Muller e ciencia
En novembro no noso IES houbo dúas actividades para visibilizar a presenza feminina no ámbito científico , grazas á proposta de Xermolos , que promoveu unha serie de charlas conmemorativas en homenaxe á figura de Jimena Fernández de la Vega . Este ano adicóuselle o Día da Ciencia a esta destacada xenetista e pioneira na aplicación terapéutica da hidroloxía que exerceu no balneario de Guitiriz . Ela e a súa irmá Elisa foron as primeiras licenciadas na Facultade de Medicina da USC. O 18 de outubro Ana Jesús López Díaz, Doutora en Física e profesora da Universidade da Coruña achegou o relatorio 'As mulleres tamén facemos ciencia. Unha visión desde Galicia' ao alumnado de 3º e 4º da ESO. O 11 de novembro, tres ex alumnas do centro - Sonia Gómez Pardiñas , especialista en psiquiatría, Eva Mª López Roca, Subdirectora Asistencial do Hospital da Mariña, e Laura Losada Ares, reumatóloga- achegaron á rapazada a súa experiencia estudantil e laboral na táboa redond...