendente pola imaxe para espertar e atraer a atención.
14. Non abuses do movemento: textos que entran xirando, palabra a palabra… que distraen e dificultan o seguimento. O mesmo vale para as transicións entre diapositivas.

Aspectos 

 ESO
Normas / Criterios     

ESO 
FORMATO
-Salvo que se indique o contrario usarase sempre follas de papel blanco (A4).
-As follas estarán numeradas
-Irán unidas por grampas ou nunha carpetiña, nunca soltas.

PRESENTACIÓN E LIMPEZA
-Os presentados a ordenador:
-Tipo de letra: Times New Roman, Arial ou similar. Tamaño: 12.
-Espazo interlineal: espazo sinxelo ou dobre espazo (segundo se indique)..

- Os presentados escritos a man:
-Faranse con  letra clara e lexible.
-Con tinta negra ou azul. Nunca se empregará a cor vermella, que se reserva para as correccións do profesorado.
-Limpeza (non borróns, manchas, tachaduras…)
-No abusar do tipex. Anulación do escrito cunha raia enriba.

-En ámbolos dous casos poden empregarse maiúsculas e subliñados para resaltar os títulos.

MARXES
-Deixar espazos en branco á esquerda (maior), á dereita, arriba e abaixo.

ESPACIADO E PARÁGRAFOS
-Escribir en parágrafos. Deixar un espazo en branco entre eles.
-Sangrar parágrafos: deixar un espazo en branco duns 2 cm. ao principio de cada un.

ORTOGRAFÍA E PUNTUACIÓN
-Coidar a ortografía e  puntuación.
-Recoméndase facer una lectura detida e en voz alta antes de entregar o traballo.

CONTIDO
-Respectaranse as instrucións marcadas por cada profesor/a en canto ao contido.
-A extensión do traballo debe corresponder á indicada polo profesor/a.
-Podemos usar Internet e as fontes bibliográficas para recoller e analizar a información.
-Trátase de responder ao que se pide no  traballo, resumindo (usando as túas propias palabras), valorando ou dando unha opinión sobre o que se pregunta. Por tanto, non é válido un traballo que se limite a copiar de Internet ou doutras fontes (Non  vale “cortar e pegar” ).

ESTRUTURA
-De maneira xeral incluirán portada, índice, introdución, apartados ou capítulos, conclusión ou valoración e bibliografía ou fontes empregadas.

PORTADA
-Incluiranse nela todos os datos: nome, apelidos, clase, título do traballo ou da actividade e nome do profesor/a ao que vai dirixido.

INTRODUCIÓN E CONCLUSIÓN
-Incluír unha Introdución e unha Conclusión ou valoración xeral.  Na introdución describimos ou presentamos o traballo e na conclusión facemos un resumo onde se recollen as valoracións finais, por exemplo: Neste traballo tentamos describir…

BIBLIOGRAFÍA
Incluír bibliografía  que se consultara para facer o traballo. Por exemplo:
     -DELIBES, Miguel. La hoja roja. Destino, 2007.
     -Enciclopedia Universal Salvat, Tomo 2, páxina 63.
FONTES
Incluír as fontes que se consultaran para facer o traballo. Por exemplo:    
-Wikipedia: es.wikipedia.org/wiki. Artigo “Cervantes”
     -Páxina web de El País: www.elpais.com, 13/10/2009.
     -Fontes orais: Nome da persoa informante e data.
DATA DE ENTREGA
É imprescindible respectar a data de entrega dos traballos e facelo dentro do prazo sinalado. O contrario podería levar a que non se avaliase.

Aspectos 

BACHARELATO

Comentarios