Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Documental

A LUS DO MUNDO

Imagen
Un poeta nace ou faise? Esta é unha das preguntas que os alumnos do instituto de Guitiriz tratan de responder neste documental sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, quen creceu rodeado das mesmas paisaxes que eles e se iniciou nos versos cando aínda era un rapaz, tamén coma eles. Mesturando entrevistas e poemas musicados, esta curta destaca a vixencia da obra de Díaz Castro e aporta unha mirada fresca sobre a poesía, como unha maneira de aferrarse ó mundo e sentirse vivo. Para saber máis pincha aquí             O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz presenta un documental para difundir a figura do poeta que dá nome ó Instituto e reivindicar que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas do 2014. A curtametraxe, titulada “A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro” ten quince minutos de duración, inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpr...

Shoa

Imagen
Sobrecolledor, imprescindible. Require un certo esforzo enfrontarse a esta película. Ollo! É dura, moi dura, pero hai cousas que é necesario coñecer. “O francés   Claude Lanzmann   dirixe un impresionante documental de 9 horas e media sobre o Holocausto sen usar imaxes de arquivo nin  recreacciones   de ficción, tan só coa narración minuciosa das experiencias das vítimas e as testemuñas. Unhas palabras que obrigan o espectador a realizar un exercicio de insoportable imaxinación sobre a dor, o espanto e a degradación humana acontecida nos campos de exterminio. Unhas palabras co fin último da reflexión e de que xamais caia no esquecemento. É longo, e non é ameno. Pouco importa. É " Shoah ", un imprescindible e sobrecolledor documento histórico que traspasa o valor de mero documental.”  ( Pablo Kurt :   FILMAFFINITY )