Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Actividades

Presentación do libro Frágiles recuerdos de Minerva Varela

Imagen
O venres 10 de maio unha exalumna do centro, Minerva Varela Saa, presentou a súa primeira novela Frágiles recuerdos na librería Trama de Lugo.  A presentación correu a cargo da profesora e escritora Conchi Sanfiz que destacou a importancia que teñen na obra os espazos polos que viaxa a protagonista e que son a base desas lembranzas que constitúen o eixe temático da novela. Noraboa Minerva!

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC

Imagen
O pasado venres 10 de maio despedimos aos alumnos de 2º BAC que remataron a súa andadura no centro. A profesora Manu Balsa organizou e dirixiu unha gala na que os mestres de ceremonia foron os alumnos de 1º ESO.  Houbo varias actuacións que sorprenderon aos homenaxeados coma os bailes de Richard de 3º ESO e das alumnas Lucía e Daniela de 1º ESO, os chistes de Juan de 1º BAC, o recitado do poema "Viaxe a Ítaca" por parte de Maite  e a música de Laura e Nuria de 4º ESO. Por parte dos profesores, Fran interpretou un rap que fixo as delicias de todos. A titora Teresa e a delegada Thalía dixeron unhas palabras e o acto rematou cuns agasallos que lles foron entregados a todos os alumnos de 2º BAC aos que despedimos con tristeza pero desexándolles unha feliz nova etapa.

MICROMACHISMOS NO DEPORTE.

Imagen
Os días 26 e 28 de marzo, o alumnado das seccións bilingües de Educación Física de 3º, 4º ESO e 1º BAC no tempo de lecer, fixemos unhas representacións na entrada do IES acerca de "Micromachismos no deporte". En primeiro lugar, a profesora de Educación Física: Noemí xunto coa auxiliar de conversa: Elena, ensinaron ao alumnado vídeos famosos totalmente normalizados dos que antes non nos decataramos dos actos machistas que neles tiñan lugar. Despois estivemos falando do tema e incluso nos comentaron experiencias persoais que elas viviran, como que en Arxentina as mulleres non podían acceder ao estadio a ver partidos de fútbol se non ían acompañadas con homes, con xustificacións tales como que podía ser perigoso para elas por iso tiñan que ir cun home que as protexera. A partir de tratar o tema, dividímonos en grupos e cada grupo elixiu un micromachismo para representar mediante comunicación oral: inglés e comunicación corporal: expresión corporal; algúns dos mi...

"É verdade que un pode" de Rosalía de Castro

Imagen
Abrindo camiños a outras linguas 

BOTANDO UNHA OLLADA AO FUTURO

Imagen
O pasado xoves 16 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato realizou unha visita á USC acompañados da orientadora Yolanda e Ana, a profesora de relixión. Nesta saída os estudantes pudieron visitar aquelas facultades que imparten graos polos que sinten interese e desta maneira sumerxirse por unhas horas no que será o ambiente universitario no que vivirán nos próximos anos. Unha destas alumnas, Thalía Fernández, considera “este tipo de visitas fundamentais para axudarnos”  aínda que “non nos serviu de moito posto que a información que nos deron é case a mesma que podemos atopar na páxina web”. Neste mesmo sentido Óscar López, que visitou a Facultade de Económicas, botou en falta unha explicación máis detallada sobre “as diferenzas entre titulacións, como ADE e Economía ou outras opcións que se ofertan”, pero si agradeceu “que dous alumnos nos comentaran un pouco como foi a súa experiencia no primeiro ano e que cousas lles resultaron máis chamativas.” Outras...

ALGO PASA EN GUITIRIZ

Imagen
O vídeo foi realizado nun obradoiro audiovisual con alumnado de 4º ESO dirixido por Cristina de la Torre e Santiago Dans no que participaron Anyeli Peguero, Rosandy Calderón, María Ansede, Uxía Sanjurjo, Mónica Filgueiras, Óscar L. Felpeto, Andrea Pérez, Aida Cobas, Zaira Sánchez, Iván Amenedo, Noemí Miraz, Irea Calvo, Zeltia Ferreiro, Thalía Fernández, Antía Sánchez e Lucía Campos GRACIAS POLO VOSO TRABALLO

O SONO DA GRAVACIÓN SONORA

Imagen
O ALUMNADO DE MÚSICA DO IES POETA DÍAZ CASTRO DE GUITIRIZ, FINALIZA A SÚA EXPOSICIÓN " O SOÑO DA GRAVACIÓN SONORA" COA PRESENCIA DO MÚSICO GERMÁN DÍAZ. O alumnado de música do instituto de Guitiriz, coordinados pola súa profesora Sandra Tenreiro Doldán, pecha a súa exposición " O SOÑO DA GRAVACIÓN SONORA", coa presenza do músico, compositor e especialista en tradición Germán Díaz . Esta exposición é resultado dun traballo de investigación realizado na aula de música, para dar a coñecer ao resto de compañeiros do centro, os instrumentos que conseguiron reproducir e gravar son por primeira vez na historia; órganos hidráulicos, carrillones de igrexa, caixas de música, rodillos de papel o cilindros de estaño e cera. Unha longa viaxe ata os discos de pizarra e vinilo que os alumnos puideron escoitar estes días na biblioteca do centro. Germán Díaz, amablemente aceptou o noso convite para unirse ao noso proxecto, aportando neste encontro os seus grandes coñ...

NIMBOS DE MÚSICA

Imagen
Aquí tedes un adianto dos nosos “Nimbos de Música” Desfrutade deste poema, “Canto ao idioma galego” de Manuel María gravado polo alumnado de música coa súa profesora Sandra.  Se queres máis información sobre a gravación preme aquí

"A chave de Bascuas"

Imagen
Este venres estivo connosco Bruno Pena para presentarnos o seu curtametraxe “A chave de Bascuas” Bruno foi alumnos deste centro e agora acaba de rematar os seus estudios de comunicación audiovisual realizando como proxecto de fin de grao esta curtametraxe. Ademais de ver a curta Bruno explicounos  como se fixo, todo o traballo o que está detrás dun proxecto como este, e contarnos o camiño que o levou ao mundo da produción audiovisual. Se queres saber máis da “Chave de Bascuas” pincha aquí

MAGOSTO

Imagen
Parece que vai chegando o frío pero no IES Poeta Díaz Castro sabemos como combatilo: castañas e chocolate quente. Así pasamos o magosto

SAMAIN

Imagen
Celebramos o Samaín co tradicional concurso de cabazas e portas. E como non aproveitamos para airear un pouco os fondos da biblioteca cunha chea de libros que mete medo.  Bo momento para se achegar  ao misterio, ao terror da man do cine e dos  libros… aínda que hai outras cousas que de verdade meten medo e  non  son contos  

JULIO VERNE

Imagen
O pasado xoves 17 de marzo, o profesor da Facultade de Xeografía, Miguel Pazos Otón, impartíu unha conferencia titulada “Xulio Verne e a Ciencia”, a que asistiu o alumnado de 4º de ESO, 1º BAC, FP básica e o de Literatura Universal de 2º BAC. Comezou o percorrido polas súas obras máis coñecidas, iniciado cunha breve introducción histórico-política e a contextualización do momento da Ciencia na súa época. Centrándose na obra distinguiu dúas partes: as novelas de viaxes extraordinarias e as novelas utópicas-filosóficas. Analizou polo miudo a presencia da ciencia e a boa documentación que Verne utilizaba para construir os seus relatos, entre os que destacou: “Cinco semanas en globo”, “Aventuras de tres rusos e tres ingleses”, (medición do arco de meridiano), “20.000 leguas de viaxe submarina”, (a tecnoloxía presente no submarino e a importancia da mar como símbolo de liberdade), “A volta ao mundo en 80 días” (as consecuencias que nas longas viaxes teñen os últimos acontecementos co...

MOITA POESÍA, MOITA DIVERSION

Imagen
O pasado 8 de marzo estiveron connosco  María Lado e Lucía Aldao co seu espectáculo “Moita poesía e pouca diversión”. Gustou, moito,  moito. Ademais incluso apreciamos como dende a escola  podemos contribuír a formar poetas, si si, podedes velo  no segundo vídeo. Pero se os números crean vocacións literarias non hai problema pois xa temos sintagmas, morfemas, anáforas e  os mil usos do “se” para afogalas. Vale, vale e para asegurarnos que os alumnos miren cara adiante, ao futuro, nada como unha clase de historia. SEN ÁNIMO DE OFENDER

CONCERTO EN COMPOSTELA

Imagen
IV CENTENARIO SHAKESPEARE Y CERVANTES. O martes pola noite por fin colgaban na páxina do Auditorio de Galicia o programa do concerto ao que íamos asistir o Xoves 25 de Febreiro. Como bos alumnos de música investigabamos a contratempo acerca dos compositores que anteriormente non traballaramos en clase e o xoves, chegar coas notas claras nas nosas cabezas Coñeceramos o "Romeo e Julieta" de Prokofiev interpretado por grandes orquestras internacionais, mais estabamos expectantes por ver como só uns músicos da banda municipal de Santiago dirixidos por J.M Romero LLopis, serían capaces de defender obras de tal envergadura. Non decepcionaron, cunha técnica depurada debuxaron con música o momento final de Romeo, deixándonos paralizados en silencio absoluto nas nosas butacas, como se fósemos nos mesmos os que tomásemos ese veneno. A narración das paxases de "Hamlet" que fundiron na escena a voz falada da narradora  Ana Carreira coa banda, como se fose un instrument...

LIGAMATS

Imagen
Este vindeiro venres, 4 de marzo, os alumnas de 2º ESO, Cristina Calvo, Carla Cancelo, Uxía López, e Isabel Saavedra, participaremos na   Final Galega   do concurso LIGAMATS , que se celebrará en Vigo, na sede da Fundación Barrié. A historia desta clasificación comezou a última semana de xaneiro cando se nos propuxo ao alumnado de ESO, asistir aos obradoiros IMATXINA que se realizarían, en sesión de mañá, o martes 16 de febreiro,  para 1º e 2º de ESO, e o mércores, día 17, para 3º e 4º de ESO, na sede da Fundación Barrié na Coruña e, posteriormente pola tarde participar no concurso de Ligamats . So poderíamos participar dous equipos de catro persoas, cada un dos días, polo que o departamento de matemáticas decidiu que participarían aqueles e aquelas de nos que máis entrenaramos ata o día do concurso. Pola mañá foron os obradoiros, atendidas por monitores,  había mesas, cada una con diferentes propostas: a mesa das calculadoras, a dos tangrams chineses, outra...

Whatsapeando con Rosalia

Imagen
Hoxe celebramos o día de Rosalía. Con tal motivo a biblioteca propuso un intercambio de versos a través do móbil. Pedímoslle aos rapaces que copiasen uns versos  e que os levasen á clase. A idea era parar as 12.00 uns minutos as clases para enviar os nosos versos e ler os recibidos. Esperamos que a esa hora os vosos whatsapp quedaran cheos, por unha vez , de poesía

MÚSICA PARA MANUEL MARÍA

Imagen
Comeza o ano e xa non esperamos máis para celebrar a Manuel María. De feito nos adiantamos un pouco, se o noso certame e postais de Nadaldo 2015 tivo como punto de inspiración uns versos de Manuel María agora a homenaxe chega da man da música, con este traballo realizado polo alumnado de Música de 4º de ESO, sobre o poema de Manuel María “Idioma meu” con música da súa profesora Sandra Tenreiro, interpretada polo propio alumnado. O traballo presentouse o venres 18 de decembro.

DESPEDIMOS O 2015. BO ANO PARA O CENTRO

Imagen
O venres 18, último día de clase do ano 2015, xuntámosnos no salón de actos profesorado, alumnado, pais e nais para recordar os traballos realizados estes anos e que nos levaron a ganar o " Premio Nacional al desarrollo de dompetencias de lectoescritura e audiovisuais"  2015. Tratábase tratábase de celebrar con toda a comunidade educativa de Guitiriz este premio que non cae todos os anos. Estiveron con nos os da Fundación TIC de Lugo que gravaron parte do acto. Aquí o tedes: Pero ese día non nos limitamos a recordar o que xa fixemos. O alumnado de 4ºESO presentou un traballo audiovisual creado na aula de música, sobre a figura de Manuel María, Letras Galegas 2016. A música, composta pola súa profesora Sandra Tenreiro, esta interpretada polo alumnado que foi quen se encargou tamén de gravar as imaxes.

CONCURSO POSTAIS "MANUEL MARÍA E O NADAL"

Imagen
BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS Esta é a postal gañadora do nos concurso “Manuel María e o Nadal” Trabábase de facer unha postal navideña pero inspirada nos versos dalgunha das panxoliñas escritas por Manuel María. Valoramos non so a calidade da postal senón tamén a relación entre os versos e o debuxo. Deste xeito principiamos a celebración do ano de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 Pero... Quen foi a gañadora? Lucía Campos González de 3º ESO A súa postal foi elixida para desexar un ano cheo de boas lecturas, cine e música a toda a comunidade educativa de Guitiriz. Así, fixemos chegar a todas as familias do noso alumnado a postal e un tríptico con recomendacións de libros para ler e agasallar. Gracias ao alumnado de 1º BAC que colaborou con eficacia para facer os sobres coa postal e o tríptico nun tempo record (Que menos despois de estudar o Taylorismo en clase de Historia)

MERCAMOS LIBROS

Imagen
Coma xa ven sendo tradición por estas datas Biblo recibiu un estupendo agasallo: unha chea de libros escollidos polos seus usuarios mais fieis. Buscamos, consultamos, discutimos, comentamos e ao final eleximos libros e pelis que esperamos sexan do gosto da maior parte dou usuarios. O ano que ven (claro, despois das vacacións) estarán a disposición de todos na biblioteca. Nuns días podemos ver unhas imaxes de como foi a xornada.