Muller e ciencia
En novembro no noso IES houbo dúas actividades para visibilizar a presenza feminina no ámbito científico, grazas á proposta de Xermolos, que promoveu unha serie de charlas conmemorativas en homenaxe á figura de Jimena Fernández de la Vega.
Este ano adicóuselle o Día da Ciencia a esta destacada xenetista e pioneira na aplicación terapéutica da hidroloxía que exerceu no balneario de Guitiriz. Ela e a súa irmá Elisa foron as primeiras licenciadas na Facultade de Medicina da USC.
O 18 de outubro Ana Jesús López Díaz, Doutora en Física e profesora da Universidade da Coruña achegou o relatorio 'As mulleres tamén facemos ciencia. Unha visión desde Galicia' ao alumnado de 3º e 4º da ESO.




Comentarios
Publicar un comentario