Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Letras mercado

LETRAS GALEGAS 2015

Imagen
Aquí tedes un pequeño resumo do que foi a nosa celebración do día das Letras Galegas na praza do pobo o pasado día 20. Aproveitamos para agradecer a Adrián e a Oscar de 2º ESO as imaxes Se queres escoitar e ver todas as cancións pincha aquí Se queres escoitar e ver todos os poemas pincha aquí

LETRAS GALEGAS 2015

Imagen
Acudimos un ano máis a nosa cita coa música e a poesía no mercado de Guitiriz. O mércores 20 de maio, aproveitando o día de mercado, xuntámonos na praza do pobo  alumnos e alumnas do instituto e do colexio de primaria, profesores e mestres, pais e nais e canto quixo pasar de gozar dun pouco de música e poesía para celebrar, cun pouco de retraso,  o día das letras galegas. Arrancamos co son das gaitas dun grupo de alumnos da escola de música do concello e baixo un ceo que que apuntaba un chuvieira primaveral foron pasando polo escenario pequenos e pequenas de 1º de ESO e de quinto e sexto de primaria para recitar poemas de Baldo Ramos, Anxos Romeo, Enma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Marta Dacosta, Modesto Fraga, Luz Campello…A música correu a cargo do alumnado de música do instituto que interpretaron varios poemas de Díaz Castro compostos pola súa profesora Sandra Tenreiro: Vísperas, Noite no mundo, Coma unha espada , demais dun tema , Hei guiarte e...

LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Imagen
Como en anos anteriores, a Biblioteca e o EDLG do IES Poeta Díaz Castro celebraron o mércores anterior ó 17 de maio o a Festa das Letras Galegas na praza da vila. Participaron nos actos ademais do alumnado do IES, o alumnado dos colexios de Parga e Lagostelle e alumnado da Escola Municipal de Música. Tivemos un día ben fermoso e case cegados de tanta lus os pequenos dos coles e do instituto recitaron e can taron. A escola de música puxo as gaitas, pandeiros e bombos e o alumnado de musica do insti, da man da súa profesora Sandra Tenreiro, presentou tres novos e fermosos temas, con letra de Díaz Castro e música de Sandra: Esmeralda , Remuíños e Vísperas . Feridos quedamos de tanta beleza. Unha homenaxe sentida é alegre por parte dos rapaces e rapazas a un poeta que sente como algo seu. A celebración continuou o venres coa presentación no instituto da curtametraxe “ Os camiños esquencidos ” realizada polo alumnado é profesorado do insti baixo a dirección de Cristina de ...

LETRAS GALGAS 2013 II

Imagen

LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Imagen
Para conmemorar o día das Letras galegas volvemos, outra vez, ó mercado de Guitiriz a ler poemas, cantalos, tocar música e sobre todo compartir este día con todos os veciños da vila. Pero ademais este ano quixemos facer este acto máis cercan ó pobo convidando a participación ó colexio de Lagostelle e a Escola de Música de Guitiriz. Alumnos do instituto e o colexio leron poemas de Xosé María Diaz Castro, Marica Campo, Manuel María,Rafa Villar, Eva Vaiga, Darío Xohan Cabana, Pilar Pallarés, etc. A parte musical correu a cargo de alumnos da Escola de música de concello, que interpretaron tres pezas tradicionais, e de alumnos de música do instituto, que interpretaron tres poemas de Xosé María Díaz Castro: “PENÉLOPE” de, “Coma un Río”, e  “A noite é...”, pertencentes o poemario NIMBOS. A música dos poemas está composta pola profesora do centro Sandra Tenreiro, pensada en todo momento para ser interpretada por alumnos de esta etapa educativa na que xa teñen conceptos básicos de har...

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Este ano celebramos as letras galegas no mercado. Si, si, no mercado. O mércores 16, día de mercado en Guitiriz, armámonos con gaitas, bombo, tambor, guitarras, bafles, cables, mesa de mezclas, cadeiras, unha chea de poesía e moi pouca vergonza e nos plantamos no medio da feira. Así mentres uns pregoaban as virtudes de polos, ovos, camisetas baratiñas etc. nos regalamos poesía e música. Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Marica Campo, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Diaz Castro. Un grupo  formado por alumnas de 3º de ESO (Voces:Yaiza, Tamara.Violín: Sandra) e acompañdas nas guitarras por alumnos de 4º de P.D.C dirixidos pola profesora Sanda Tenreiro interpretaron “Chove en Santiago” un poema en galego de Garcia Lorca (non traducido, escrito por el en galego) con música de Alberto Gambino e Penélope un poema de Xosé María Diaz Castro con música de Sandra Tenreiro. Por suposto non faltou o son da gaita cun estupendo cuarteto formado por alumnos de 1º de ESO. O sonido do...