CUESTIONARIO 2024/25 PARA USUARI@#S

Se canto é porque quero.

 O cantar do arrieiro e un cantar moi baixiño.

Paseniño como arrieiros, levamos anos cantando na Biblio do Poeta Díaz Castro. Non vos esquezades que mesmo temos un disco Nimbos de Música pois a nosa profesora Sandra Tenreiro, compuxo a música para o poemario de  X.M. Díaz Castro (Letras Galegas 2014) . Seguimos un ano mais facendo música para a festa das Letras Galegas. 

Neste curso escolar dous proxectos de cantares e cantareiras, mantiveron a biblioteca a tope de traballo. O concurso E ti que cantas? no que o alumnado de 2º da ESO, investigou sobre as cantigas e cantares, descubrindo a través delas a orixe, a lingua, os ritmos e a linguaxe musical. Degullaron algunhas  das partituras do Cancioneiro Galego ate conseguir interpretalas. Un traballo constante e minucioso no que tivemos grupos gañadores, pola súa boa interpretación e traballo en equipo. 



Alumnado 2º ESO. E ti que cantas?

 


Este traballo rematou
cunha merendiña no pobo, lembrando as antigas fuliadas que organizaban Rosa e Adolfina.




 



Por outra banda,  quedamos tamén co recordo e o traballo ben feito da
rapazada de 3º
ESO, que compartiu momentos de recollida coa veciñanza no grupo de maiores do grupo de memoria, reuníndonos para compartir cantigas e ritmos de cunchas e pandeiretas, na Biblio Casa Habanera, punto de encontro do Equipo KPACES.


 Neste vídeo veredes un resumo de este encontro de Recollida.



En agradecemento, deixamos recollido o resumo deste encontro que remata coa cantiga "Burela Bonita" composta pola alumna Lucía Vilasuso, que participou no obradoiro de creación de cantigas, levado a cabo por Sandra, a nosa profesora. Esta cantiga xa era bonita e os compañeires da Casa Habanera axudáronnos a darlle ese aire de comunidade e veciñanza que precisaba.

                        Boa Festa das Letras Galegas!.




 




Comentarios