O señor ibrahim e as flores do Corán de Eric Emmanuel Schmitt Anos 60...nun barrio obreiro e pobre de París. Un musulmán vello, o señor Ibrahim, dono dunha tenda de comestibles, é un home só e triste, sempre calado, absorto nas súas lecturas e pensamentos, pero moi observador... Un xudeu de 13 anos, Momo, é un rapaz só e triste, sempre calado, absorto nas súas carencias afectivas e preocupacións, pero moi inocente... Dúas realidades distintas, aparentemente irreconciliables: unha vida que empeza, a de Momo, e unha vida que acaba, a de Ibrahim; dúas relixións, a islámica e a hebrea; estatus diferentes, un home acomodado e un neno abandonado á súa sorte.... acaban confluíndo nun único destino, non tanto pola proximidade física dos dous protagonistas, como pola súa actitude perante a vida. Na novela escoitamos o latexar dos corazóns por riba de calquera outro valor...será precisamente a forza deste latexo a táboa de salvación destes dous personaxes verdadeiramente entrañables Club de