Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Manuel María

Fomos ao festival... de poesía!

Imagen
Pois si, foi o peche estelar do curso, poeticamente falando, ser teloneir@s do Iº Festival de Poesía Guitirica ... o alumnado de 3º e 4º ESO achegouse na mañá do venres 11 de xuño ata a Casa Habanera para visitar a exposición de Xela Arias, e tamén para recitar os seus versos e mesmo interpretar algún musicado. O escenario non podía ser máis acaído! 3º ESO A coa profe de música, interpretando un poema de Xela Arias 4º ESO, entre poemas de Denuncia do equilibrio e as súas mensaxes secretas.... Así cantamos coma trobadores polas prazas e rúas de Guitiriz, non houbo mascarillas que calasen as nosa voces e recitados.                    Interpretando poemas de Xela Arias  e Manuel María E para o ano, contamos estar xa na sección oficial do festival, somos poetas!

MÚSICA PARA MANUEL MARÍA

Imagen
Comeza o ano e xa non esperamos máis para celebrar a Manuel María. De feito nos adiantamos un pouco, se o noso certame e postais de Nadaldo 2015 tivo como punto de inspiración uns versos de Manuel María agora a homenaxe chega da man da música, con este traballo realizado polo alumnado de Música de 4º de ESO, sobre o poema de Manuel María “Idioma meu” con música da súa profesora Sandra Tenreiro, interpretada polo propio alumnado. O traballo presentouse o venres 18 de decembro.

CONCURSO POSTAIS "MANUEL MARÍA E O NADAL"

Imagen
BOAS VACACIÓNS PARA TODAS E TODOS Esta é a postal gañadora do nos concurso “Manuel María e o Nadal” Trabábase de facer unha postal navideña pero inspirada nos versos dalgunha das panxoliñas escritas por Manuel María. Valoramos non so a calidade da postal senón tamén a relación entre os versos e o debuxo. Deste xeito principiamos a celebración do ano de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016 Pero... Quen foi a gañadora? Lucía Campos González de 3º ESO A súa postal foi elixida para desexar un ano cheo de boas lecturas, cine e música a toda a comunidade educativa de Guitiriz. Así, fixemos chegar a todas as familias do noso alumnado a postal e un tríptico con recomendacións de libros para ler e agasallar. Gracias ao alumnado de 1º BAC que colaborou con eficacia para facer os sobres coa postal e o tríptico nun tempo record (Que menos despois de estudar o Taylorismo en clase de Historia)