Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como novidades

COMIC

Imagen
Título: Matteo (Primera Época 1914-1915)  (Segunda Época 1917-1918) Autor : Gibrat  Editorial :  Norma Pese ás súas ideas contrarias a guerra Matteo, fillo dun anarquista español exiliado en Francia, acaba presentándose voluntario para loitar na I Guerra Mundial. O motivo non podía ser outro que  un desengaño amoroso. Nas tricheiras coñecera o horror da guerra e non poderá esquecer a súa amada Juliette. Matteo detesta a guerra e …. . No segundo libro nos atopamos a Mátteo en 1917 en plena Revolución Rusa. Como chegou alí?, que busca?, que pasou con Juliette?... se queres sabelo pasa pola biblioteca e le o libro Un historia ben contada e sobre todo marabillosamente ilustrada por Gibrat. En serio, o debuxo e alucinante. Aquí tes unha pequena mostra

As pelis de Biblio

Imagen
PORCO ROSSO DE HAYAO MIYAZAKI Período de   entreguerras .   Porco   é un porco aviador que frustra todos os actos de pirataría perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a rematar co valente e hábil aviador, póñense de acordo para contratar un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo. ( FILMAFFINITY ) Unha aventura de aviadores que ten todos os ingredientes das películas clásicas do xénero, pero cun peculiar protagonista adriático, entre o real e o imaxinario. Hayao Miyazaki, (alucina) o autor da famosa serie de Heidi, amosa un grande coñecemento dos clásico do cine de aventuras e sabe manexalos co seu propio estilo para realizar  unha fermosa e orixinal peli. Tes que vela. Imprescindible
Imagen
Historia real de Valerie Plame, unha axente da CIA cuxa identidade foi desvelada por membros da Casa Branca para desacreditar o seu marido, que no ano 2003 escribira un polémico artigo no New York Times. No devandito artigo, o marido de Plame acusaba a administración Bush de ter manipulado a Axencia Central de Intelixencia con respecto á existencia de armas de destrución masiva por parte do réxime de Sadam Hussein, para poder así xustificar a invasión de Iraq. ( FILMAFFINITY )

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
El Pianista, de Roman Polansky Wladyslaw Szpilman, un brillante pianista polaco de orixe xudía, vive coa súa familia no gueto de Varsovia. Cando, en 1939, os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación grazas á axuda dalgúns amigos. Pero terá que vivir escondido e completamente illado durante moito tempo, e para sobrevivir terá que afrontar constantes perigos. ( FILMAFFINITY )

NOVIDADES

Imagen
La noche estrellada  / Jimmi Liao Tamén na biblio, libros que non son exactamente cómic, nin poesía, nin narrativa, nin libros que falen de arte, pero que teñen un pouco de todo isto. A noite estrelada fala do amor, a amizade, a natureza, a vida e a morte, a superación, a arte... e é á súa vez unha fermosa homenaxe ao pintor Van Gogh:  A protagonista, unha nena que acaba de perder ó seu avó, recupera, da man dun neno solitario, a libertade, o sabor da naturaza e a alegría de vivir. Para perderse entre as súas páxinas e disfrutar da súas 86 maravillosas ilustracións    Neste video, tés un pedaciño da  adaptación en debuxos animados doutra das súa obras, “El pez que sonreía”,  que recibiu o Premio Especial á Mellor Curtametraxe de Animación do Festival Internacional de Berlín, en 2006. Se queres ver a visión completa pincha aquí

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
" Donde viven los monstruos " Adaptación do clásico conto para nenos de Maurice Sendak , protagonizado por Max,  un neno traveso e sensible que se escapa de casa para navegar a través dos mares e converterse no rei dun marabilloso mundo poboado por monstros.

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
A película mais taquillera do 2010 En Barcelona, dous xóvenes que pertencen a mundos opostos coñécense. Ela, a doce Babi (María Valverde), é unha moza de clase alta que vive nunna contorna tan protexida como pouco excitante. El, Hugo (Mario Casas), coñecido como o duro “H”, é un mozo impulsivo e irresponsable, afeccionaro ás pelexas e ás carreiras ilegais de motos. Esta é a crónica dun amor inicialmente imposible que arrastrará a ambos a unha frenética viaxe iniciática a través do cal descubrirán o amor. (Filmaffinity) Baseada na novela de Federico Moccia , que tés na túa biblioteca. Pódelo localizar en  860-3 / MOC / tre

As pelis de Biblio

Imagen
Stone Thriller protagonizado por Robert de Niro, Edward Norton y Mila Jovovich   A poucos días de xubilarse do seu posto de oficial de liberdade condicional,  Jack Mabry  recibe o encargo de revisar o caso de  Gerald  " Stone "  Creeson , encarcerado por encubrir o asasinato dos seus avós cun incendio. Agora que cabe a posibilidade de recibir un indulto anticipado,  Stone  necesita convencer Jack de que está rehabilitado. Non obstante, os seus intentos de influír na decisión final do veterano axente provocan uns efectos intensos e inesperados para ambos os dous.. (A BUTACA)

As pelis de Biblio

Imagen
El retrato de Dorian Gray Película baseada na obra homónima de Oscar Wilde, tamén a túa disposición na biblioteca.  Dorian Gray   ( Ben Barnes ) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, somérxese nela da man de Lord   Henry Wottom   ( Colin Firth ), que o conduce aos antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ao mozo fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de   Wotton . Por outra parte, a súa obsesión por alcanzar a eterna xuventude impúlsao a facer un pacto diabólico: el manterase sempre novo, pero as pegadas do paso do tempo e dos seus terribles delitos, é dicir, a súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor   Basil Hallward   ( Ben Chaplin ). ( FILMAFFINITY ) Xa fora levada ó cine no ano 1945 por Albert Lewin.

As pelis de Biblio

Imagen
An education Jenny , unha atractiva e brillante estudante de 16 anos ( CareyMulligan ) que vive nun tranquilo barrio londiniense, só pensa en estudar para poder ir a  Oxford . Pero un día coñece a  Brit  ( Peter Sarsgaard ), un tipo sedutor de 35 anos, que a cortexa con ceas elegantes,  clubs  e viaxes cos seus divertidos amigos  Danny  ( Dominic Cooper ) e  Helen  ( Rosamund Pike ). Así as cousas, as conviccións de Jenny  cambaléanse e verase obrigada a elixir entre seguir con  Brit  e a súa atafegada vida ou ben ir á Universidade. ( FILMAFFINITY )

As pelis de Biblio

Imagen
Julie and Julia Baseada en feitos reais.   Julie Powell   ( Amy Adams ) é unha moza que, convencida de que está a desperdiciar a súa vida, decide dedicar un ano a preparar todas as receitas de "Dominando a Arte da Cociña Francesa" ( Mastering   the   art   of   french   cooking ), clásico libro de cociña da célebre cociñeira   Julia Child   ( Meryl Streep ). Durante ese ano, como alumna de   Child , escribe cada día as súas experiencias nun blog que terá múltiples adeptos. ( FILMAFFINITY)

Novidades outubro

Ampliamos a nosa colección de biografías Mil e unha vidas coas que aprender e disfrutar: exploradores, científicas, escritores, sufraxistas, aventureiros… ven a biblioteca e descúbreos!! Sabelotodos View more presentations from biblioguiti

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
Dirixida polos irmáns Taviani , Good Morning Babilonia relata a historia de dous irmáns italianos que emigran a América na segunda década do século XX e acaban traballando en Holliwood na emerxente industria do cine. Pero pronto a súa vida verase alterada polo estoupido da Primeira Guerra Mundial.

As pelis de Biblio

Imagen
Claireece " Precious " Jones ten 16 ano é obesa, analfabeta e espera o seu segundo fillo. A súa nai a somete a constantes abusos físicos e psicolóxicos e a acaban de expulsar do instituto. A súa vida é un auténtico inferno. Pero Preciuous non perde a esperanza. Nunha nova escola, da man dunha mestra combativa Precious descubre un novo mundo,   unha posibilidade de recuperar a súa dignidade, de refacer a súa vida. Lee Daniel dirixe unha peli dura, moi dura, pero tamén positiva. Galardoada con numerosos premios internacionais e boas críticas, xa a tes na biblioteca.

As Pelis de Biblio

Imagen
COMO AGUA PARA CHOCOLATE   d e Alfonso Arau "Estar como agua para chocolate: é dicir, a punto de estoupar de rabia o de paixon amorosa" Adaptación cinematográfica da novela de Laura Esquivel , autora tamén do guión. Amor, aderezado con humor, unha boas doses de surrealismo, unha lixeiro toque de telenovela, todo ben reogado con exótica gastronomía. Sabrosona.

NOVIDADES

Imagen
Hixinio Puentes , A do vinte e un . Sotelo Blanco, 2010.   Esta obra sitúanos nos primeiros anos do século XIX, cando a ambición do Gran Corso, o emperador Bonaparte, é unha ameaza para todas as nacións europeas. O protagonista, un rapaz da Costa da Morte, vai reflectindo a súa vida na aldea natal preto do cabo Vilán ata enrolarse na Armada onde participa na defensa da cidade de Ferrol, que fora atacada por unha escuadra británica . En Cádiz é testemuña do maior combate naval que viron os séculos nas augas do Estreito de Xibraltar, acontecido fronte ao cabo de Trafalgar o 21 de outubro de 1805, data que serve de título á obra, onde os británicos, que abateran unha frota combinada de navíos franceses e españois, arrebataron a hexemonía dos mares ás potencias europeas. En pouco tempo cambian as circunstancias, de xeito que os franceses mudan de aliados en inimigos e os británicos, no contrario. Os intereses da política amosan o dobre xogo dos representantes das nacións. O tema trata...

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
Ágora de Alejandro Amenabar Unha de romanos?  Relixión e ciencia, fundamentalismo relixioso e liberdade de pensamento xa chocaban na Alexandría a finais do século IV. Hipatia, filósofa, astrónoma, atea loita por conservar o coñecemento do mundo antigo, fronte o avance do cristianismo. Amenabar fai unha defensa a liberdade de pensamento e unha dura crítica da intolerancia relixiosa nunha “de romanos”. Para algúns críticos algo fría e falta de emocións, para outros espectacular, deslumbrante. Se queres saber máis sigue o enlace . Pero o mellor é que a vexas ti. Xa a tes na biblioteca

Novidades

XA ESTÁN AQUÍ!!! Todas as historia de Percy Jackson ó teu alcance. Non tes máis que vir a biblioteca e pedilos

AS PELIS DE BIBLIO

Imagen
LA NIÑERA MÁGICA Y EL BIG BANG Segunda entrega da peculiar niñeira inerpretada por  Emma Thompson . Tan divertida como a primeira .

NOVIDADES FEBREIRO

Imagen
Fíxate ben neles, seguro que hai algo para ti